venta vides Feira

Que facer en xaneiro?

Na lúa menguante do mes de xaneiro sementaranse os allos, os chícharos e os tirabeques.
Transplantaranse os repolos ás leiras.

 

Que facer en febreiro?

Neste curto mes do ano son varias as tarefas a realizar nas hortas.
A primeiros de mes prepáranse os sementeiros, abónase e cávase a terra.

O motocultor facilita este labor na actualidade.

Os parrales e cepas de viñedos tamén son podados nun día calquera ou a finais do mes anterior e tamén é bo momento de plantar novos.

En localidades onde as xeadas son excasas tamén se sementan as patacas de cedo.

A finais de mes xa case podemos gozar dos grelos dos nabos, e en colleitas tardías de nabizas, que se recollen para conservar e comer durante os meses vindeiros.
É tempo de facer os sementeiros de todas as clases de verduras (cenorias, allos porros, apios, tomates, pementos, etc. etc.). 

nenas xogando coas mimosas

ASOMA A PRIMAVERA

A finais de febreiro agroman as mimosas, ainda que invasoras, fan a ledicia d@s máis cativas.
En febreiro as ameixeiras están en flor  pero hai moitos frutais que se podan e se inxertan neste mes. Mazairas, cerdeiras, pereiras. 
En Galicia hai unha gran tradición de inxertar  bravos no monte ou de traer o bravo para a horta e unha vez ben preso ao ano seguinte inxertalo.

As Camelias están en flor, son as nosas rosas do inverno.

Camelia en Flor

libros

 

A CORDA DA SANTA COMPAÑA
INSTITUTO GALEGO DE ESTADISTICA