Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información

Gastronomía Omnívora

Dieta Cantábrica

Receitas da aldea

A comida nas matanzas

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

 

O PRIMEIRO DÍA - A MATANZA

No  mencer do día sinalado para o sacrificio do porco, no domicilio preparábase un chocolate para todos os que ían participar del. O almorzo baseábase en sopa de pita con algún oso de lacón e careta de porco desalgada, previamente dous días antes "cachola" . Logo da sopa, estes todos manxares cocidos de carnes variadas, acompañábanse dos garavanzos y do repolo que tamén son cultivados nestas terras, ao igual cás patacas cocidas "cachelos", conformando así o típico cocido galego, o fígado guisado coas carnes mortas das barbadas do marrau, "carrolas" entran dentro dos aperitivos; de segundo prato acostumábase a guisar un conexo sendo o arroz con leite o postre máis acostumado.

O carácter vinícola, os bos viños, das nosas terras eran un elemento imprescindíbel e o mellor acompañamento posible dos menús de tódolos días da matanza . Eran nestas reunións de veciños onde se cataban os diferentes quefaceres a hora da elaboración do viño, podendo ser máis ou menos críticos có prezado líquido dependendo da cantidade de casas ás que se ía axudar na festa da matanza .

A CEA DO PRIMEIRO DÍA

As mulleres andaban áxiles pra cocelo estómago do cocho sacrificado e preparalo fígado que logo servían cocido enteiro "cortábase e servíase cun pouco de aceite, sal fina é pementón doce ou picante. O estómago prepararíase como si dun polbo se tratase, acostumándose a poñer de sobremesa as "filloas", "con mel"; Recapitulemos que a estas ceas acudirían os participantes da matanza e limpeza do porco, sendo familiares na súa maioría máis o menos próximos. A media de persoas era dunhas vinte por comida. O augardente feito das uvas das nosas cepas durante centos de anos segue acompañando hoxe por hoxe os cafés destas xentes traballadoras e dispostas.

O SEGUNDO DÍA -A SALA

Coñéceselle como o día da sala porque como ben indica a palabra despézanse aos animais sacrificados o día anterior e procédese á sala das distintas partes, rabo, cacholas, lacóns, xamóns, pancetas para a súa perfecta conservación ao largo do ano..

Limitándome á comida do mediodía, no século pasado era costume preparar un arroz cós riñóns "riles" e o corazón. Deseguido unha febra e de sobremesa mazás ou uvas autóctonas.

Á hora da cea deste segundo día era a máis esperada e quizais a máis multitudinaria. Os callos eran o primeiro prato e de segundo costela asada.

Hoxe por hoxe cambiou moito esta costume, ao menos na miña casa. A comida deste segundo día consiste en Callos con todo o contido que estes teñen, costela, uñas de porco e tenreira, garavanzos, tripón, sexos machucados e o correspondente refrito, claro que estes ingredientes son a elixir á hora da elaboración e pódense incluír o excluír segundo gustos. Podo dicir que basicamente este é o menú; callos galegos e de segundo prato febras e cachos de panceta á prancha, logo doces artesáns variados, cafés e licores caseiros da zona para todos.

En moitas outras aldeas galegas , séguese convidando á cea e ás costelas asadas sobre todo porque logo desta cea do viño e dos licores quentan, e a velada invita aos asistentes á conversación ata máis tarde da media noite.

TERCEIRO DÍA - ROXOS

O terceiro día dos catro que ocupan a tradición galega da matanza do porco é o día dos chicharrós. Os roxóns non son máis que os coiros dos porcos preparados. A grasa que desprenden na súa elaboración gardarase en olas de barro u outras pra facelo xabón "de lavar a roupa", lembro que antigamente cociñábase con ela, xa que, os aceites eran caros e a accesibilidade ás tendas e produtos era máis rudimentaria. Neste terceiro día da matanza, que saiba eu, non ven invitado ningún comer, e os que estamos comemos as sobras dos días anteriores. Agora como novidade está facelos salchichóns este terceiro día, polo que as mulleres e presentes neste traballo probaran ao menos os roxóns con pan e cun vasiño de viño.

