Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información
Slide background
Slide background
Slide background
Slide background
Slide background
Slide background

Sega

A Sega da Herba e dos Cereais

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
 

Mes da sega , mes da sega.
Ti es o mes meis grande porque nos traes a SANTIAGO
á nosa virxe do CARME!!!




siega banned

 

SEITURA

Ao longo dun montóns de séculos sementáronse   cebada, centeo e trigo e despois da recollida das patacas e da vendima,  có arado, dous bois ou vacas.

 Antes de que os abonos minerais chegaran  a ser unha maneira de aboar as terras tiñan que bouzalas. Coas aixadas os  terróns  amontoábanse  para logo queimalos e esa cinsa era o mineral que había.

 Primeiro arábase có arado de ferro, cás vacas (1) para prepararala terra, logo agradábana  e arrastrábana con  carballos retorcidos .

 BRAVAN arado usado solo con dúas parellas de bois. Soamente había nas casas ricas.

Logo as mulleres sementaban e coas vacas asucábanmo. Quedando en sucos  a auga escorría mellor e o gran tiña  outra calidade. As herbas que nacían entre o pan e en xeral calquera cereal era recollida para o gando polos mais pobres da aldea quenes llelo facían de balde para ter que lles dar de comer.

A  finais de xuño ou principios de xullo segábanse a man con fouciños leiros  de cereais e os  prados con guadañas.  Pandillas de familiares  ou grupos  ían polas aldeas, cobrando por elo a quenes lles podían pagar.

Despois de segar poñíanse en mollos nas leiras facendo os medeiros, logo carretábanse cós animais, en carros ás airas  onde se facía a Meda.  

Normalmente na primeira quincena de agosto mallábase, durante moitos séculos de maneira manual cós mallos,  logo limpábase ao vento  ata que apareceron as primeiras limpadoras unha vez listo puníase en arcas de madeira de castiñeiro.

A palla e a herba almaceábase en  palleiros.  Cando  era de herba facíaselle un teito de palla para protexela da choiva.

A partir dos anos setenta coa aparición masiva de tractores no rural deixouse de usar a forza animal para recorrer a forza mecánica . Aquí marcase o inicio dunha nova época. Empezase a sementar os leiros de cereais en llano pero sen asucar debido a que as novas máquinas non permitían  regos.

 

Tamén aparece a finais desta década dos 70, nesta zona as colleitadoras que seguiron realizando a laboura da sega dos cereais ata hoxe en día.  A producción de cereais foi menguando  ano a ano a p ata deixarse practicamente de sementar.

Factores políticos precipitaron o declive da agricultura de subsistencia.

A maiores contamos cunha poboación de xabarís que se encargan de esnaquizar o que poida quedar.

Se queres ver mais fotos da representacion da malla tradicional en RUBIAN - Bóveda

 

Sementes autóctonas:             

Trigo Tremesino, mais baixo,  sembrábase en febreiro . 

Coa Cebada, alimentábase  aos animais e tamén se cocía facendo pan con ela.

Fundamentalmente era o que máis se usaba.

Para moer levábase na besta aos  muíños que tan abundantes eran na nosa terra.

Sete ferrados por Besta era a carga mais frecuente. Nun traíase o salvado e no outro a fariña. Moitos non dispoñían de Besta e tiñan que ir nas Burras, e se non tiñan burras pois non quedaba outra que meter o lombo.

O salvado dábaselle aos marraus da ceba. Con dous ferrados de fariñas facíase unha boa fornada de once ou doce bolos pra quince días, sendo sete de media.

Os muiñeiros cobraban 1 bote de grao (1kg) por ferrado.. Tiñan os muiños marcados con cuadros para a medición.

Arcas de 40 ferrados, de 60 ferrados. As cubas que non se necesitaban tamén se enchían de grao.

Sembrábano de 3 ou 4 anos e nacía igual. Nos anos noventa empezaron a vir outro tipo de trigos, empezáronos a introducir e repartir entre os agricultores.   A 200 pesetas por ferrado cobraban e ainda que era carísimo  pronto deixou  de valer para sembrar,  se non era  inmediatamente ao ano seguinte.


O millo sembrábase a finais de  abril ou principios de maio,  en xuño acochábase  e ata setembro non se collía. Poñíase en Cabos o que non collía nas arcas.  Unha laboura a esfollada do millo. Segundo  se ía necesitando íase desgrañando e usando para alimentacion de animais e persoas. A palleta aproveitábase para comer o gando e os máis pobres facían colchóns para durmir. xa que non había borra de lá suficiente para que todos fosen diso.

Facías a bola de millo, nos topes na  lareira que se comia có leite que se mazaba catro ou cinco dias.. Apartábaselle a manteca, levábase a vender ou comíase...

 


DATOS  ESTRAIDOS DE CONSULTAS A AGRICULTORES

No século XX, a colleita media por familia no rural galego,  estimada por datos de agricultores, foi a seguinte: 1 ferrado (aprox.500 m2)

200 FERRADOS DE GRAN de  PAN (Centeo), 70 FERRADOS DE GRAN CEBADA, 30 FERRADOS DE GRANO TRIGO, 200 FERRADOS DE MILLO-

As casas mais pudientes con fincas mais grandes collian ata 700 ferrados de cereais. As casas mais pobres un par de ferrados e non lles deixaban nin traballar os comúns. Os ávaros querianos todos para eles. Todo o mundo tiña media ducia de vacas e 7 ou dez ovellas tralas vacas.

Coa lá facian os calcetíns, os xerseis, as bufandas, gorros e claro non chegaba para todos porque en cada casa habia moita xente. Un  dos poucos sitios onde os xovens podían gañar cartos era nas segas de castela. Cada ano centos de rapaces ían camiñando a estas terras  onde si todo era propicio podían traer de volta ata 300 pesetas. Antes da guerra era moita riqueza.

Centos aventuras quedaron na memoria dos que xa morreron e hoxe xa son lendas.

LENDAS

Á sega a Castela, imos Serafín.

Apañando á morte na Sega

 

Nota da Autora:

Esta reportaxe está en desenvolvemento polo que a inclusión de máis fotos e datos pode facerse en calquer momento.

Gracias pola visita.

 

 

 

 

imprimir Correo electrónico

Aldeas Galegas e as suas tradicións
Cultura Gallega - Tradiciones