Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información
Slide background
Slide background

Lendas

Apañando á morte na Sega

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

Eramos moitos na aldea e  tiñamos pouco que comer porque había que repartirnos o que produciamos e  vender os excedentes das colleitas para poder mercar outras cousas.

Non había moitas maneiras de conseguir cartiños e unha das poucas era indo á sega, cada ano a Castela.

Se tiñas con qué collías o tren e senón  ías a  pé.

Alí nos xuntábamos cuadrillas de homes de todas as aldeas do redor. Todos nos coñecíamos e tiñamos caralladas entre nós para facer o tempo e o traballo máis levadeiro.

En cada aldea había  varias brigadas capitaneadas polo máis capaz, o Tiro da Brigada como lle chamaban. Se non lles seguías o paso non valías para ir.

O meu amigo Xosé María, tiña 21 anos cando o asesinaron.

Eu estaba alí, foi o da casa do Cabazo de Eiralbe. Colleu o fouciño que tiñamos todos postos alí na viga e dirixiuse cara él.

Segouno a metada. Aínda recordo como morreu.

Xosé María era fillo único, cando súa nai Micaela soubo da súa morte case tolea. Seu pai Camilo foi a castela cobrar os xornais que traballara, pero nunca o puido traer. Daquela, non había medios e se morrias lexos da terriña, alí quedabas.

E alí quedou él. Meu amigo, meu compañeiro. Sempre o teño no pensamento. As súas bromas volvéronse en contra del.

O do Cabazo tiña un carbunco na espada e Xosé María dáballe có callado e o do Cabazo ergueuse e matouno, así foi.

Aquel día aprendín que non se deben facer bromas gratuitamente, pódenche custar a vida, como lle custou  él, aquel ano do 27.

O do Cabazo era un asasino con sorte. Librou da súa morte porque rematou a ditadura e entrou a 1ª República e foi absnistiado, pero levabao no sangue, pouco tardou volver a matar . 

Daquela cedíanse as parellas nos bailes llel non  llela quixeron  ceder,  sacando de pistola rematou dun par de tiros ao osado que lle denegara a ocasión. 

Volveron a metelo preso pero ao estallar a guerra volveu saír libre.

Xosé María non foi o único que non voltou para casa da Sega, coma él foron moitos outros os que querendo non poideron.

imprimir Correo electrónico

Á sega a Castela, imos Serafín.

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

Con catorce anos Xesús e Serafín marcharon á sega a Castela.
Como non tiñan para o billete do tren metéronse de polizóns. O revisor pedíullelo  e ao dicirlle que non o tiñan deulles unha oportunidade e díxolles:
- Mirade a ver se algún dos que van no tren vos presta o cartos senón teredes que baixar.
O revisor non veu  ata  chegar a Palencia, e aquí tiveron que apearse.
O seu destino era Venta de Baños e para chegar decidiron  coller outro tren ata o lugar con tal mala sorte que Serafín marchou nun tren e Xesús non conseguiu subir. Non sabía que facer, decidiu esperar na estación, sabía que Serafín tiña que volver. Foron tres largos días pero ao final volveu, e alí estaba él, esperando.
Como non tiñan ni un céntimo  tiveron que andar a pedir polas casas un anaco de pan  para comer, bebendo auga  das fontes e durmindo  nos bancos da estación.
Cando por fin chegaron ao destino aínda non era o tempo da Sega e  o dono dunha cantina tanta pena lles deu que lles dixo...
-Comede todo o que necesites, cando consigades traballo xa me pagaredes .
Comían unha lata de sardiñas entre os dúos,  o  cantineiro dicíalles porque non comían mais e  eles replicábanlle que xa comeran de abondo. Non sabían como ían a conseguir os cartos para lle pagar e non querían abusar da boa Fe  do cantineiro.
 Durante varios  dias andiveron así ata cun home dos que xogaban as cartas na cantina,  sabendo da súa situación preguntoulles se sabían algo de viño ao que eles asentiron, dicindo que eran de terra de viñas, sabido isto  ofertoulles traballo  nos seus viñedos mentres non era o tempo da sega,  percibindo  por elo uns bos cartiños.
Cruzaron montes e alí chegaron. O patrón encargoulles apartar os coios e cavar  e ofreceulles para durmir
a  caseta. Os primeiros días non se atrevían nin a descansar nas sestas, sospeitando tal vez que o dono o vixiaba. 
Nun regato  pescaron cangrexos de rio que levaban a vender ao pobo para logo mercar algo para comer pero cando chegaban con eles xa estaban mortos. Unha boa señora díxolles como tiñan que facer para que chegasen vivos.
-Rapaces  poñede unhas espadanas no balde.
Có que lles daban polos cangrexos  comían pan e chocolate a fartar.
Cando estivo  o cereal listo para a sega,  cobraron a cava das viñas  e  marcharon para alá agradecidos de todos os que lle axudaran.
Serafín e Xesús eran moi novos  e ignorantes e ao principio  axustaban moi mal a sega das leiras,  pensando que lles ía levar dos dias leváballes cinco.  Foron cincuenta días inesquecibles pero ao final mercaron o billete de regreso a casa e o chegar orgullosos entregáronlle a paga os pais.

 

 

 

----------------------------------------------------------------------------------------------------

 

Xesús e Serafín na súa última xuntaza

DEP Sempre vos recordaremos

 

 

 

imprimir Correo electrónico

Slide background
Slide background
A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.