Nós Diario :: Últimas novas

Nós Diario - Xornal de intereses galegos Nós Diario :: Últimas novas
A+ A A-

Verán

Verán

Festa da Música e das Artes de PARDIÑAS

Pardiñas Feira e Festa da Música e das Artes

Primeiro fin de semana de agosto Lagostelle (San Xoán)

"A parroquia de San Xoán de Lagostelle comprende o núcleo municipal: Guitiriz e as aldeas de Acevedo, Amariz, Ansede, Arxá, Barreiro, Belote, Cabanacomba, Cezar , Escádebas, Xomelio, A Landoreira, Os Liñares, Pardiñas, O Pazo, O Penedo, O Sanguiñedo, Senande, Sesulfe, A Torre.

A esta parroquia pertence a “Área Recreativa San Xoán de Lagostelle” e a " Área Recreativa dos 7 muíños" que son unhas paraxes naturais que nos permiten entrar de cheo en contacto coa natureza e coñecer de primeira man a flora e a fauna local. De singular atractivo é o que ocorre na “Area Recreativa San Xoán de Lagostelle” ( coñecida popularmente como o pantano por estar situado o seu lado) á tardiña, cando as ras comezan a croar, crean un son moi fermoso que simula un pequeno concerto musical. Outro dos espazos naturais a destacar desta parroquia é o paseo fluvial que vai desde a Ponteveiga ata os Sete Muíños. Este paseo forma parte dun tramo da Ruta da Auga. Neste percorrido camiñamos á beira do río disfrutando dos rebulires de auga, das cascadas, das árbores e as formas que estas adoptan. É un paseo moi agradable, ideal para facer en calquera época do ano, e así ver como vai cambiando a paisaxe nas diferentes estacións .

Nesta parroquia, no núcleo municipal , destacaríamos o Reloxo Analemático de Sol , situado no campo da feira. Chámase así porque o gnomon se despraza ao longo do ano según a declinación solar. Así, é o propio observador quen situado sobre a data sinala a hora coa súa propia sombra."

Fonte: Web do Concello.

Colabora : http://andu.es

29 de xullo, Santa Marta de Ribarteme. Procesión dos Cadaleitos - As Neves

PROCESIÓN DOS CADALEITOS

Romería de Santa Marta

Falar de Santa Marta de Ribarteme é falar dunha das romarías máis antigas de Galicia: Santa Marta de Ribarteme, en donde cada 29 de xullo se celebra a procesión dos cadaleitos, mestura de ritualidade simbólica e relixión, cada vez máis visitada e coñecida. O santuario, así como o seu arredor, transpira espiritualidade e devoción típica da Galicia profunda.

A procesión  é presidida tódolos anos pola imaxe de Santa Marta. A igrexa relaciona a fama milagreira de Santa Marta coa súa estreita relación con Xesucristo. Santa Marta era a irmá de Lázaro e trala morte de Xesús viuse obrigada a abandonar Palestina.

Ás 12 do mediodía, a parroquia pontevedresa de Santa Marta de Ribarteme arde en fervor dos fieis que se apostan ante as portas dunha igrexa parroquial abarrotada pola multitude. No seu interior a xente dispútase un espazo ante o altar onde se atopa unha das virxes máis venerada da comunidade galega. Centos de devotos que como tódolos anos intentan ofrecer á Virxe un sacrificio, unha ofrenda ben distinta para cada un dos congregados.

Esta romaría cobra un carácter especial pois nela poderase ver algún que outro penitente introducido nun ataúde solicitando a intervención milagreira da santa, co fin de sanar dunha grave enfermidade ou como mostra de agradecemento por algún dos favores nos que esta teña mediado. Durante a procesión, a imaxe de Santa Marta é acompañada por San Benito e a Virxe do Carme.

Fonte: Web do Concello

Ligazóns de Interese

Santa Marta de Ribarteme. Procesión de los ataúdes. As Neves (Pontevedra)

La procesión de Santa Marta de Ribarteme

Enlace á páxina Oficial

Festa das Fachas de Castelo - Taboada

AS FACHAS DE CASTELO 

Fai miles de anos que se celebra este ritual de autoafirmación que reune aos tres símbolos máis importantes do druidismo celta, o lume  a planicie e o circulo.

A piques de perdeserse esta costume, na década dos noventa grazas a laboura duns poucos fundouse a asociación As Fachas co obxetivo de garantir a súa perseveranza tempo.

