Nós Diario :: Últimas novas

Nós Diario - Xornal de intereses galegos Nós Diario :: Últimas novas
A+ A A-

O Castro dos Medos

Galicia Terra de Castros

Paixón pola Historia

O ATAQUE DAS FORMIGAS

Ata o século XX os sucesos transcendentais ocorridos no territorio eran transmitidos por tradición oral, a carón da luz do lume das lareiras.

Non coñecemos como se chamaba daquela este Castro sito preto da actual Pobra do Brollón, pero probablemente o nome de hoxe lle ven do que alí aconteceu fai máis de dous mil anos. Daquela os asentamentos castrexos salpicaban o territorio porque estar preto uns de outros permitíalles  unha mellor interelación, en determinadas épocas do ano relacionadas coa caza e a recolección;  circunstancias precisas de festexos, unións ou   auxilio.  Cada un destes poboados estaban conformados por varias ducias de familias sendo o desta lenda dos máis concorridos, atribuíndoselle  máis dun cento de familias. Camiño de paso dos que viñan das Montañas cara a terra Chá,  aldea de troco e alterne.

Todo escomenzou nunha das vivendas do asentamento e pouco a pouco foise estendendo a todas e cada unha delas. Contaminaron os víveres ao andar por riba deles, mordían aos nenos  e causábanlles feridas e infeccións,  o seu tamaño multiplicaba por dez o dunha formiga actual.

Así pasaron días, semanas e meses  e a praga ía en aumento. Pronto comezaron  a morrer das infeccións os máis febles. Intentaron por todos os medios paralas,  discorrendo  mil e unha maneiras para elo, sen conseguilo. Contan que chegaron a labrar canais e ata un foxo ao redor do asentamento onde intentaron afogalas sen éxito.

A solución foi  o éxodo e abandono do poboado. Os superviventes repartíronse entre os castros colindantes e transmitiron a historia de medo que naqueles meses pasaron  ao verse atacados e vencidos  por unha gran praga de formigas depredadoras.

Descarga Libro Gratis
Datos Galicia IGE
Comprar Artesanía

Nota Informativa:

Esta página puede contener enlaces rotos y erratas. Si esto te ocurre has de saber que estamos reestructurando y terminando de volcar contenidos de  2008 a 2015 que se encontraban en html. Hay artículos pendientes de revisión y muchos aún sin incluir. 

Visita esta página con frecuencia, conoce algo más de Galicia, de los gallegos y de sus tradiciones.

 Peruchela 

PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA