OS TRABALLOS EN MARZO
O primeiro venres deste mes pódanse as árbores froiteiras para que dean froito anualmente, tamén e bon momento para facer inxertos dalgunhas árbores.
A primeiros de marzo podemos disfrutar dos filleiros dos chanteiros, unha verdura moi apreciada polos galegos.
A primeiros de marzo podemos disfrutar dos filleiros dos chanteiros, unha verdura moi apreciada polos galegos.
Trasplántanse os morteiros de cebolas, leitugas e remolacha.
Tamén hai que atender aos allos, sachalos, sacarlle as malas herbas.
Polo San Xosé, seméntanse as patacas na leira. Nos últimos anos logo de sementalas, no mesmo día ou ao seguinte pásaselle o moticultor para desfacer os torróns que poidan quedar na terra.
Na última semana do mes xa se poden sementar as xudías verdes, coliflor, repolos de asa de cántaro....
É un mes de traballo continuo e recoller leña de fronte xa ao futuro inverno é un labor máis.
As "fabas lobas" están en plena flor.
+ Cousas
Marzo é tempo de queimar os rastroxos das podas e restos da horta si non puideches facelo no mes anterior.
Como as árbores ainda non agromaron resulta un mes apropiado para cortar leña de cara ao inverno seguinte.
Como as árbores ainda non agromaron resulta un mes apropiado para cortar leña de cara ao inverno seguinte.
En marzo comeza a Primavera
As flores silvestres deste mes son dunha gran beleza. As cunetas énchense de florciñas de todo tipo. As mimosas, ainda que invasoras, fan a ledicia d@s máis cativas.
O laurel tamén está florido, os lirios e as lilas. Saen as primeiras rosas. O arume das flores fai disfrutar o sentido do olfato.
A mediados de mes cerdeiras, pereiras, mazairas e marmelos floridos decoran as aldeas.