- Categoría pai: Eventos
Festa do Caldo de ósos en TABOADA
Exaltación da Gastronomía Popular
Taboada Presume de Prato Tradicional
22 E 23 DE FEBREIRO DE 2020 XXIX FESTA
Unha de cada cinco galegos e galegas está en situación
...Novo récord de hospitalizacións, 1.201 pacientes, dos
...Taboada Presume de Prato Tradicional
22 E 23 DE FEBREIRO DE 2020 XXIX FESTA
As Pontes e Trazo son dúas localidades galegas onde celebran festas gastronómicas da exaltación do grelo.
Unha tradición poderiamos decir milenaria a do tempo dos grelos en Galicia.
Unha das verduras máis famosas da dieta cantábrica, producida por pequenos agricultores, recollidas con mimo e producidas coa permisión do bó tempo.
Unha colleita deles é imprescindible para calquer casa do rural. Fan moito arranxo. Coas patacas son o acompañamento idóneo para calquer parte dó porco.
O seu cultivo e comercialización depende dun agricultor avanzado e senón eí están os grandes centros comerciais con ou sen marca que os venden sí ou sí. O importante é que o cauce da legalidade transcurra na transacción.
A eliminacións de intermediarios favorece que chegue aos consumidores a bon prezo. A recoleción puntual mimosa e dedicada que requiren convírtenos nunha das verduras máis apreciadas polos galegos aos que nos garante unha sana alimentación
E así acontece cun montón de produtos cultivados de maneira tradicional e con toda a naturalidade e respecto co entorno.
Si che regalan grelos, tes que ter en conta todo o proceso que hai detrás e se os tes que mercar, pois tamén.
Con la cara cubierta de hollín, unos enormes cuernos sobre la cabeza y una dentadura tallada de patata, los diablos de Luzón bajan a golpe de cencerro por los caminos que llevan al pueblo. Allí atormentarán a quienes osen cruzarse con ellos.
Un Carnaval para Visitar!!!
A danza ancestral conta con 340 anos ininterrompidos de vida e ten lugar cada 20 de xaneiro en Aldán, coincidindo coa festividade de San Sebastián. Está declarada como Interese Turístico Galego.
Foto: Web do Concello de Cangas
A feira do viño de CHANTADA é unha das máis multitudinarias de todalas que celebran na Denominación de Orixe RIBEIRA SACRA.
As ribeiras onde se cultivan os viñedos, o mosteiro de Santo Estevo e o salto de Belesar, que están moi preto da vila de Chantada, son un reclamo turístico ineludible.
http://www.concellodechantada.org/spa/cultura_festas_vinho.htm
Consello Regulador D.O.P. Arzúa-Ulloa: | 981 507 653
O queixo, foi recoñecido en 1995 como Denominación de Orixe Protexida, para aqueles producidos segundo un determinado método e orixinarios (leite e produción) nos concellos da Área xeográfica da D.O.P. Arzúa-Ulloa: Arzúa, Boimorto,Curtis, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro, Vedra e Vilasantar (na provincia da Coruña); Antas de Ulla, Carballedo, Chantada, Friol, Guntín, Monterroso, Palas de Rei, Portomarín e Taboada (na provincia de Lugo) e Agolada, A Estrada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces (na provincia de Pontevedra).
Na localidade de Vilanova de Arousa celébrase anualmente un evento que constitue o punto e final do antroido nesta localidade .
O enterro do Momo, consiste nun desfile onde participan elaboradas carrozas acompañando á do Momo, á Sardiña grande e a Raiña do Entroido.
A tradición fai que sexa de obrigrado secretismo a identidade do Momo ata o momento do inicio do desfile que terá lugar polas rúas do municipio.
Ao finalizar o acto queimase o Momo e a festa continúa.
Más información
Tfno. Concello: 986 554 082
Na parroquia de Lestedo, no municipio de Boqueixón nace en 1984 este evento dada a costume dos veciños da comarca de facer filloas no domingo de Piñata.
Milleiros de persoas veñen a esta localidade a degustar este produto preparado de moitos xeitos, acompañandoas do bon viño e augardente da comarca.
Este evento combínase con unha parranda de Entroido onde o público asistente pode deleitarse có tradicional alto dos Xenerais da Ulla, que tamén desfilan xa pola mañán, minutos antes do inicio da degustación.
Máis información
Tfno. Concello: 981 513 061
O AMOR é importantísimo. É a forza máis poderosa do universo e a única capaz de acabar co mal. Para que exista tés que crer nel.