A COMIDA DO CUARTO DÍA DA MATANZA -OS CHOURIZOS

O día dos chourizos é o día no que se embucha a zorza nas tripas para logo as mulleres atalas, polo que é un día no que se necesita de bastantes persoas para axudar a realizar esta laboura. Cantas máis persoas mellor, xa que antes se rematará.

Ao mediodía si todo foi ben, acabarase de facer e colgar todo tipo de chourizos, normais, picantes, cebola eta. Si polo contrario resulta que non se terminou á hora de xantar rematarase despois.

A comida típica neste cuarto día son os osos de espiñazo e costelas adobadas có mesmo adobe da zorza, acompañados de cachelos e escarolas como segundo prato porque de primeiro prato cóntase coas sobras dos callos do día da sala ou ben cunhas empanadas de zorza.

Deseguido, o queixo, os doces, licores e cafés. Pero o que verdadeiramente conta non é o que se comeu, senón o que queda para comer o resto do ano.

 

imprimir Correo electrónico

Albóndegas con tomate

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

Ingredentes: Carne de porco e de tenreira criados en terras galegas, ovos de pitas ceibes, aceite de sementes, pan raiado, sal, allo e fariña.

Amásase, fanse bolas e frítense.

Pra facer a salsa

Tomate natural en conserva, pementos, zenorias , cebolas da colleita, herbas ao gusto, loureiro, tomiño  -fariñola como lle din os cataláns, pementa negra moída, ao gusto. Cando está a salsa a medio facer bótaselle as albóndegas pra que rematen de  cociñar

Os cachelos das leiras das aldeas, ben cocidiñas serven de guarnición. O truco para que saiban mellor é botalas a cocer na auga cando ésta xa está fervendo. Se preferimos puré cocémolas moito, escorrémolas e botámoslle manteiga de millo ou a preferida e esmagámolas cun cuberto,  logo unhas gotas de leite, sen lactosa para aqueles alérxicos, e pasámoslle algo a batidora para que quede máis fino.

As cociñas de leña, tamém chamadas económicas son un elemento necesario para miles de persoas nas aldeas, que se manteñen ao seu carón o longo dos días curtos, frios e chuviosos. Son as sustitutas das Lareiras Galegas, foron implantadas maiormente nos anos sesenta do século XX. Hoxe en día avanzaron moito. As planchas, algunhas téñenas de vitrocerámica. O importante e que aÍnda que non sexan para cociñar xa que as hai calefactoras serven igualmente para manter quentes as comidas.

Non esquecer o viño feito na aldea que podemos dicir un bó viño español e o pan artesán. que acompaña a perfección un bon xantar.

 

 

 

imprimir Correo electrónico

As herbas na cociña

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

Podemos falar do emprego común das seguintes herbas en Galicia

Laurel, Ourego,  Tomillo, Albahaca, Menta, herba Luisa, Tila, Fiollo, Romeo, Salvia, Melisa,  por citar algunhas.

Albahaca condimenta a pasta, o tomate, e verduras en xeral e  os peixes .

Laurel da bo sabor aos arroces e algunhas carnes

Ourego combina coas verduras e as carnes. Na nosa terra é moi usado xa que se emprega na elaboración do preparado dos chourizos.

Romeo para caza e carnes de todo tipo. Tamén para facer enxagues para a gorxa.

Salvia Branca, cocida xunto ao romeo e viño moi boa para infecións de boca.

imprimir Correo electrónico

Bacallau á galega

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

O bacallau está presente na cultura galega desde hai moitos séculos.

En cada tenda colgaban follas de bacallau salgado de ata oito quilos de peso, para a venda.

Era unha das principais comidas dos galegos, e máis dos do interior.

Son moitas as maneiras de comelo pero una das máis populares é sen dúbida, con patacas.

As patacas con bacallau, un prato que se repetía nos fogares galegos por coresma, séguese consumindo na actualidade pero non na medida en que se consumía fai tres décadas.

RECEITA 

-Póñense a ferver a patacas, cando xa están a cinco minutos do punto de coción engádenselle os anacos de bacalau previamente desalgado.

Cando está no punto, escórrense deixándolle un pouco de auga ao final.

Nunha tixola fritiriamos uns allos en aceite de oliva,  engadirémoslle pemento doce ou picante, ao gusto.  Hai a opción de botarlle cebola  a pochar xunto cós allos.

Mesturaremos cunha espumadeira e xa está listo para comer.

