Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información

Así funciona esta Plataforma de Contenido y Enlace

Sobre a Web Aldeas e Vilas Galegas

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

Esta páxina empézase a conformar no nadal do ano 2004, cando recentemente retornada da cidade, a que marchará a autora catorce anos antes, decide comezar a recoller información tradicional  das costumes  rurais galegas.

Pero non nace como aldeasgallegas ata o ano  2008 . A súa programación inicial en html  desenvolveuse ata 2015 cando a mesma autora decidiu migrala ao dominio aldeasgalegas e eí implementar xa unha base de datos cun xestor de contidos. Os continuos avances da informática e as aplicacións Web, fan que  a apariencia mude debido a incompatiblidade de modulos coas novas versións de PHP , Bases de Datos e Xestores.

Supón un gran esforzo para a autora quen sen o apoio económico de ningún tipo de organismo realiza as actualizacións e mantementos tanto informáticos como gráficos e textuais.

Moitas destas persoas coñecen o funcionamento da páxina por ser visitantes habituais e xa coñecen  á dinámica, pero si és un novo visitante   tes que ter en conta algúns detalles do funcionamento. 

As públicas de eventos que figuran na páxina principal son cíclicas e anuais. Como non todos os eventos teñen unha data fixa de celebración, non figura  no título a menos que  a data sexa sempre un día determinado.

O menú superior  leva ás tradicións das aldeas, unha parte moi importante desta plataforma, á concellos galegos que ten un enlace directo á páxina Web oficial de cada un dos concellos de Galicia, a autora considera que as páxinas Oficiais dos Concellos Galegos, realizadas con fondos Públicos representan  mellor que ningunha outra as características de cada un deles resaltando o seu patrimonio.,  tamén un enlace a aldeas galegas que leva  a un pequeno resumo dun puñado de  aldeas na que varios autores   adican unha  pequena introdución e fotos ou a enlaces de páxinas Web de terceiros . Por último a sección máis nova é a dos ríos de Galicia onde figuran cós seus afluentes  que pertence a unha nova categoría que é Paisaxes de Galicia.

O obxectivo principal da autora desta Web e o de por a dispor dos internautas, nun só portal,  páxinas relacionadas con Galicia, eventos realizados e a evolución das tradicións, desde un punto de vista persoal e rural. A preocupación polo futuro das xentes que habiten nestas terras é unha inquedanza constante no pensamento da autora. Ver esborrallarse casas e aldeas enteiras,   presenciar o exterminio de árbores senlleiras, de animais silvestres, observar o imparable abandono das terras de cultivo tan ricas como as de Galicia, onde a diferencia doutros lados a auga nace por todos lados pero non tanto como outrora, isto e moito máis fai que a autora se sinta frustrada ao non poder facer nada máis para que as políticas non exterminen a raza, a terra, a fala e a pouca FE que nos queda a algúns.

 

 

 

Tags: Peruchela, Aldeas, Sobre a Web

imprimir Correo electrónico