Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información
Slide background
Slide background
Slide background

Aldeas

Vilachá de Salvadur

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

http://aldeasgallegas.com/vilacha/vilacha.htm

Txt. José Castiñeira Defente (Josín)    

     San Mamede de Vilachá , ou Vilachá de Salvadur é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo
Linda coa parroquia de Liñares ó norte; con Torbeo (Ribas de Sil) ó sur; con Augasmestas e Quintá de Lor (Quiroga) polo este e, con Rozavales e Vilamarín (Monforte de Lemos) ó oeste.
 Demografía
     Contaba con 139 habitantes no ano 1991 agrupados nas aldeas de, A Eirexa,  Vilachá, A Abelaira e Trasmonte, sendo a densidade media, para o mesmo ano, de 11,7 hab./Km².
     Na actualidade  a Parroquia conta cunha poboación moito mais baixa, arredor dunhas 40 casas habitadas de maneira permanente todo o ano, e mais ou menos con duas persoas por casa.
     Nas tempadas de Navidade, Verao ou fechas sinaladas, vese incrementado o número de veciños, por razos de que regresa xente a pasar esas datas no pobo, especialmente durante o verao, no que se pode triplicar o número de habitantes.
 Patrimonio artístico
  • Igrexa de San Mamede de Vilachá, que foi construída no s. XVIII. A fachada ten unhas escaleiras exteriores para acceder ó campanario. A sancristía está adosada ó presbiterio. Na sua man direita, mirando o Altar, ten unha nave que semella ser de fecha posterior, e que parece que foi añadida  a construcción da nave principal.
      Dita nave ten a anchura que ocupan as escaleiras que soben o campanario, e presenta unha porta lateral de acceso, independente da principal da igrexa.           
    Conta con retablos e esculturas no interior, así como imáxenes de Cristo, A Virxen María e os Santos Patrons da Parroquia, San Marcos, San Mamed, entre outras figuras.
      Ten tamén unha pía bautismal tallada en pedra.
  • Mirador sobre os canóns do Sil.
  • Adegas de Vilachá de Salvadur, que son das máis antigas da Península Ibérica.
     Teñen unha distinción por parte da Xunta de Galicia, que as cataloga como de interés turistico, así como unha especial protección de cara o seu mantemento e posibles restauracións a realizar.
      Nelas celébrase, o primeiro domingo de maio de cada ano, a Cata do Viño de Vilachá, no que se poden degustar os caldos producidos nas tres Riveiras do Cañon do rio Sil, A de Lagares, a de Val do Frade e a do Eivedo, (Ivedo). A uva cultivada é variada, tendo un protagonismo especial a denominada Mencía.
  As bodegas encontranse na zona chamada Avelaira, e dicen os do lugar, que o nome venlle dado por uns monxes, que o parecer, traían o viño das ribeiras a esas bodegas para facelo bon, e que viñan a vixilalo, (A velar), de donde pode vir o de Abelaira.
     Os monxes crese que vivian nun convento na ribeira do Val do Frade, (de ehí o nome da ribeira, Val do Frade), e que nela tiñan o convento, e nesa ribeira hai unha zona que se chama, inda a día de hoxe, “Os conventos”, sitio onde ten aparecido algunha pedra con claras características de antigas construccións de certa importancia.                                                 
  • Ten tamen a parroquia, varios muiños, de antiguedade inmemorial, todos iles de propiedade privada, no rigueiro chamado “De Trasmonte” e dos cales, desafortunadamente, so quedan as ruinas, non funcionando ningún niste intre.
 
  • Debese citar, como recordo da fauna xa extinguida pola zona, varias “Alvarizas”, construccións circulares, de pedra típica do lugar, cunha altura de algo mais dun metro, nas que antigamente colocaban os “Cortizos”, agora sutituidos polas modernas colmeas, e que tiñan a mision de impedir que os osos, que adoitaban vivir nas serras,  puidesen comer o mel que producian as abellas, mel que na actualidade ainda se sigue optendo por parte dalgún veciño pra consumo propio, pero que xa non se utilizan as alvarizas.
 Festividades
  • Festa de San Marcos, o 25 de Abril, primeira celebración do Santo Patrón do Pobo, cambiado posteriormente para festexar o San Salvador.
  • Cata do Viño, o primeiro domingo de maio.
  • Festas de San Salvador: os días 7,8 e 9 de agosto.
Lendas
     Como calquera outra parroquia que se precie en Galicia, Vilachá ten as súas lendas, das que hai que destacar dúas:
     Conta unha delas, que unha criada que servía na casa dun veciño da Airexa, ia sempre coas vacas cara a Serra da Travesa.
     Nesa serra habitaban os Mouros, ( nun “Campamento”, que inda hoxe existe e que resulta ser un antigo Castro Celta, en terreo xa de Monforte). Pois a tal criada, tiña costume de peinar unha moza Moura, de longos cabelos negros.
     Tal era o traballo que pasaba, e tan ben o facía, que un día a rapaza regaloulle un trapo, no que había algo envolto, e como única condición púxolle que non podía abrilo ata chegar a casa.
     A criada no puido aguantar sen saber que era o que había no pano, e o chegar onda a fonte da Airexa, a uns 300 metro da casa, abriu o pano, comprobando que estaba cheo de ouro, o que se coberteu en carbón o momento.
     A Moura, que a viña seguindo, emprendeuna tras dela, e se non anda tan lista, ata podería habela matado do enfadada que se puxo por romper a promesa que lle fixera na entrega do regalo.
     A criada nunca mais foi cas vacas pa serra e da moura nunca mais se soupo.
     Contra outra lenda, que na zona na que se atopa a día de hoxe o Mirador o Cañon do Sil, había unha Capela, e inda hoxe se conoce a zona como “A Capilla”.
Pois o parecer, e non hai inda moitos anos, o día antes do San Marcos, a figura diste Santo faltaba sempre da igrexa.
     Como xa era costume, xa sabía a xente do pobo onde buscalo, e sempre o atopaban nunha pequena Capilla escondida no medio do monte na zona da Capilla, recollendo e volvendo  colocar no seu sitio na igrexa, onde permanecería tranquiliño un año mais.
 

imprimir Correo electrónico

Slide background
Slide background
A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.