E moi importante non queimar o pementón, para evitar isto o truco e apartar a tíxola do lume e botarlle un anaco de pataca cocida  pra que baixe a temperatura.

imprimir Correo electrónico

Berenxenas recheas

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

 

 

A introdución en Galicia de cultivos doutros lugares do mundo lévase a facer dende sempre. Os romanos trouxeron as castañas a estes lares, logo de América veu o millo e as patacas. Nas nosas hortas os cultivos van mudando o tipo de viandas . Lembro que había xente na aldea que sementaba "cacahuetes", as legumes eran moi habituais, garavanzos, fabas, guisantes, lentellas e as herbas tampouco faltaban, colorante, tomiño, ourego, laureiro . Daquela todo o mundo tiña "azafrán", era o colorante pra os arroces, ourego para condimentar a zorza e laureiro pra un montón de cousas.

Os novos cultivos normalmente van en decrimento doutros. Xa non é habitual a sementar leguminosas, agás fabas, guisantes e algúns garabanzos, pero en moita menor medida. O colorante tampouco se volveu sementar, nin a manzanilla. A que se sementa non nace.

Novos cultivos e novas froitas sustituen aos anteriores. Brocolis, Coliflores, Berenxenas, son verduras recentes nas nosas terras.

Receita das Berenxenas

Unha verdura non moi sinxela de preparar ben. Eu aprendín dun gran cociñeiro en Cataluña, daquela no ano 91, era o encargado de cociñar para os enfermos da Clínica Barceloneta, na rúa Pescadors. Eu era garda de seguridade e cando me tocaba os xoves quedarme a comer disfrutaba daquel gusto, xa inesquecible, e que dende aquela quixen aprender a elaborar. Ben é verdade que teño ido a moitos sitios a comer e tenme coincidido habelas no menú e pedilas, levándome dende entón unha gran desilusión por non acadar alquel excelente sabor dunha elaboración pausada e mimada da verdura. Polo tanto e moi importante cando queremos facer berenxenas enchidas, saber que : o que nos interesa é máis a verdura en sí e non tanto o recheo,  que ese, si pode variar en función do gusto.

Ingredientes do primeiro paso: Berenxenas, Fariña e sal e aceite de xirasol.

Féndense á mitade e poñense a cocer nunha pota en auga salgada. Cando observamos que están no punto de coción apartámolas e deixámolas arrefriar un pouco ata que se nos permita apartar a carne da pel. Non é aconsellable deixala moi moi fina. Esa pel rebozámola en fariña e fretímola nunha tixola e reservamolas; esí como o contido que misturaremos coa carne ou pescado escolleito que nos apeteza.

No meu caso con carne muída de tenrreira misturada con marrau. que teremos previamente medio cociñadas noutra pota cun pouco de aceite de olivas e un dente de allo, ou dous. Tamén se lle pode engadir cebola, pemento e ata un tomate natural ou no seu defecto ao gusto do consumidor. A ise guisado pódenselle engadir tantos ingredentes como imaxines e podas dipoñer ou dispoñas. Facemos unha bechamel ao gusto máis tradicional ..Ten que ter un bó punto.

Deseguido metemos as peles das metade de berenxena nunha formiña de papel de aluminio, que enchemos có guiso anterior. Facemos unha bechamel ao gusto máis tradicional coa fariña, a manteiga e o leite. Vertémos enriba de cada unha das metades enchidas xa e na bandexa, un pouco por riba e salpicarémolas con queixo raiado. Logo metemos todo no forno a gratinar ben o queixo , ata tostalo ó gusto ou o punto.

 


 

imprimir Correo electrónico

Brazo de Xitano

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

O brazo de xitano é tan tradicional na nosa cociña como o mesmo roscón e é un doce indispensable no comedor dunha festa.

Para 9 ovos, 4 culleres de fariña, clara a punto de neve, e  o azucre nas xemas. Non leva fermento.

Unha vez cocido no seu punto nunha forma cadrada, retírase e prepárase o recheo.

Hai anos era frecuente enchelo de marmelada  de pexego ou de mazá, logo con crema pasteleira ou con flanin.

Aplícaselle fría encima do biscoito e enrólase cun trapo sen romper.

Logo adórnase por enriba.

