O MASMA
Nace na Serra do Xistral (Abadín-Lugo) a 900 m de altitude, chamándose Río Pedrido ata a confluencia co Valiñadares, onde xa toma o definitivo de Masma. Desemboca na Ría de Foz, no Cantábrico, despois de percorrer 46 km. Río Barxa e Rodríguez Lestegás, no seu libro os ríos galegos refiren a súa característica “ meandrizante- tortuoso”.
Afluentes: Valiñadares (co Cesuras), Figueiras, Couboeira, Oirán e Batán (co Vaos).
Especies: Salmón, Reo, Troita, Lamprea, Troita Arco Iris, Anguía e Solla.
Conta a lenda que, ante a chegada dunha armada sarracena ou normanda a esta ría, San Gonzalo arrodillábase para rezar un Avemaría e cada vez que o facía afundía unha nave. Deixou escapar algunha que outra para que contasen o milagre…
Das Terras do Masma, Mondoñedo é referencia obrigada, entre outras, como lugar de nacemento do xenial Álvaro Cunqueiro.