A Horta

ADEGA CHEGA DE VÍVERES

No meses de novembro e decembro gozaremos  de moitas verduras de tempada;  escarolas, repolos, nabicoles e  das nabizas,  brocolis e coliflores que se foron trasplantadas en agosto neste meses de novembro e decembro están dando colleita.

Nas nosas adegas e despensas temos os froitos gardados para comer todo o ano, cebolas,  allos,  porros, tomates, pementos, patacas, augardentes, viños e licores.

Segue sendo tempo de froitos, mazás, peras,  marmelos,  caquis, castañas, noces, abelás, piñons, almendoas e dos últimos cogomelos.

Logo de Santos e Defuntos e que as fermosas flores que enchen na época a horta  comezen a esvaecer, arríncase todo e abóase con abonos naturais das granxas conlindantes ou dos propios animais.

Si ainda non podamos os rosais, viñedos ou algún tipo de árbore podémos facelo agora no inverno.

Podes facer os sementeiros de caraveis, tomates e pementos en invernadoiro. 

No minguante de decembro inda podemos facer  semilleiros de cebolas,  das razas que habitualmente consumamos. No meu caso tres, a vermella a clásica e a doce de Valencia.

Tempo de dias curtos e noites longas onde os víveres almacenados farán que pasemos un mellor inverno que será largo, frío e moi moi triste aquí na aldea solitaria.

 

Figos,  uvas, membrillos,  kiwis, noces, abelás e as castañas son típicos froitos do outono e como non deste mes de outubro.

Poderemos gozar das navizas, navos tenros que sementamos no verán e que agora coa choiva dan a talla para comerse.

As escarolas están no seu esplendor, as cabaciñas seguen producindo, os allos porros e remolachas mantéñense aínda ben na terra, as coles, brocolis e coliflores medran sen parar.

A finais de mes arrincaremos os tomates e pementos, ou o que deles quedase, podamos as roseiras e abónase en xeral a horta deixándoa repousar.

 No mes de outubro os aldeáns fan aproveitamentos madeireiros e de polas secas das talas para acender os fornos ou cociñas de leña abundantes en Galicia e no norte de España

 

Sementa de cebolas e dos repolos que trasplantarás en marzo.
Este mes é o da vendima, e tamén se recollen as patacas das leiras.
É un mes moi laborioso no campo en xeral.
As mazorcas do millo déixanse secar ao sol, as cabazas están no seu esplendor, aínda hai pementos, tomates e cabaciñas.
Arrincamos a remolacha de mesa e as cenorias para evitar que os roedores nos deixen sen nada.
É tempo de facer as conservas de tomate, remolacha, pementos e marmeladas.
É o mes dos figos.
Neste mes recolleranse os últimos tomates.
O entretemento continuo que aquí as persoas maiores teñen parece que as fai máis lonxevas. Polo xeral non abandonan as súas casas ata a morte e seguen traballando na súa media contorna natural mentres teñen saúde. Colaboran cos máis novos facendo tarefas ata que necesitan ser atendidos. O problema xorde cando non hai mozos que os coiden nin que traballen as terras xa que en moitos casos xa non saben como facelo.
Todos os fillos marcharon e enviudaron. Aquí é onde xurde a necesidade da residencia, abundantes nos nosos outeiros. Mentres eles chegan alí unha casa péchase nunha aldea, nun pobo ou unha vila, quedando todo un pouco máis abandoado

No menguante de agosto arrincaremos as cebolas, unha vez este a rama seca, pois din que ao arrincalas no menguante non se saen, á hora de gardalas para o resto do ano.

Nesta mesma lúa sementaranse as escarolas e tamén xudías verdes que comeremos en outubro.

O día 15 de agosto sementaremos os nabos. A horta está no seu esplendor e todo está a dar froito. Claro acórdache de regar.

É tempo de Dalias, Xirasois, Geranios, Caraveis e unha infinidade de flores, sen esquecernos das amoras silvestres que están en todos os camiños da aldea e coa que se fai unha estupenda marmelada.

A calidade de vida do medio rural galego é neste momento envexable. Aínda que case non hai habitantes os que quedamos gozamos ao máximo da natureza.

O as aldeas o home axuda ao medio natural a ser produtivo e a cambio as persoas séguense mantendo libres e en harmonía coa súa contorna.

Hase de amar o traballo e respectar os costumes e usos do campo galego.

 

Neste mes o labor do campo é mais có da horta, xa que se recollerán o pan o trigo e a cebada ademais da herba.

Por certo da horta seguimos gozando cos primeiros tomates e pementos, cos continuados amorodos, as leitugas e xudías verdes.

O 25 de xullo aplicaráselle a última man de sulfato e xofre ás uvas.

Podes gozar entre outras cousas de : Cogombros, cabaciñas, allos, cenorias, acelgas, xudías verdes, tomates, pementos de padrón, ourensáns e italianos, ameixas, amorodos e patacas novas.

Na última semana do mes cortaranse os fillos de parrales e cepas que sobresaen para favorecer o crecemento e maduración dos acios.

 


Fresas e cereixas, unhas exquisitas froitas en apoxeo neste mes. Os campos énchense de amorodos silvestres dun dulzor sen igual.
Arríncanse as prantas dos chícharos e os tirabeques da terra xunto cos paus que serviron de suxeción ás plantas. Se non dispoñemos de máis terra, cavarase esta mesma e  trasplantaranse nela as novas plantas de repolos.

As familias de gandeiros recollen a herba para o gado a primeiros de mes e a últimos do anterior embolarase o "SILO". Ao longo de todo o mes de Xuño,  ségase, embolase ou empácase  en fardos secos para o inverno.