 

 

 

imprimir Correo electrónico

Caldo Galego

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

Sen dúbida a fama dos caldos galegos e mundial.

De berzas, repolo, navizas, frexoles ou leitugas habitualmente dependendo da verdura da temporada.

Coas fabas secas, as patacas, o oso de xamón e un pouco de unto.

Maneira de facelo, a túa.

 

 

imprimir Correo electrónico

Cañas

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

Canas

 

Pra 24 cañas, 1/2 kg de masa follada,  dous paneis que deixamos desconxelar dúas horas e espolvoreamos e estiramos cun rodete maneira que saian doce tiras de uns 2 Cm.,  de cada panel. As formas de cono de inox han de estar ben untadas con margarina e empezando pola punta   envolvémolas tiras de masa previamente untadas con xema de ovo, que lle repetiremos enriba unha vez enroscadas. Póñense deseguido nunha bandexa con papel vexetal a cocer no forno pre-quentado a unha temperatura de 170º.

Pra sacalas do molde sen romper tense que facer en quente axudándonos dunha servilleta. Déixanse arrefriar

O recheo pode ser moi variado. Nata, Chocolate, ou o que se che ocorra. Neste caso a crema pasteleira empregada faise da seguinte maneira.

Pra 24 cañas, 1/2 l. de leite, do cal apartamos 1/4 que poñemos ao lume con unha barriña de canela e manteiga. Ó outro cuarto de litro mesturámoslle dous ovos, 2 culleres sopeiras de Maizena e 4 de azucre que ben remexido lle votaremos enriba do outro cuarto litro ao ferver.

Unha vez frío, dez minutos antes de comer as cañas, énchense. 

E moi importante encher só as que se van comer senón abrandan e non valen.

Pra rematar a presentación moémos azúcre có batedor pra convertelo en glass e espolvoreásmosllelo por riba.

 

imprimir Correo electrónico

Doce de Marmelo

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

 

membrillo

 

Durante moitos séculos o doce de marmelo forma parte da alimentación nas aldeas,  constituíndo un dos postres caseiros máis asequibles a calquer economía.

Din que  1.5 Kilos de azúcre por kilo de membrillo  pero outrora ao mellor habia un kilo para cada tres de membrillo.

O proceder é o seguinte xa que hai moita xente que non lle cuaxa e quédalle coma marmelada.

Logo de recolle-los membrillos ben maduriños limpámolos cun trapiño seco, e picámolos en cachiños botandoos nunha pota seca.

De seguido engandímoslle o azúcre removémolo e deixámolo tapado ata a mañá seguinte.

Ao nos erguer poñemola pota o lume e deixamos que se coza o máximo posible sen que se nos peque;

cando está case desfeito e comprobamos que logo de batido non se nos cae do pao é que xa vale.

Enchemos uns cacharros pequeneiros e deixámolo enfriar.

Hoxe hai a moda da  olla  express, e atopamos en Internet receitas para  diabéticos con edulcorantes, pero non son aconsellables.

O ideal do membrillo é que coza lentamente e se é diabético botarlle menos azúcre. 

 

imprimir Correo electrónico

Fabas Lobas

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

O da tradición das fabas lobas en Galicia remóntase a tempos inmemoriables.

Seméntase en outubro e son unha das primeiras hortalizas que se poden disfrutar ao chegar a primavera.

Noutras épocas tiña unha gran aceptación ainda que hoxe por hoxe o seu cultivo e consumo descendeu.

Se nunca as probaches é un bon momento para facelo.

Maneiras de cociñalas hai moitas pero normalmente cocidas con patacas e un bon refrito.  panceta, chourizo, pimentón, tomate, allo, cebola, zenoria.

  

 

imprimir Correo electrónico

Fréxoles

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

Con patacas novas acompañados de chourizo cocido e ovo e cun refrito de panceta da casa.

Unha comida típica que dende finais de xuño forma parte dos xantares do rural ata case outubro se é que somos espabilados e sementamos dúas veces

As razas dos fréxoles son imnumerables, altos, baixos, redondos, planos, pequenos, grandes, pintos, verdes ou amarelos. Cómense tierniños, pero hai razas que son mellores para deixar pra seco e con esas fabas logo faise caldo ou fabada.

