Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? in /mnt/web109/d0/46/51728046/htdocs/joomla_03/templates/gk_magazine/lib/menu/GKBase.class.php on line 114 Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? in /mnt/web109/d0/46/51728046/htdocs/joomla_03/templates/gk_magazine/lib/menu/GKHandheld.php on line 76 Etnografía
Logo

Etnografía

TRADICIÓNSA MATANZAA SEGAVIÑO E AUGARDENTEO LIÑOO XABÓN O FOXO DOS LOBOSA SEITURAO PAN

SOBRE AS TRADICIÓNS

Os nosos antergos viviron neste mesmo lugar dende hai miles de anos. 
A consolidación dunha serie de tarefas rutinarias para a produción de alimentos e de recursos básicos e fundamentais deu nacemento as tradicións agrarias das aldeas galegas e das aldeas do mundo. 
O cultivo da terra e a gandería de autoconsumo foi practicada por homes e mulleres traballadoras, chegando ata os nosos días. Pouco a pouco a evolución e as políticas foron apartando ao home da terra e do contacto cos animais. 
As feiras típicas do rural desapareceron fai menos de 30 anos. As novas canles de distribución fixeron practicamente extinguir as producións hortícolas e agrícolas das aldeas. O home xa non precisa de excedentes para logo vender, polo que os poucos que non marcharon para as vilas e cidades máis grandes son os únicos que quedan cultivando algo, para autoconsumo.
O despoboamento rural da Galicia actual, cunha falta de relevo xeracional patente, fai pensar que de non mudar a tendencia continuará co paulatino e total abandono das terras de labradío e das labores tradicionais do campo galego. 
Levamos varias décadas onde xa nacen máis persoas en cidades que nas aldeas o que fai que se produza unha desvinculación coa vida natural e rural que por centos de anos se foi transmitindo e impregnando no noso ADN. En poucas xeracións  é probable que se descoñezan os sabores naturais dos alimentos, e que se deixen de manter as outrora indispensables relacións cos animais.
Esta páxina ten como obxectivo fomentar a vida no rural baseando á sociedade nun perfecto equilibrio entre o home e o medio que habita, que debemos de recuperar. 
A descrición das labores de procura de recursos, os vellos hábitos, como se herdaron e como se están a modificar nos últimos anos, é tamén un obxectivo deste sitio Web así como transmitir outras das tradicións do noso pobo.
Galicia ten tradición Meigas e Bruxas, de Santa Compaña, de Druídas, Menciñeiros e Curandeiros, de Samaín, de Castrexos Celtas e Oestrymnios
Hai cousas que abolir de moitos tradicionalismos pero tamén moitas por conservar. 
Arrimar o ombro, sementar educación e respecto, fomentar o traballo, apoiar o esforzo e afastarnos das xentes con mal fondo.
"Unha tradición está conformada por un espírito ancestral de crenzas e por normas transmitidas xeracionalmente en cada cultura. O acatamento no presente deste conxunto, é chamado tradicionalismo.
A SEITURA

Ao longo dun montóns de séculos sementáronse cebada, centeo e trigo,  despois da recollida das patacas e da vendima,  có arado, dous bois, vacas ou bestas.

Antes de que os abonos minerais chegaran  a ser unha maneira de aboar as terras tiñan que bouzalas. Coas aixadas os  terróns  amontoábanse para logo queimalos e esa cinza era o mineral que había.

Primeiro arábase có arado de ferro, cás vacas (1) para prepararala terra, logo agradábana  e arrastrábana con  carballos retorcidos .


Ler +

Medeiros
A HORTA GALEGA
Esta páxina de tradicións recolle información necesaria para poder proporcionarse alimentos básicos que seguen a ser cultivados por xentes do rural, aínda que non na medida en que se fixo en décadas anteriores.

Leer Máis

O PAN

O PAN
O pan galego, famoso no mundo enteiro. 
Hoxe o Pan non resulta un alimento indispensable nos fogares pero ainda queda xente que o valora e algunha outra que cando pode, coce na casa.
O pan tradicional está case totalmente sustituído polas baguetes.
Queres saber como facemos o pan na aldea ?
Ler +
O XABÓN
Ata hai 50 anos as mulleres acudían aos lavadoiros comúns que había nas aldeas, pequenos regos que corrían e que se estancaban naturalmente converténdose en pequenas presas. Alí se xuntaban as mozas facendo do traballo unha saudable reunión onde compartían segredos e intrigas
Ler +

O XABÓN

A MATANZA

O Liño
O fiado foi unha das principais ocupacións invisibles da muller que realizaba en  simultaneidade con outras tarefas da súa interminable xornada de traballo. Dese xeito a roca converteuse no símbolo do traballo feminino.. 
Ler +

O MEL

MEL DE GALICIA
O mel está presente na cultura popular galega dende a súa orixe. Na actualidade estámonos enfrontando tal vez a crise máis importante da nosa historia xa que a aparición da vespa asiática está exterminando as nosas abellas con todo o risco que isto conleva. 
Saber +
Non se está traballando o suficiente para protexer nin as persoas  nin as colmeas autóctonas e si esto se  mantén así moito tempo máis pronto haberá unha traxedia ecoloxica irreversible.
Comprar reinas         C.R.I.X.P. "Mel de Galicia"

O FOXO DO LOBO

O FOXO DOS LOBOS
Un couso, lobeira ou foxo de lobo (do latín fossum), escavado é unha construción tradicional empregada no medio rural para a caza do lobo ou de calquera outro animal considerado daniño e perigoso.
Ler +
VIÑO E AUGARDENTE
Coa luz dos candis de gas ou carburo iluminábase o pobo e ao redor da calor do alambique íanse transmitindo aos nenos, os contos populares que ao longo dos séculos se  fraguaran en terras coñecidas; mentres , as pingas de auguardente ían enchendo de a pouco a pota.
Ler +

O OUTONO

CASTAÑAS E COGUMELOS

NO CAMPO XA É OUTONO
Durantes centos de anos a castaña era o alimento básico da poboación e unicamente minguou o seu consumo coa chegada da pataca.. Usábase cocida, asada ou seca, ata probablemente guisada. Cocidas en auga chamada mamotas, caldo ou empanada de castañas, castañas con leite, doce de castaña.
Ler +

O ENTROIDO

O ANTROIDO

Petardazo- Fareleiro- Meco- Oleiro - xoves de Compadres- Corredoiro- xoves de Comadres - martes de Entroido- Enterro da Sardiña- Domingo da Piñata

Celebrado con paixón en vilas e aldeas galegas, os máis animados colaboran no continuar, desta antiga tradición popular.
Espectaculares traxes feitos con dedicación durante todo o ano, traballadas  coreografías, son inicio do primeiro Desfile de Comparsas.
Ler +

Template Design © Joomla Templates | GavickPro. All rights reserved.