No castro de Castelo, na noite do 7 ao 8 de setembro  colócanse no perímetro do asentamento marcando a súa estructura circular e separados por espacios minuiciosamente medidos,   fachas de  ata sete metros de altura,  ás que se lle poñerá lume cando a escuridade sexa completa.

No medio do silencio asoma un son bárbaro producido polo crepitrar das lapas das ducias de fachas. Veciños e curiosos visitantes son testigos deste impresionante espectáculo igneo  que permite desfrutar da cumunión cós seus mais remotos ancestros.

O lume  préndeselle ás fachas  de arriba para baixo e a mellor feita será a última en extinguirse, pola que levarán premio os seus elaboradores.

 Enlace a PDF de interese (pronto)

 

 

Carreira de Burros en Escairón

70ª edición da popular Carreira de Burros

Martes 4  agosto

Foto: Peruchela

Escairón,  concello do Saviñao (Lugo)


"Esta tradicional carreira de burros  celébrase a mañá do derradeiro día das festas patronais de  Escairón, na primeira  semana de Agosto.

Trátase dunha proba nas que os animais cós seus respectivos xinetes dan voltas ao redor do antigo campo de fútbol competindo por ser os

primeiros. De seguido realízase unha tamén moi tradicional  competición de tiro de cordas entre as xentes de diferentes parroquias que

abranguen as terras do concello do Saviñao.

Tense constancia desta celebración xa nun cartel anunciando as festas alá polo ano 1943."

 

 Ligazóns de interese

    Reportaxes anteriores

    Edición 2015

Folión Castrexo de Celanova

Celanova, segundo fin de semana de agosto

Introdución 

No ano 1970 descubriuse nun xacemento castrexo de Castromao unha placa de bronce onde figuraba un pacto establecido de convivencia pacífica entre ese asentamento e os romanos que data do ano 132 dc. O folión castexo de Celanova busca conmemorar este episodio da historia antiga.

Nesta festividade, centos de persoas vístense coas roupas dalgún clan castrexo ou ben das lexións romanas e recrean a convivencia harmónica que tivo lugar alí. Para facelo, representan o encontro entre ambos bandos, a súa conciliación e finalmente rematan con danzas da época.

Ligazóns relacionados

http://folioncastrexo.com/

http://www.terradecelanova.com/html/folion_dos_castros.htm

http://www.xoanarcodavella.com/2017/07/poblado-castrexo-de-castromao.html

 

Romaría do Ecce Homo en Rubián

ECCE HOMO

Antes a Rubían  iamos comer debaixo das árbores cós avós, empanadillas,  polo ou o que fose. Case sempre o avó traía melindres de Ourense.

Hoxe segue a misa con procesión na honra ao Ecce Homo onde  numerosos ofrecidos realizan o percorrido descalzos có traxe morado de nazareno para pedirlle ao santillo que lles cure dalgún mal.

Logo á tarde festa con orquestra.

Xa comeza o día 14 de setembro, día de feira con verbena e queimada. Os dous dias seguintes misas, sesión vermout , xantares e grandes orquestas.

MÁIS INFORMACIÓN

Esta tradición  remóntase ao século XVIII, época na que ademáis pelegrinaban fieis de toda a comarda de xeonllos ata esta capela do Diviño Ecce Homo de Rubían . Ligazón

ANOS ANTERIORES

2008 Concierto presentación na Capela

Imáxenes 2007 - 2008-2009

ecce09

Romarías de Setembro en Galicia

ROMARÍAS de Setembro

Son moitas as localidades en Galicia que celebran as súas festas ou romarías nos días sete, oito e nove de setembro.

Romaría de nosa señora da Barca en Muxía "Esta romaría, que mestura relixiosidade e troula, é unha das máis concorridas de Galicia. Tras cumprir cos ritos da Pedra de Abalar ou da Pedra dos Cadrís, os devotos poden gozar dunha comida campestre entre música de gaitas e pandeiretas, e continuar a festa na localidade"

Os Remedios en Sarria, Ribas Pequenas, Baños de Molgas,, Amil, Moraña.....

Romaría de Cadeiras http://coladodovento.gal/romaria-da-virxe-de-cadeiras-pinol/

Os Milagres no Cebreiro     máis datos

 

Festa da Prehistoria en MOS

Festa da Prehistoria

MOS - Pontevedra

2º Fin de semana de Agosto

 

 "Organizada pola Asociación Cultural Festa da Prehistoria.  Esta festa celébrase sempre o segundo fin de semana de agosto no parque forestal da Penacova polo que transcorre o sendeiro histórico de Mos. É a única festa temática prehistórica de toda Galicia e foi pioneira a nivel nacional neste tipo de celebracións xa que a raíz do seu nacemento xurdiron outras en diversas localidades españolas. Os participantes agrúpanse en tribos ao modo das antigas sociedades prehistóricas, constrúense chozas  e organízanse xogos e competicións nos que participan todos os clans ou tribos involucradas nesta celebración."

