8 de marzo día da muller

O SIL

Nace en León. Entra en Galicia por Carballeda de Valdeorras (Ourense). Desemboca no Miño, nos Peares, despois de 123 km.

Afluentes principais: Casoio, Bibei, Soldón, Quiroga, Lor e Cabe.

Especie principal: Troita, Boga, Cacho, Reñosa, Gobio e Black- Bass.

Datos de interese: Os canóns do Sil e a Ruta dos catamaráns. A Ribeira Sacra é o lugar onde máis Mosteiros hai por km2 de toda Europa; José María Castroviejo definiuna como unha “ rumorosa colmea rezadora”.

O Parque Natural do Invernadoiro en Vilariño de Conso. As augas do Sil bañan as terras que producen o excelente e recoñecido viño autóctono Mencía (o Amandi tamén é Mencía e a súa produción sitúase nunha ladeira de Sober.

Fai millóns de anos, unha caprichosa falla tectónica formou o que hoxe coñecemos como Os Canóns do Sil. A Xunta de Galicia catalogouno como Espazo Natural.

O Mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil, séculos atrás, era o centro da vida monástica.

Outra verdadeira marabilla é o Mosteiro de San Pedro de Rocas.

Esta zona é unha das de maior produción hidroeléctrica de toda a Península Ibérica. Os encoros de Pumares, Casoio, San Martín, Montefurado, Guístolas, Prada, Sequeiros, San Estevo, Pombeiro, Camba, San Sebastián, Vao e Chandrexa son algúns deles.

A explotación aurífera das súas canles ocupou aos romanos.

O Canón do Sil ten unha profundidade máxima de 104 m, mide 47 km, o ancho máximo é de 70 m e as súas paredes levántanse 300 m por encima do nivel da auga. Para as viaxes en catamarán ten varios embarcadoiros (A Rasa e A Abeleda) e varias rutas fluviais.

A CORDA DA SANTA COMPAÑA
INSTITUTO GALEGO DE ESTADISTICA

Libros Peruchela Edicións

De Vida Morte Amor e Indiferenza2020 | Poesía| Lin San Mar

A Vida nas Botas2020 | Poesía| Antón Valcarce

Estamos de Conto2020 | Contos| Pili Sánchez

Náiades2020 | Poesía| Suso Parada Jato

PROXECTO TERRA - MAPAS

PROXECTO TERRA

 

Información a navegantes

Estamos actualizando nuestra plantilla por lo que puede haber contenido que no se visualice correctamente, agradecemos vuestra compresión. 

Nós Diario :: Últimas novas

Nós Diario - Xornal de intereses galegos Nós Diario :: Últimas novas