Lembrarche que no San Pedro antes de que salia o sol has de recoller os allos, para que non entren na familia as bruxas durante o resto ano. Por certo, a mediados de mes poderemos gozar das novas patacas.

Non esquezas seguir trasplantando as leitugas dos sementeiros é algo que está presente na mesa todo o verán.
 
Podes desfrutar en xuño dos repolos de corazón de boi, patacas novas, xudias verdes e tamén dos tomates dos invernadoiros. Uvas e peras de San Xoán son outras das froitas que ten este mes.
 
A finais de xuño ou principios de xullo recóllese a colleita de liño.

As rosas adornan as hortas e os xardíns, e a finais de mes vanse murchando e deixando paso aos gladíolos e as hortensias

 

Neste mes do ano cóidase en xeral moito a horta sacándolle as malas herbas e acochando a terra, imprescindible nas patacas, na remolacha e no  millo.

Seméntanse as fabas altas, séguense trasplantando leitugas e pementos. 

Poñer as guías aos tomates é outra labor de maio se ainda non o fixeches xa que empezan a ter o tamaño idóneo para comezar a atalos.

No referente ás parras ou viñedos cando empezan a florecer empézanse a aplicar as primeiras mans de xofre e sulfato.

En maio temos colleita de fabas lobas,  chícharos,  tirabeques,  fresas e  cereixas de cedo.

 

TRABALLOS NO MES DE ABRIL


Transplantaranse os sementeiros de Tomates e Pementos.

Neste mes, polo San Xurxo seméntase o millo e o liño,  as cabazas, sandías e melóns e tamén as fabas (xudías verdes).

Os froiteiros están floridos, as leitugas vanse trasplantando dos morteiros ao mesmo tempo que van medrando.

Póñenselle paus ou guías aos chícharos, tirabeques, fabas altas,  si ainda non os tes postos.

Os gandeiros comezan coa ensila da herba.

 [gallery title="A horta en Abril " width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="3"]


[gallery_item title="Horta Nova 2020" src="/images/2019/abrilhorta/22.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Horta en Abril" src="/images/2019/abrilhorta/51.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Tempo de Ensila" src="/images/2019/abrilhorta/Ensila.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item]


[/gallery]

No mes de abril chove con frecuencia e é moi importante que cada vez que escampe se sachen os froitos, allos, cebolas, leitugas e demais  produtos da horta xa que si non se fai encheránsenos de herbas. 

Perdura na actualidade nalgunhas casas a costume de aproveitar a cinza das cociñas de leña de todo o inverno. Cinza que nos virá moi ben para botar nos regos dos allos e outras prantas para protexelos logo da sacha.

[gallery title="" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="3"] [gallery_item title="millo natural do país" src="/images/2019/abrilhorta/20.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]millo autóctono[/gallery_item] [gallery_item title="leitugas galegas" src="/images/2019/abrilhorta/21.JPG" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="allos, cepas e navicol en flor" src="/images/2019/abrilhorta/10.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [/gallery]

Consello para os TOMATES recén trasplantados:

"Metelos en botellas baleiras de auga de 5 ou 8 litros cando son trasplantados faraos menos vulnerables aos cambios climáticos". Si o tempo acompaña ao transpantarse  pódeselle espetar unha ramiña de loureiro para protexelo dos raios forte de sol de abril.

[gallery title=" " width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="3"]


[gallery_item title="Tirabeques" src="/images/2019/abrilhorta/70.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Árnica en Flor" src="/images/2019/abrilhorta/69.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="Tomates e Cebolas" src="/images/2019/abrilhorta/23.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item]


[/gallery]

 Abril é un fermoso mes de prantas e flores, tanto ornamentais como silvestres. No campo poderás recolectar prantas menciñais.

[gallery title="Flores de Abril" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="3"]


[gallery_item title="lilas" src="/images/2019/abrilhorta/59.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="copo de neve" src="/images/2019/abrilhorta/52.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="flor de escambrón" src="/images/2019/abrilhorta/55.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item]


[/gallery]

 

Tamén che pode interesar:

 A horta galega en xaneiro e febreiro        A horta galega en Marzo

Que facer en xaneiro?


Na lúa menguante do mes de xaneiro sementaranse os allos, ademais dos chícharos e tirabequees que tamén se sementan neste mes. Doutra banda tamén se plantarán os repolos.

 

Que facer en febreiro?


Neste curto mes do ano prepáranse os sementeiros, abónase e cávase a terra.

O motocultor facilita este labor na actualidade.

Os parrales e cepas de viñedos tamén son podados nun día calquera ou a finais do mes anterior e tamén é bo momento de plantar novos.

A finais de mes xa case podemos gozar dos grelos dos nabos, e en colleitas tardías de nabizas, que se recollen para conservar e comer durante os meses vindeiros.

A CORDA DA SANTA COMPAÑA
INSTITUTO GALEGO DE ESTADISTICA

Libros Peruchela Edicións

De Vida Morte Amor e Indiferenza2020 | Poesía| Lin San Mar

A Vida nas Botas2020 | Poesía| Antón Valcarce

Estamos de Conto2020 | Contos| Pili Sánchez

Náiades2020 | Poesía| Suso Parada Jato

PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA

 

Información a navegantes

Estamos actualizando nuestra plantilla por lo que puede haber contenido que no se visualice correctamente, agradecemos vuestra compresión. 

Nós Diario :: Últimas novas

Nós Diario - Xornal de intereses galegos Nós Diario :: Últimas novas