Nós Diario :: Últimas novas

Nós Diario - Xornal de intereses galegos Nós Diario :: Últimas novas
A+ A A-

O Xabón Tradicional

 

XABÓN ARTESÁN

Ata hai 50 anos as mulleres acudían aos lavadoiros comúns que había nas aldeas, pequenos regos que corrían e que se estancaban naturalmente converténdose en pequenas presas. Alí se xuntaban as mozas facendo do traballo unha saudable reunión onde compartían segredos e intrigas.

Outras mulleres tiñan un pozo e ao seu carón unha especie de pía cunha lousa pra lavar a roupa. Os pozos comúns foron esenciais para o mantemento das nosas aldeas e aínda existen na actualidade. É recomendable non ir polos terreos que rodean ás casas pois nunca se sabe onde pode haber un pozo antigo cuberto só con algo de maleza.

Normalmente o xabón faise no outono, cando as olas con graxas de animais sobrantes teñen de baleirarse  para renovar coa dos novos roxóns.

Tamén é bo facelo no outono pola baixada das temperaturas,  é máis rápido de facer canto máis frío fai.

 

MATERIAIS NECESARIOS E DE SEGURIDADE

Luvas de goma ben resistentes, mandil, gafas  e roupa de manga longa para protexernos do vapor da sosa cáustica.

Vinagre, indispensable telo preto xa que neutraliza a sosa polo que si esta chegase a tocar a pel cun orballado rápido de vinagre e un lavado con auga posterior evitará as queimaduras.

Unha tina de goma  é ideal para facer o xabón. En caso de querelo facer nun utensilio de metal  tería que ser aceiro inoxidable xa que o aluminio reaccionaría co xabón.

Moldes para verter o xabón en crudo e darlle a forma básica. Por exemplo moldes de madeira nos que colocaremos por riba un plástico resistente para que non se pegue. 

 

 PANEIS DE XABÓN

Os compoñentes básicos do xabón artesanal son as grasas, sebos ou aceites, o hidróxido de sodio (sosa cáustica) e un líquido.

Podemos engadirlle aceites esenciais, fragrancias, produtos naturais, exfoliantes e colorantes para mellorar e personalizar o xabón.

Antigamente a carencia de sosa cáustica era suplida pola cinza que era a que servía de base para a súa elaboración. Ata hai ben poucos anos en moitas casas era cotiá ver no fregadeiro un cacharriño con cinza para lavarlle o cú as potas.

 

INGREDENTES:

Tantos litros de auga fervendo como quilos de sebo de tenreira.

Se é con grasa de porco  para 10 Kg, 8 litros de auga fervendo.

1Kg de Sosa Cáustica por cada 6 Kg de Sebo ou Graxa.

Pódeslle botar os produtos que se che ocorra  que poden melloralo. Deterxente en po, colorante azul, suavizante, talco, esencias, colonias. Si o que queres e que che saia un xabón super fino hai que engadirlle en troques de auga,  lava-vaixelas líquido, na  mesma proporción  e quente do mesmo xeito.

 

ELABORACIÓN DO XABÓN LIQUIDO PARA LAVADORA 

Por Hilda da Veneira

5Kg.  de graxa,  5 litros de auga quente e 1Kg. de sosa cáustica.

Durante 20 días irase removendo a diario, non nos esquezamos de botarlle unha presa de sal para que protexa ás cores e 1 bote de Kalia. A diferenza do xabón en paneis que hai que remover ata arrefriar e derreter toda a graxa  no mesmo día, o xabón líquido dános máis xogo no sentido de que iremos engadindo máis auga quente durante os días seguintes e removendo ata que vemos que vai collendo a textura ideal.

Non é necesario nada máis.  Non utilizar antes dos 20 días.   

Descarga Libro Gratis
Datos Galicia IGE
Comprar Artesanía

Nota Informativa:

Esta página puede contener enlaces rotos y erratas. Si esto te ocurre has de saber que estamos reestructurando y terminando de volcar contenidos de  2008 a 2015 que se encontraban en html. Hay artículos pendientes de revisión y muchos aún sin incluir. 

Visita esta página con frecuencia, conoce algo más de Galicia, de los gallegos y de sus tradiciones.

 Peruchela 

PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA