Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información
Slide background
Slide background
Slide background
Slide background
Slide background
Slide background

Aldeas

Santalla de Rei

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
 

Enlace a versión anterior    Enlace a fotos anteriores - Proximamente máis fotos

Non fai tanto  nas aldeas vivía moita  xente, en cada casa había entre cinco e nove irmáns que axudaban e desenvolvian a súa vida únicamente nestas parroquias, eiqui tiñan escola e as festas eran as dos redores, xa que o desprazamento nese entón era máis dificultoso.

Acudían a vender o que producían nas súas leiras a pé ou  nunha besta, ou con bois ou vacas rubias galegas, en bicicleta ou autocar ás feiras e vilas cercanas.

Todos se coñecían,  e coñecían o nome da casa a que pertencian ainda que fora de oídas.

As labouras do campo eran continuadas e inacabables, por iso moita xente marchara ao alén dos mares, facia trinta anos, a finais do 1800 e principios do 1900, e ainda que a praga de tuberculose foi forte e matou a moitos, esa xeración dos anos coarenta era un gran nímero.

Pero esta é a historia da festa da Santa Lucía, onde cada 26 de setembro, todos sabian que habia unha xuntanza neste lugar onde se ia a xantar, cear e bailar ata as catro da mañan..

Todos levaban de comer, todos bailaban, as gaitas non deixaban de soar en toda a xornada...

Pois daquel entón a Santalla  viñan dos seguintes lugares : Ribas Pequenas "seica eran moi bromistas" e tamén viñan  da Parte, de Probeiros, de Valverde, Cereixa, Fornelas, Pacios, Veiga, Eixón, Piño, Canedo, Outara, Laiosa, Guntin, Freituxe, Mosteiro, Saa.. partidas de mozos, de cada sitio trinta ou cuarenta, chegaban en burros que deixaban atados nos redores de silbas que rodeaban o lugar.

Nun carretón con dous cabalos e os seus catro fillos acostumaba a vir "O SILBA" , viaxante ben coñecido que vendía roscas e café os asistentes. Durante moito tempo acudiu as romerias de Pacios o San Froilan,de Ribas Pequenas os Remedios, de Camporrio a Parte O San Mateo....

Daquela e antes ainda non habia nin radio, non se coñecian as noticias, si habia guerra mundial ou non, eiqui non chegara ningunha información, na escola non o ensinaban eiqui souberon de guerras por implicación, tanto na civil española como na guerra en Africa do 21 que quedaran milleiros de galegos destes lares.

 

Texto Peruchela 17/09/2014 Fe de erratas. Revisado 31/05/2016

 

Santalla de Rei,
Feligresía que non figura na Guía Diocesana e que se encontra delimitada
polos termos parroquiales de Veiga  o Norte; Ferreiros e Castrosante
o Sur; e Pino e Eixón polo Oeste. No año 1991 contaba con 60 habitantes agrupados nas entidades de Reguengo e Ribeira, sendo a densidade media por entidad, para el mismo año, de 42'8 hab./Km2.

Fonte: Diputación de Lugo  

Figura nos documentos antigos como Santalla de mouro queimado, ou Santalla do rei queimado que din os do lugar. Igrexa do século XVII, de dúas naves agochase entre as casas da aldea. Retablo de 1697. Festas celébrase a Santa Lucía o penúltimo domingo de agosto.

Festas:

Celebrábase a festa o 26 de setembro, había unha gran romaría onde ían a comer os veciños das aldeas do redor en familia. Era tamén costume a actuación duns titeres e actores teatrais chamados OS BARRIGAVERDES. Decidiron cambiala de fecha porque sempre lles chovía, a finais dos anos 70, para o penúltimo fin de semana de agosto, e dende aquela non volveu haber máis merendas. O pouco de cambiala de sitio O Pardo, que é un popular veciño desta parroquia, dixo que si lles chovía tiraba cá santa o río, e pasou que ese ano queimouse todo o redor do campo e quedaron sen luz e como os xeradores aínda non fixeran a súa presencia na zona quedaron sen festa, ese ano. A continuación houbo uns anos seguidos que tiveron grandes actuación musicais, tales como Karina ou Ana Kiro. Foron unhas das festas máis grandes da contorna.

Fonte do texto: Guía do Concello Pobra do Brollon, 2000

Cabe destacar que Santalla de Rei recibe as augas do río Cabe. O muiño do Folla, foi o primeiro suministrador de corriente eléctrica para o pobo e os do redor... continuará.

 

{product 1|name|description|pricedis3|pricetax1}

 

 

imprimir Correo electrónico

Slide background
Slide background
A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.