Tradiciones rurales de Galicia
A Sega da Herba e dos Cereais
A SEITURA
Ao longo dun montóns de séculos sementáronse cebada, centeo e trigo, despois da recollida das patacas e da vendima, có arado, dous bois, vacas ou bestas.
Antes de que os abonos minerais chegaran, unha maneira de aboar as terras era bouzandoas coas aixadas. Os terróns amontoábanse para logo queimalos; esa cinza era o mineral que había.
Primeiro arábase có arado de ferro, cás vacas (1) para prepararala terra, logo agradábana e arrastrábana con carballos retorcidos, despois as mulleres sementaban e coas vacas asucaban. Quedando os cereiais en sucos a auga escorría mellor e o gran tiña outra calidade. As herbas que nacían entre os cereais era recollida polos máis pobres da aldea quenes llelo facían de balde para ter que lles dar de comer ao seu gado.
A finais de xuño ou principios de xullo segábanse a man con fouciños leiros de cereais e os prados con guadañas. Pandillas de familiares ou grupos ían polas aldeas, cobrando por elo a quenes lles podían pagar. Había moitas casas ricas que contaban con alugados para facer estas tarefas.
Despois de segar poñíanse en mollos nas leiras facendo os medeiros, logo carretábanse cós animais, en carros ás airas onde se facía a Meda.
Normalmente na primeira quincena de agosto mallábase, durante moitos séculos de maneira manual cós mallos, logo limpábase ao vento ata que apareceron as primeiras limpadoras unha vez feito, poníase en arcas de madeira de castiñeiro.
A palla e a herba almacenábase en palleiros. Cando era de herba facíaselle un teito de palla para protexela da choiva.
A partir dos anos setenta coa aparición masiva de tractores no rural deixouse de usar a forza animal para recorrer a forza mecánica . Aquí marcase o inicio dunha nova época. Empezase a sementar os leiros de cereais sen asucar debido a que as novas máquinas non permitían regos.
Tamén aparecen a finais desta década dos 70, nesta zona do sur lucense as colleitadoras que seguiron realizando a labor da sega dos cereais ata hoxe en día. A produción de cereais foi menguando ano a ano ata deixarse practicamente de sementar.
Factores políticos precipitaron o declive da agricultura de subsistencia.
A maiores contamos cunha poboación de xabarís que se encargan de esnaquizar o que poida quedar.
MOENDO MILLO PARA AS PAPAS
O MILLO
SEMENTES AUTÓCTONAS
Trigo Tremesino, mais baixo, sembrábase en febreiro .
Coa Cebada, alimentábase aos animais e tamén se cocía facendo pan con ela. Fundamentalmente era a que máis se usaba.
Para moer levábase na besta aos muíños que tan abundantes eran na nosa terra. Sete ferrados por Besta era a carga mais frecuente. Nun traíase o salvado e noutro a fariña. Moitos non dispoñían de Besta e tiñan que ir nas Burras, e se non tiñan burras pois non quedaba outra que meter o lombo.
O salvado dábaselle aos marraus da ceba. Con dous ferrados de fariña facíase unha boa fornada de once ou doce bolos pra quince días, sendo sete de media en cada familia.
Os muiñeiros cobraban 1 bote de grao (1kg) por ferrado.. Tiñan os muiños marcados con cuadros para a medición. Arcas de 40 ferrados, de 60 ferrados. As cubas que non se necesitaban tamén se enchían de grao.
Sembrábano de 3 ou 4 anos e nacía igual. Nos anos noventa empezaron a vir outro tipo de trigos, empezáronos a introducir e repartir entre os agricultores. A 200 pesetas por ferrado cobraban e aínda que era carísimo pronto deixou de valer para sementar, se non era inmediatamente ao ano seguinte xa que logo non nacía.
+ DATOS
DATOS ESTRAIDOS DE CONSULTAS A AGRICULTORES
- 70 FERRADOS DE GRAN de CEBADA
- 30 FERRADOS GRAN de TRIGO
- 200 FERRADOS GRAN de MILLO
- 200 FERRADOS DE GRAN de PAN (Centeo)