Que facer en febreiro?
Neste curto mes do ano son varias as tarefas a realizar nas hortas.
A primeiros de mes prepáranse os sementeiros, abónase e cávase a terra.
O motocultor facilita este labor na actualidade.
Os parrales e cepas de viñedos tamén son podados nun día calquera ou a finais do mes anterior e tamén é bo momento de plantar novos.
En localidades onde as xeadas son excasas tamén se sementan as patacas de cedo.
A finais de mes xa case podemos gozar dos grelos dos nabos, e en colleitas tardías de nabizas, que se recollen para conservar e comer durante os meses vindeiros.
É tempo de facer os sementeiros de todas as clases de verduras (cenorias, allos porros, apios, tomates, pementos, etc. etc.).
En Galicia hai unha gran tradición de inxertar bravos no monte ou de traer o bravo para a horta e unha vez ben preso ao ano seguinte inxertalo.
As Camelias están en flor, son as nosas rosas do inverno.