Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información
Slide background
Slide background
Slide background

Tradicións

Feira do Viño de AMANDI 2016

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
 

 

Os herdeiros da adega Proencia, inauguran  esta feira do viño 2016, o sábado  na lembranza do seu fundador, D. Tomás Arias Vázquez

 

O domingo de Ramos no Concello de Sober a pregoeira oficial do evento deste ano, Silvia Jato Presentadora de TV, entre outras facetas,  recolleu  o tradicional agasallo de  Olería de Gundivós que se aprecia na imaxe superior por parte do Concello.

Este ano como concello convidado estivo o de Parada do Sil que ten multitude de vínculos históricos có de Sober. No outro lado do Sil, os cañons, o mosteiro de Santa Cristina, a pasarela do río Mao, os balcóns de Madrid ou a necróples de San Víctor  son algunhas das cousas polas que no ano 2015 fose declarado concello de interese turístico.

 

 

  

 

As 23 adegas participantes desta XXXVI edición da Feira do Viño  de Amandi presentaron o mellor da colleita do 2015, un ano excepcional para os caldos en toda Galicia.

Ainda que son moitos os amantes dos viños envellecidos o público asistente demanda o novo maioritariamente, para coñecer o paladar que se creou coa benevolencia do clima na última colleita.

Os cinco membros do xurado que compuxeron  o panel de cata tiveron moi complicado a elección, escoller tres de vintetres non resulta unha laboura sinxela nin para o xefe da sección de Enoloxía da Estacion de Viticultura e Enoloxia de Galicia, nin para membros da asociación de sumilleres de Gallaecia ou de comités de Denominacións de Orixe, e moito mais complicado de elexir se o que ten que facelo é avogado ou investigador do CSIF.

Ao final a decisión tíñase que tomar e neste caso os viños seleccionados foron : Peón producido en FIGUEIROÁ, Estrela producido en DOADE e  Val da Lenda do Canton de AMANDI.

 

Centos de persoas asistiron ao pregón da guapísima Silvia Jato, unha gran  profesional que resaltou o mellor destes caldos, ás súas xentes, as que o traballan e producen para deleite dos paladares máis sofisticados.

A Banda de Sober, o público asistente , moitos cós ramos ainda na man, o medios gráficos de comunicación, os políticos, os artistas e artesans, isto e moito máis.. o pulpo e postos comúns de feiras, facendo todo isto unha mistura multicultural con relacións públicas rica en variedade de clases e tipos compartindo todos xuntos, nunha gran xornada de lecer.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Máis Info, outras edicións.

http://aldeasgallegas.com/sober.html

http://aldeasgallegas.com/sober2014.html

http://aldeasgallegas.com/sober2015.html

http://aldeasgallegas.com/cataoficial.html

http://aldeasgallegas.com/SoberSelfie.html

 

 

 

imprimir Correo electrónico

Slide background
Slide background
A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.