Decidir ser bos, honestos e honrados é acertado, decidir o contrario é ser escoria. Lamentablemente hai unha gran maioría que nin cree no amor nin lle importa mancar aos demais cos seus feitos. Todo o contrario ao amor é odio, desprezo, envexa, maldade
Soamente o amor é capaz de transformar o mundo, e soamente coa sua forza se poden solventar os problemas co atinxen.
«Prefiero haber olido una vez su cabello, un beso de sus labios, una caricia de su mano, que toda una eternidad sin ella».
«El amor verdadero y real es la expresión de una necesidad mutua e igualmente sentida. Sólo existe entre iguales. »
El amor es la alegría de los buenos, la reflexión de los sabios, el asombro de los incrédulos.
Amar a alguien es decirle: tú no morirás jamás
El amor es la última filosofía de la tierra y del cielo
El amor es una bellísima flor, pero hay que tener el coraje de ir a recogerla al borde de un precipicio.
Sustituir el amor propio con el amor de los demás, es cambiar un insufrible tirano por un buen amigo
«La medida del amor es amar sin medida . »
Mientras la rosa se desvanece, una semilla se está formando. Es la manera en que la sabia naturaleza alienta el cambio.
La esencia de la humanidad se compone de solidaridad social y de libertad.
El amor no es sólo un sentimiento. Es también un arte .
El amor como principio, el orden como base, el progreso como fin.
El verdadero amor no se conoce por lo que exige, sino por lo que ofrece.
Naturaleza: Ser universal, material, real, absoluto, único y supremo.
Un recuerdo es una fotografía tomada por el corazón para convertir un momento especial en algo inolvidable.
Hazte a ti mism@ tan fuerte que nadie pueda herirte, tan grande que todos quieran alcanzarte, y tan humilde que todos quieran imitarte."
El primer amor, por amor; el segundo, por despecho; el tercero, por costumbre
Cuanto más amamos a alguien menos conviene halagarle
SAN VALENTIN 14 DE FEBREIRO DIA DOS NAMORADOS
Valoración: 5 / 5
O calendario festivo do nadal está cheo de ofertas culturais. Teatro, exposicións, concursos de beléns e como non, concertos.
Todo apunta a que foi no século IV cando se proclamou o 25 de nadal como data do nacemento de Xesús.
Cando os cantos litúrxicos dos mosteiros da Idade Media se popularizaron deron orixe aos villancicos.
Non foi ata o século XIII cando comezou a tradición do pesebre, e foi con Francisco de Asis.
Ata o século XV non se introduciu a primeira árbore decorada con estrelas e candeas.
Sinterklaas é un persoaxe surxido do lenxendario Nicolás de Bari cuxa figura da nome ao mito de Santa klaus.
A tradición de Sinterklaas foi levada a Nueva Ámsterdam, nome da actual ciudade de Nueva York e antiga colonia holandesa onde co paso do tempo foi adaptándose e mudando ata o que hoxe coñecemos como Papá Noel.
Os Reies Magos son todo un mito. Xa se fala deles no evanxelio de San Mateo, no primero século da nosa Era.
En España instaurouse a primeira Cabalgata de Reies na localidade alicantina de Alcoy, no ano 1866 conventendo a noite anterior á Epifanía nunha imitación do que se facía noutros países en homenaxe a San Nicolás. A partires deiquí extendeuse ao resto do país e alén dos mares, a outros paises de cultura hispana.
Tradicionalmente dende fai case oitenta anos celébrase en Viena o concerto de Ano Novo. Sen dúbida é o máis destacado de todos os que se celebran nestas datas.
En cada vila, en cada cidade pequenos e grandes concertos enchen de son e fan ambiente navideño.
O seguinte é un pequeno resumo de momentos do Nadal 2016 - 2017 celebrado o día 21 venres, no Conservatorio Municipal Mestre Ibañez de Monforte de Lemos. A artigos anteriores podes acceder a eles dende aquí 2015 .
As datas de Nadal son festas para estar en familia e cando a vida fai que te atopes solo por calquera motivo unha profunda tristura inundache o corazón.
Moita xente empeza a aburrir tamén tanta propaganda de consumismo nestas datas, xa que dalgún xeito contribuen a desvirtualizar o verdadeiro espirito navideño.
O Natal tamen son datas de lembrarse dos máis necesitados e de ser boas e solidarias persoas.
WebGrafía
http://www.holandalatina.com/sinterklaas.htm
http://www.expansion.com/fueradeserie/cultura/2017/12
Citar a Google como motor de Pesquisas e a Wiki como proveedor de información
No ano 1974 declarouse festa local oficial o 1 de marzo en Baiona pero non é ata 1996 cando se comezou a celebrar a Festa da Arribada festexada dende entón a semana seguinte á do 1 de marzo. Doce disparos feitos dende a fortaleza de Monterrei anuncian o comezo da celebración.