Ligazóns relacionados:

Páxina oficial do Evento: https://festadaprehistoria.wordpress.com/

Informacion Web do Concello de MOS

Máis Info edicións anteriores

Ligazón Páxina de Facebook

Mel de Galicia, a mellor do mundo enteiro

MEL DE GALICIA (I.G.P) 

Unha das cousas polas que Galiza ten fama a nivel mundial é pola calidade do seu mel. Pódese mercar en calquera das seguintes feiras anuais que se veñen celebrando na nosa xeografía. É moi habitual atopar postos nas feiras tradicionais de calquera localidade.

O mel séguese a producir a nivel particular e para consumo propio nas aldeas. Nestes anos hai un  novo rexurdimento deste produto alimenticio e proliferan  as empresas familiares en toda a xeografía galega. 

 

FEIRA DO MEL DE QUIROGA

Organiza: http://www.concellodequiroga.com

Oferta: Mel e produtos do campo

Data habitual: 10 de Agosto, coincidindo coa feira mensual

Enlaces relacionados coa comarca 

 Bendilló - Feira do Aceite

 Feira do Viño de Quiroga

 

 FEIRA MONOGRÁFICA DO MEL DE CERDIDO

Organiza: Concello de Cerdido

Oferta: Mel e produtos do campo

Data habitual: Outubro

Telf.: 981411013

 

FEIRA DO MEL DE ORTIGUEIRA

Organiza: Delegación de Ortegal da Asoc. Galega de Apicultores

Oferta: Produtos relacionados coa apicultura

Data habitual: 11 de Novembro ( Día de San Martiño)

Telf.: 981 400 106

 

FEIRA DO MEL DE FERREIRA -  VALADOURO

Oferta: Mostra e degustación de mel da comarca e apicultura en xeral.

Data habitual: Segundo fin de semana de outubro

Telf.: 982574000

 

FEIRA DO MEL DE MONDOÑEDO

Organiza: Asoc. Galega de Apicultores

Oferta: Produtos relacionados con la apicultura

Data habitual: Outubro  (San Lucas)

Telf.: 982507034

 

 FEIRA DO MEL DE MOECHE

Organiza: Concello de Moeche

Oferta: Todo tipo de produtos apícolas

Data habitual: Febreiro

Telf.: 981404006

 

mel do castroFontes de Información:

http://www.feriasdegalicia.com

Medio Rural

Mel de Galicia

 

17 de Agosto - Artesanía na Ponte de Louzara - SAMOS

FEIRA DE ARTESANÍA E PRODUTOS NATURAIS

PONTE DE LOUZARA,  SAMOS

A feira de artesanía e produtos naturais da Ponte de Loúzara nace no 2008 como recuperación da antiga feira que se celebrou neste lugar en tempos pasados.
Pola súa boa acollida, celebra este 2018 a súa onceava edición atraendo  a numerosos visitantes que co pretexto da feira poden testemuñar o encanto da contorna.
Mostras con cesteiros tradicionais, xabóns artesanais con aromas e plantas medicinais, tallas de madeiras, reloxos con pedras, con fósiles da Veneira ou de raíces de árbores, bastóns e tallas auténticas para decorar, xugos, carros, arados, botelleiros, hórreos e mesmo os típicos mazaricos para o leite.
Artesáns do coiro, mel de Louzara, pan galego, empanadas, roscas, polbo e churrasco.
Teatro, charanga, gaiteiros e tamén cabalos para dar paseos polo lugar.
Esta é a gran oferta lúdica que podemos atopar neste lugar das montañas de Samos lindando xa có Courel.
 

 

14 de xullo Feira Tradicional Outrora

Feira Tradicional Outrora

 Sobre este Evento

A parroquia de Santiago de Rubián, no concello de Bóveda,  celebra os días 14 e 29 de cada mes a súa feira dende hai varias décadas.

Polo mes de xullo á feira tradicional engádeselle  este evento que xunta a diversos artesáns galegos nunha demostración de oficios,  con postos de venda de artesanía, actuacións da banda de Gaitas e Danzas do concello, actuacións na capela do Ecce Homo, xogos e talleres para os máis cativos, representación etnográfica da malla dos anos setenta, isco no guizo e baile para rematar a xornada.

