O LANDRO

Nace na Serra do Xistral (Muras-Lugo). A súa desembocadura está entre a praia de Area e o porto de Celeiro, na Ría de Viveiro, no Cantábrico. O seu percorrido é de 31 km.

Afluentes: Xanceda, Besteburiz, Balsadas, Grandal, Loureiro e arroio de Bravos.

Especies: Salmón, Reo, Troita, Troita Arco Iris, Anguía e Solla. O Landro, en Chavín, cruza o Souto dá Retorta, onde están os eucaliptos quizais máis vellos de Galicia, aínda que non son os traídos por Frei Rosendo Salvado.

O Naseiro é unha das romarías máis tradicionais do norte. A Ponte de Landrove é do século XV e formaba parte do Camiño Real de Vilalba a Viveiro. O Landro nace onde os cabalos salvaxes son libres e só perden a súa liberdade para ser marcados nas tradicionais Rapas dás Bestas, e aquí mesmo tamén nacen os ríos Eume, Masma, Ouro e algúns afluentes do Miño. Chega suave a unha ría recollida, a de Viveiro, ao amparo do Monte San Roque, dende onde temos unha grandiosa panorámica. 

Outono en Galiza

libros
A CORDA DA SANTA COMPAÑA
INSTITUTO GALEGO DE ESTADISTICA

Libros Peruchela Edicións

Hasta que llegué al silencio2021| Poesía| Mayte Rguez

Elpis na Lareira 2021| Poesía| Parada Jato

How to be a Big Influencer2021| Ensaio| Gerardo Pochintesta

De Vida Morte Amor e Indiferenza2020 | Poesía| Lin San Mar

A Vida nas Botas2020 | Poesía| Antón Valcarce

Estamos de Conto2020 | Contos| Pili Sánchez

Náiades2020 | Poesía| Suso Parada Jato