Sementa de cebolas e dos repolos que trasplantarás en marzo.
Este mes é o da vendima, e tamén se recollen as patacas das leiras.
É un mes moi laborioso no campo en xeral.
As mazorcas do millo déixanse secar ao sol, as cabazas están no seu esplendor, aínda hai pementos, tomates e cabaciñas.
Arrincamos a remolacha de mesa e as cenorias para evitar que os roedores nos deixen sen nada.
É tempo de facer as conservas de tomate, remolacha, pementos e marmeladas.
É o mes dos figos.
Neste mes recolleranse os últimos tomates.
O entretemento continuo que aquí as persoas maiores teñen parece que as fai máis lonxevas. Polo xeral non abandonan as súas casas ata a morte e seguen traballando na súa media contorna natural mentres teñen saúde. Colaboran cos máis novos facendo tarefas ata que necesitan ser atendidos. O problema xorde cando non hai mozos que os coiden nin que traballen as terras xa que en moitos casos xa non saben como facelo.
Todos os fillos marcharon e enviudaron. Aquí é onde xurde a necesidade da residencia, abundantes nos nosos outeiros. Mentres eles chegan alí unha casa péchase nunha aldea, nun pobo ou unha vila, quedando todo un pouco máis abandoado.
libros

 

A CORDA DA SANTA COMPAÑA
INSTITUTO GALEGO DE ESTADISTICA