O caldo de fréxoles faise cando xa non están tan tenros como para comer arreglados, con fabas, é típico do vran ainda que agora conservámolos nos arcóns conxeladores para facer en calquer outra época do ano.

As fabas secas gárdanse dun ano para outro pra sementar, nun bote cunha cabeza de allo, pra que non as entre o bicho "ronco". Tamén se poden meter no conxelador e ao sacar sementalas directamente, esí poden conservarse mais anos.

 

imprimir Correo electrónico

Galletas Gullón María Dorada

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

RECETA DE GALLETAS MARINA 

Traducida por Peruchela

Móllanse as galletas no leite cun chorro de coñac.

Úntanse as galletas cun recheo que pode ser de chocolate, mantequilla

(250GR) misturado con dúas iemas de ovo e tres culleres de azúcre,

bátese ben todo para logo encher con elo as galletas ou calquer outro recheo ao gusto.

Unha vez enchidas móllanse de novo no leite e rebózanse nunha mistura de fariña de coco e azúcre, e deíxanse na nevera ata o día seguinte

 

imprimir Correo electrónico

Licores de augardente

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

LICOR CAFÉ

Receta do licor Café por Alita

( Carniceria Lydia de Bóveda )

Nunha pota poñemos a ferver 3 litros de auga ou zanganilla con 4 KG de azúcre.

Cando empeza a ferver a bótanselle 4 paquetes, de 250 gramos cada un, do café mezcla que máis lle guste.

Ao romper a ferver de novo apágase e deixase enfriar.

Deseguido engadeselle á mezcla 7 litros de augardente e deixase macerar todo 15 días movendo a diario.

LICOR DE FRESAS (AMORODOS)

por Flora de casa  Gallego

En 1 l. de augardente poñer 1/2 Kg de Amorodos, 1 corteza de laranxa e outra de limón.

Deixalo macerar dunte 16 días. Pasados eses días cóase.

Noutro recipiente prepararemos un almíbar cun vaso de auga e outo de azucre.

Cando esta frío incorpórase ao licor.

Déixase unha semana e xa está listo para tomar.

LICOR DE MORAS o mesmo proceso que o licor de amorodos pero con moras.

 

Comentario: O licor de guindas e cereixas pódese facer do mesmo xeito.

imprimir Correo electrónico

Manteiga

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

mantequillacasera jpg

 LEITE MAZADO

Leite que logo de conservalo cinco días fermentaba, logo coas cuncas e os mazaricos mazábase ata separarlle o soro, apartándose a manteiga e o sobrante era o leite mazado que se acompañaba coa bola de millo.

imprimir Correo electrónico

Navicoles

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

Unha das verduras máis refinadas da nosa dieta Galaico-Cantábrica é a Navicol. Unha mesturanza de repolo con nabo, que nin é unha cousa nin outra pero que sen dúbida fará a gran solución cando a uns dos da casa non lle guste o repolo, polo tufo e outros non queiran as nabizas polo agrio.

A solución perfecta é unha verdura natural, non invasora, dificil de expandir , e de nacer, pero que cando o fai, entremesturada cós nabos é a primeira a que eu persoalmente vou atacar para facer con ela un prato ben natural.

Eses brotes mansos , cuns cachelos, todo ben cocidiño sen ningún preparado a parte que lle poida trucar o sabor, agás un cacho de pita, de porco ou tenreira pra darlle sustancia á auga, senón cun pouco de Sal é o preciso. Para rematar, cando xa está ben cocidiño, un refrito de panceta, con allos da colleita en aceite de oliva virxe, con ou sen pementón doce, ao gusto da maioría dos comensais..

Unha verdura, que dende primeiros de novembro nos acompaña ata o marzo do novo ano.

 

imprimir Correo electrónico

o Pan

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

pan

 

 

Provenintes dos nosos campos e da suor dos seus amos, cada ano eran recolleitos suficientes cereais, centeo, cebada e trigo na aldea para a elaboración de todo o pan consumido anualmente

As principais familias tiñan forno de pan na casa onde era costume cocelo dúas veces por mes. Principalmente pan de centeo, de trigo e en tempos da posguerra de cebada.

Había campesiños que mesturaban a fariña de millo coa de centeo.

Cada forno contaba cunha capacidade de media de sete "ferrados" de gran por fornada.