Conmemórase cada 14 de xullo esta Feira Tradicional Outrora de Rubián, evento pensado para que xente de tódalas idades poida vir gozar nalgún momento da festa, dada a súa ampla oferta lúdica que se desenvolve nas catorce horas que vén durando.

Recreación histórica que forma parte da nosa cultura e identidade. Oficios e tradicións.

 

 

En agosto, a feira do día 14 coñécese como a Feira do Ano. A diferenza da de xullo,  non conta con ningún evento a maiores dos habituais de calquera catorce de mes, postos ambulantes de ferramentas, pans, hortalizas, roupa e á hora do xantar, o tan apreciado polbo nas instalacións tan ideais coas que conta esta localidade. É considerada a Feira do Ano porque recibe centos de visitantes que escollen este mes para pasar as súas vacacións nesta zona da Ribeira Sacra do sur lucense e achéganse ata aquí sobre todo a comer ese delicioso prato ou un churrasco de alta calidade xa que esta zona de Galicia destaca polas súas carnes. Nas salpicadas aldeas da súa xeografía hai numerosas explotacións de gando vacún de carne criado dun xeito tradicional.

Vir un catorce a Rubián, sexa cal for o mes do ano, garante un bo xantar con produtos de primeira calidade.

 

Enlaces a reportaxes de edicións anteriores:

XVI Feira Tradicional Outrora 2018

14 de xullo Feira Tradicional Outrora 2017

Enlace a lista de reprodución de vídeos

Galería Fotográfica Outrora Rubián 2017

14 de xullo, 2016 - Feira Tradicional Outrora - Rubián - Bóveda

Outrora 2015   Outrora 2014   Outrora 2013 Outrora 2012   Outrora 2011  Outrora 2008  Malla Tradicional

Festa do BOI en Allariz

Sobre o evento

Na vila de Allariz, a tradición popular fala da celebración da procesión do Corpus dende o ano 1316 d.C., ano da súa institución por Xoán XXII, o que tería dado lugar as burlas da comunidade xudía provocando ao ano seguinte a salida de Xán de Arzúa que montado nun touro enmaromado dispersou aos xudíos arroxándolles fariña misturada con formigas rabiosas ( esta lenda está na orixe da Festa do Boi que perviviu en Allariz ata a actualidade).

Saber máis:

 http://www.festadoboi.gal/

 http://www.festadoboi.gal/orixes/ 

 

WebGrafía: http://www.teatroengalicia.es/corpus.htm

 

Festa do Viño Albariño en Cambados

ALBARIÑO DE CAMBADOS, PONTEVEDRA

Celébrase durante a semana do primeiro domingo de agosto.

É a festa do viño branco máis multitudinaria da comunidade. Enche durante cinco días as rúas de Cambados de casetas onde degustar o Albariño e a gastronomía das Rías Baixas, amenizado todo con espectáculos pirotécnicos e musicais que garanten a diversión.

Esta festa do viño é a máis antiga de Galicia e a segunda de España, considerada ademais Festa de Interese Turístico Nacional.

Naceu no ano 1953 coa colleita do 1952. 

Ligazóns de interese 

Páxina do Evento 

Saber máis do Evento

Wikipedia

 

 

 

 

 

Mercado Medieval en Mondoñedo

Mercado Medieval en MONDOÑEDO

En agosto, XXVII Edición

Celébrase anualmente o segundo domingo de  agosto revivíndose a Idade Media ao longo de toda a xornada.

O casco histórico da cidade de Mondoñedo,  declarado conxunto histórico-artístico en 1985 acolle este mercado medieval que é un dos máis antigos da provincia de Lugo.

Facebook do Evento

https://www.facebook.com/groups/46835578050/

Ligazóns Relacionadas: Un paseo una foto , Cultura , Mondonedo.net

Info Web Concello http://www.concellomondonedo.es/

 

Música na Rúa - Fin de curso Conservatorios e Escolas de Música

Introducción

Existen moitas opcións para estudiar música no noso país. Asociacións musicáis e escolas de música na ensinanza non oficial e os conservatorios e centros autorizados na ensinanza oficial.

En canto aos conservatorios a ensinanza atópase dividida en tres graos.

-Elemental, catro cursos.

-Profesional, seis cursos.

-Superior 4 ou  5 cursos dependendo da especialidade. 

