Que facer en xaneiro?
Na lúa menguante do mes de xaneiro sementaranse os allos, os chícharos e os tirabeques.
Transplantaranse os repolos ás leiras.
Que facer en febreiro?
Neste curto mes do ano son varias as tarefas a realizar nas hortas.
A primeiros de mes prepáranse os sementeiros, abónase e cávase a terra.
O motocultor facilita este labor na actualidade.
Os parrales e cepas de viñedos tamén son podados nun día calquera ou a finais do mes anterior e tamén é bo momento de plantar novos.
En localidades onde as xeadas son excasas tamén se sementan as patacas de cedo.
A finais de mes xa case podemos gozar dos grelos dos nabos, e en colleitas tardías de nabizas, que se recollen para conservar e comer durante os meses vindeiros.
É tempo de facer os sementeiros de todas as clases de verduras (cenorias, allos porros, apios, tomates, pementos, etc. etc.).
ASOMA A PRIMAVERA
En Galicia hai unha gran tradición de inxertar bravos no monte ou de traer o bravo para a horta e unha vez ben preso ao ano seguinte inxertalo.
As Camelias están en flor, son as nosas rosas do inverno.