Os numerosos muíños de moer dos arroios e afluentes galegos, seguen funcionando nalgunhas aldeas galegas aínda con gran de trigo ou centeo cultivados nas súas terras pero é excepcional.

http://aldeasgallegas.com/pan_gallego/PAN.htm

 

imprimir Correo electrónico

Pementos Fritos

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

Outra das comidas típicas nas aldeas galegas a partires de mediados de xuño son os pementos.

Hai moita xente que cun prato de patacas cocidas e unha decea de pementos fritidos en aceite de semillas, xirasol ou oliva, desfruta tanto ou máis que cunha boa mariscada.

Os pementos de Ourense son moi apreciados entre os galegos para comer desta maneira.

Outra maneira de comelos é recheos de carne, ou pescado e cunha boa bechamel

O máis corrente é que se usen de guarnición acompañando outros pratos, inda por si mesmos xa son un xantar

 

imprimir Correo electrónico

Receitas da aldea

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

Os alimentos, tan necesarios para vivir. Unha sección nesta Plataforma Dixital das nosas costumes e tradicións á hora de comer.


Comer é unha necesidade e comer ben é unha obriga xa que temos maneira de producir alimentos de gran calidade. Dar grazas polos alimentos ao comer é un bo costume que recoñece os sacrificios e traballos feitos pra que eses manxares cheguen a nosa mesa có único fin de nos alimentar.

Xa vai unha ducia de anos me xurdiu a idea de recoller as nosas tradicións e espallalas pola rede pra ter unha posible oportunidade de perpetuidade, xa que na realidade corre grave risco de desaparición. Por iso faise necesario recopiar datos para testemuñar o presente e o tempo máis próximo ao noso paso por eiqui, esta vida.


Os alimentos producidos en terras por persoas amantes do bo comer e traballadoras non se está a distribuír na actualidade entre os comercios. As multinacionais enchen o carro da compra en cidades e vilas algo grandes. As verduras producidas con agarimo en aldeas galegas forman parte aínda hoxe nos menús da xente do rural pero nas feiras non se venden excedentes desas producións dende fai varias décadas.


Moitas veces dise, "nas cidades non saben nin o que comen".

Faise necesario unha respectabilidade á diversidade. Non teñen porque ter o mesmo calibre e a mesma aparencia os froitos como está a acontecer. A naturalidade dos vexetais e animais debe pórse garantir no tempo sen que se extinga en prol de hortalizas melloradas xeneticamente pero sen sabor, ou de animais criados nas novas ganderías industriais onde a súa vida como ser tradúcese nunha vida como produto.


O home non soamente debe comer senón que tamén ten que ser capaz de estar a altura do que se lle espera e saber comer de todo.


Nas grandes cidades as novas xeracións xa non son emigrados das vilas e aldeas senón que xa se criaron nelas, iso fai que descoñezan o trato humano-animal e baseándose en modas e informacións en contra do consumo de carnes e pescados intentan prescindir deles pensando que con iso axudan ás demais especies de animais.


Non perder a sa costume de interrelacionarse có medio que habita sendo respectable con el.


Hai que loitar e traballar para conseguir que se manteñan:

- Os sabores dos alimentos e a biodiversidade natural deles.

- As razas e especies naturais autóctonas do Planeta.

- A convivencia e permanencia dos produtos naturais, cós xenéticos, pese a estar en contra destes últimos. - ---

- A alimentación con produtos de tempada, que garante un paladar máis enriquecido xa que é, nese momento idóneo de recolección natural o que conserva un sabor máis auténtico neles.


Esta páxina recolle receitas tradicionais das aldeas, noutras épocas tan frecuentes.


A materia prima dos pratos é xerada practicamente na súa totalidade no medio rural. Tanto as hortalizas como froitas, ovos, carnes e pescados son en tódolos casos producidos por pequenos gandeiros, no caso de vacún, caprino, meriño. No porcino a ceba destes animais continúase na actualidade, así como polos e coellos. No caso dos pescados veñen de piscifactorías dos ríos do redor ou de pesca tradicional das rías galegas.

imprimir Correo electrónico

Repolo corazón de Boi

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

Nas nosas hortas cultivamos moitos tipos de repolos, case sempre se fala do de Asa de Cántaro, pero o de Corazón de Boi, ten unha boa fama, ben merecida

Dende principios de xuño e ata finais de outubro está nas nosas hortas e fai un excelente acompañamento dos cocidos

Á galega, cocido con patacas e un refrito de allo e panceta, con ou sen pementón.