Coa superación de cada un destes graos obténse unha titulación oficial que no grao superior é equivalente a unha licenciatura. Os dez primeiros cursos que abarcan o grado Elemental e o Profesional están centrados na preparación instrumental do alumno, primeiramente dun xeito individual pero tamén colectivo con asinaturas de conxunto instrumental, vocal, orquestra e outras. A partires do grao Superior o alumno pode especializarse en materias como a composición, dirección, pedagoxía ou seguir có instrumento.

Dependendo do lugar de residencia a oferta de especialidades varía en canto ao grado superior ou profesional.

En canto ás especialidades os conservatorios abordan tímidamente o campo de eí o surximento de escolas particulares de música moderna.

Música na Rúa

A promoción das ensinanzas musicáis na rúa está en auxe en todo o país e cada ano son máis as escolas e conservatorios que a inclúen entre as súas actividades normalmente coincidindo coa chegada do bon tempo a finais do curso escolar.

Na cidade do Cabe, Monforte de Lemos xa levan seis anos repetindo está experiencia. Tanto para as persoas que nas terrazas ou no paseo diario se atopan con esta actuación  como para os que temos fillos, amigos ou achegados  entre os participantes  é un privilexio poder presenciar este espectáculo musical  na rúa  peatonal Cardenal Rodrigo de Castro .

Fin do Curso

Tradicionalmente o   festival de fin de curso e a festa de nadal  celébranse no  auditorio do conservatorio.

 

Galería de Imaxes do Evento por Peruchela

 

Algúns Videos 2018

Lista de Reproducción de Youtube


Enlace a VIDEOS 2018

 Enlaces a ediciones anteriores:

Enlace a VIDEO (24 minutos) curso 2016-2017
Enlace a VIDEO Fin de curso 2016-2017
Enlace VIDEOS Fin de curso 2015-2016
Enlace a curso 2014-2015 
Enlace a curso 2013-2014  
Concierto de nadal 2012 2013 
Enlace a curso 2012-2013
Enlace a curso 2011-2012
Enlace a curso 2010-2011

WebGrafía : Juan Ramos 

Enlace a artículo de la voz de Galicia

 

Romaría viquinga de Catoira

FESTA DE INTERESE TURÍSTICO INTERNACIONAL

Primeiro domingo de agosto

Dende 1961 celébrase a  "Romaría Viquinga", festa declarada de Interese Turístico Internacional no ano 2002.

No século XI na mariña lucense avistouse unha frota de naves normandas achegándose ás costas.

Seica o Bispo San Gonzalo, púxose a rezar e o fervor da súa Fe levantou unha gran tormenta que fixo naufragar a toda a frota.

A través dos cauces dos ríos os invasores adentrábanse no territorio galaico. Así fixeron para chegar á localidade pontevedresa de Catoira.

Aquí neste enclave  xúntanse as augas do Ulla coa ría de Arousa. É a entrada máis natural para ir a Compostela.

Cada primeiro domingo de agosto celébrase a Romaría Vikinga en Catoira.

A recreación do desembarco é o acontecemento central da festa.

A golpe de remos o drakrar vikingo rodea a illa do rapto e alcanza a península de Catoira.

Os invasores saltan á terra e loitan cos habitantes que só teñen aperos de labranza a modo de armas polo que algunhas doncelas son secuestradas.

O Sangue desta batalla convértese en viño tinto do Ulla que corre abundante na romaría.

O día grande é o domingo pero días antes xa se pode disfrutar das xornadas Catoira na Historia.

Outro xeito de dicilo

"Romaría Viquinga de Catoira - Nesta data, Catoira escenifica nun singular espectáculo as invasións viquingas que sufriron hai máis de mil anos. Tras un asalto cheo de euforia e viño, ten lugar a tradicional comida campestre, nun ambiente festivo, dominado polo mercado medieval e a posterior verbena da Alameda"

Enlace de Interese

https://es-es.facebook.com/RomeriaVikingaCatoira/

 

Datos Galicia IGE
comprar libros
Descarga Libro Gratis

Baamorto

Monforte de Lemos ten entre as parroquias que o conforman o territorio que ocupa  Santa María de Baamorto, coas seguintes entidades de poboación: Casares, Cinsa, Devesas, Pallares, Pol, Reboredo, outras fontes engaden algún lugar máis:   Agriño, Chavarega, Lama,  Pereiras,  Portobrea, Ribela Neste...

Comprar Artesanía
RUTAS RIBEIRA SACRA
comprar libros
PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA

Aldeas Galegas e as suas tradicións
Cultura Gallega - Tradiciones