Slide background
Slide background
Slide background
Slide background

Tradicións

No campo xa é Outono

Brevas , castanhas, castañas, follas

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

OUTONO GALERÍA DE COGUMELOS COMESTIBLES               

GALERÍA DE COGUMELOS  NON COMESTIBLES      

Coa chegada do outono as árbores frutáis que poboan as nosas terras están en apoxeo. Maceiras (mazairas), perais (pereiras), membrilleiros (marmelos), pavieiras,  nogais (concheiros, noceiras), figueiras, castiñeiros (castiros), almendoeiras, abeleiras (avelaneiras),  son algúnhas das frutais que se seguen a cultivar nas aldeas e vilas galegas.

Certamente é unha época do ano na que os sabores dos alimentos son do máis variado.

En Galicia son tradicións as castañas.

Durantes centos de anos era o alimento básico da poboación e unicamente minguou o seu consumo coa chegada da pataca.. Usábase cocida, asada ou seca, ata probablemente guisada. Cocidas en auga chamada mamotas, caldo ou empanada de castañas, castañas con leite, doce de castaña.

Hoxe por hoxe non queda nin o 25% dos castiñeiros que noutra época poboaron Galicia, ainda asi as que nos quedan séguense a recoller para consumo e venta ao resto de España.

Neste 2017 pola xeada de finais de abril, non haberá castaña galega mais que en certos lugares.

É tradición facer o primeiro magosto por Santos, o 1 de novembro, acompañadas do viño da nova colleita

Os cogomelos son un delicioso manxar para moitos habitantes destas terras. Ano tras ano esperamos con impaciencia a chegada do outono que no los trae. As lepiotas son quizais as máis buscadas e apreciadas nalgunhas comarcas do sur de Lugo, pero champiñóns e rovellóns tampouco escapan aos buscadores de cogumelos. 

O mais importante é respetar a biodiversidade e coller soamene o necesario do medio.

E moi importante non roubar nin expropiar bens.

.

    CESTA DE SETAS          

imprimir Correo electrónico

Slide background
Slide background