No caldo galego, pois tamén en Galicia facemos caldo de repolo, inda que non sexa o habitual.

 

imprimir Correo electrónico

Roscón

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

Roscón Galego

 

Sen ningunha dúbida un das sobremesas realmente mais populares e antigas dentro da cociña tradicional galega.

Só, mollado en viño, con queixo ou marmelo,  o roscón nunca faltou nas casas en tempos de celebración.

Para unha elaboración artesanal, requírense claras de ovo elevadas ao punto de neve e as xemas mesturadas con tantas culleradas de azucre como ovos sexan.

Seguidamente unha cullerada de  fariña por casa ovo e tamén e cando levemos a metade da fariña engadiráselle 1 sobre de fermento en po.

Deixamos repousar e metemos nunha forma adecuada para o roscón o preparado.

Deixámolo no forno ó lume non superior a 150º, para que non alampe, durante o tempo preciso para a súa coción que pode ser ata 2h

 

 

imprimir Correo electrónico

Roscón de Polvoróns

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

 

Moitos non saben o que facer cós polvoróns, outros morren por eles.

Un dos doces máis típicos da cultura gastronómica española de nadal, ten unha aplicación moi boa por parte dos que non lles gustan moito e sempre lles quedan para o último.

A idea é darlle un toque  distinto e transformalo noutra cousa máis sabrosa 

Pero iso quixen constatalo facendo eu mesma na casa e seguindo os consellos de miña mai.  

Ingredentes: fariña de polvoróns, 1 iogurt  de 125gramos  e a súa medida rechea de aceite de xirasol,  1 sobre levadura, 3 ovos.

Bátese todo ben batidiño e logo ponse nunha forma axeitada para él.

Se o noso papel de forno é de cortar, fixarémonos ben en como facelo, da forma máis intelixente.

A temperatura do forno baixa e 70 minutos de coción pra acadar o  punto axeitado pra retirar.  

Cando enfría da forma, dáselle a volta e enfaríñase con azúcre muído  pra decorar.

 

  

 

 

imprimir Correo electrónico

Sopas tradicionais

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

PAPAS DE MILLO

Durante moitos anos foi o alimento básico no almorzo dos habitantes de Galicia. Para a súa elaboración ponse leite con auga e sal ao lume ata que empeza a ferver, nese momento vaise mesturando o millo moído e vaise batendo ata que se forma unha masa homoxénea, deixándoo cocer de 10 a 15 minutos.

SOPAS DE MILLO

Sen ningunha dúbida, as sopas de millo formaron parte do menú diario dos nosos campesiños.

A súa doada elaboración consistía en botar leite fervendo encima dunhas sopas de bola de millo previamente cortadas.

SOPAS DE ALLO

Unha vez que o pan de centeo estaba duro, para aproveitalo cortábase en sopas nunha cazola.  Fervíase auga cunhas areas de sal que logo se lle vótaba enrriba pra abrandar . Nunha tixola frítense os allos, logo apártanse, non mesmo aceite ou graxa frítense tamen os ovos que logo se lle votarán enriba.

SOPAS DE BURRO CANSO

Coa masa que sobraba de facela empanada logo de cocida, e mentres que esta abrandaba coas clásicas follas de berza ou trapos mollados, os homes migaban estas paletres nun cunco e botábanlle viño con azúcare.

 

imprimir Correo electrónico

Tirabeques

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

Unha das hortalizas máis finas que hai na dieta galega

A maiores é das primeiras en aparecer nos menús primaverais das aldeas e vilas galegas

Así dende finais de abril, e todo maio e xuño pódense desfrutar

Fai unha incalculable cantidade de anos que os tirabeques forman parte da alimentación dos galegos.

Como mellor saben é coas patacas novas que veñen vindo nas hortas canda eles.

Un bó refrito de panceta e allo en aceite de oliva, con ou sen pementón e tés o xantar solucionado

 



  • imprimir Correo electrónico

    A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

    .
    Aldeas Galegas e as suas tradicións
    Cultura Gallega - Tradiciones