O importante acontecemento que eiqui aconteceu foi o da chegada as costas de Baiona da carabela Pinta comandada por Martín Alonso Pinzón e pilotada por Diego Sarmiento o día 1 de marzo de 1493 chea de ouro, millo e lluca traendo a súa vez a nova da existenza das indias occidentais, converténdose deste xeito no primeiro lugar de Europa no que se tivo coñecemento do novo descubrimento.
O programa que para conmemorar a data e de sobrado amplo. É cotidián a representación cun teatro da chegada de Pinzón a praia da Ribeira. Hai exhibicións de aves de presa no atrio de Santa Liberata, torneo a cabalo pola desputa dunha fermosa doncela na praia da Arribada e ata competición de tiro con arco.
O Mercado sito no casco antigo da vila fórmase con máis de catrocentos postos, na maioría de alimentos, sendo un dos reclamos turísticos da festa xunto cós "ñoclos de Pinzón" recuperados por Rosa Cristaleiro que rememoran a lenda que di que Pinzón logo de ser agasallado con eles a súa chegada, e abraiado das súas propiedades menciñaes levou para Palos onde se atoparía con Colón varias cestas del tras consideralo eximio para o corpo e excelso para a ialma. Reza a lenda que foran feitos por Xeila unha fermosa doncela que amansaba con eles a ira do correxidor de Baiona por aquel entón Paio Veloso.
Aventuras de mariñeiros, xograres, contacontos, trobadores e cortesáns tocando zanfonas inundan as rúas da cidade.
https://www.facebook.com/Arribada-Baiona-52753993843/
"Corría o ano 1968 cando os rexidores dos 6 municipios que integran a comarca do Deza (Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada e Dozón) se reuniron baixo o lema “Unidos por el mismo afán” para artellar unha estratexia de difusión e comercialización dos produtos vencellados coa gastronomía típica da comarca.
Un daqueles 6 concellos -concretamente o Concello de Lalín- decidiu levar á práctica as ideas xurdidas naquel encontro mediante a creación da Feira do Cocido, un evento que se celebrou por primeira vez en 1969 para exaltar o prato máis tradicional e senlleiro da cociña galega, O COCIDO. Dende aquela, a feira non parou de medrar e medrar ata converterse en todo un referente gastronómico galego e unha cita ineludible como prólogo do Entroido. Lembremos que a Feira do Cocido de Lalín celébrase sempre o domingo anterior ao domingo de Entroido".
Fonte: Web da feira
http://feiradococido.lalin.gal/
https://gl-es.facebook.com/feiradococidodelalin
Cada 19 de xaneiro véspera do San Sebastián, ás sete da tarde os veciños das 16 Parroquias coas 86 aldeas que conforman o territorio de Castro Caldelas acollen a festa dos "FACHOS".
Esta celebración pérdese no tempo e a súa orixe pódese remontar á costume herdada dos seus máis remotos antepasados castrexos.
Outros vinculan a orixe á lenda de cando San Sebastián ser perdeu no territorio e tiveron que saír a buscalo de noite.
Os veciños diríxense o Castelo, portando os fachóns acendidos que logo deixan diante da igrexa formando unha gran fogueira.
As estreitas rúas que chegan ata él están compostas por casas que seguen mantendo o estilo arquitectónico tradicional ata nas novas vivendas, asentadas sobre as penas.
O redor desa gran fogata, diante da igrexa dos Remedios, todo os participantes e asistentes comen chourizo da terra con viño da súa Ribeira Sacra, a Bica Mantecada , doce típico do lugar, acompañada polo exquisito licor café que tamén se elabora aquí.
Os fachóns de palla para os portadores individuais teñen entre un e dous metros de lonxitude, pero o protagonista é o gran fachón, cabeza do grupo que no 2001 chegou a superar os 48 metros e que máis de 20 homes se encargan de levar sobre as forquitas.
Como nas últimas décadas xa non se se sementa practicamente cereal, non se malla, e moito menos a man; o concello solucionou o problema comprándollelo palleiro a un particular que continuaba coa tradición. Grazas a esta festa o centeo séguese a sementar, xusto cando esta tradición agrícola estaba a piques de desaparecer.
O pasado medieval reflíctese por todo o territorio desta comarca con numerosas ermitas e mosteiros como San Paio e Santa Tegra da Abeleda, que unha vez estando aquí non se poden deixar sen visitar.
Edición 2018
https://www.elprogreso.es/articulo/comarcas/butelo-ganalle-pulso-ao-frio/201802041854231293652.html