Inverno

Inverno

images/panoramicas/inverno1.jpg

Festa da Pisa da Castaña, en Froxán do Courel

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

A PISA DA CASTAÑA

Froxán do Caurel

 

Momentos da Pisa 2017

"Festa de caracter etnográfico e costumista onde se engade unha pinga de Gastronomía, como non podía faltar na nosa terra"

XIX  edición da Festa da Pisa da castaña seca.

Simbólico “acendido do sequeiro”  para amosar aos  visitantes como e onde se secaban as castañas,   demostración da “pisa e abandoxado da castaña”.

A pisa é o xeito tradicional mediante o cal se lle quitan as cáscaras á castaña seca a base de golpealas dentro nun saco enriba dun tallo de madeira e o abandoxado é o proceso seguinte no cal con moita maña se aparta a castaña da peluxe e das cáscaras.

 
PROGRAMA

11:00. Acendido do sequeiro e mostra do funcionamento
12:30. Demostración do Pisado e Abandoxado
13:30. Pregón a cargo 
14:00. Presentación 
14:15. Degustación do Menú 
16:00. Pisa e abandoxado onde poderá participar o público
Durante a xornada haberá música tradicional e baile con Carpa
Venda de artesanía e productos da zona
Servizo de pulpo e churrasco 

 

imprimir

Feira do Capón en Vilalba

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

Feira do Capón , decembro 2018

10:00 - 15:00 Lugar: Plaza da Constitución

Os amantes da gastronomía teñen cita anual na “ Feira do Capón en Vilalba” , en pleno corazón da Terra Chá (Lugo).
Vilalba e a comarca da Terra Chá son o centro na produción de capóns a nivel mundial.
O especial coidado na súa selección e cría provocaron que se convertese no primeiro prato de moitas familias nas celebracións de nadal.
Nesta feira iníciase, á primeira hora da mañá, a compra e venda dos capóns.
A ela acoden compradores que se desprazan desde os máis diversos puntos da xeografía galega.
O capón xa era moi famoso polo século XIII.
Ata non hai moitos anos,algúns alugueres pagábanse con capóns, mesmo hoxe en día úsanse como agasallo.
Os capóns son cebados durante un longo período de tempo de forma artesanal, isto fai que o produto teña unha excelente calidade , polo que hai exemplares que se venden a un alto prezo.
O xusto renome do capón de Villalba é debido á estimada selección e esixentes coidados ao que o someten os labregos cebadores vilabeses.
En abril seleccionan os pitos amarelos que nacen das galiñas do país e que sete meses máis tarde, en novembro, encerran nunhas gaiolas especiais de pequenas dimensións chamadas capoeiras.
 
 

imprimir

19 de xaneiro OS FACHOS, San Sebastián

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

  

Cada 19 de xaneiro véspera do San Sebastián, ás sete da tarde  os veciños das 16 Parroquias coas  86 aldeas que conforman o territorio de Castro Caldelas acollen a festa dos "FACHOS"

Esta celebración pérdese no tempo e a súa orixe  pódese remontar á costume herdada dos seus mais remotos antepasados castrexos. 

Outros vinculan  a orixe á lenda de cando San Sebastián ser perdeu no territorio e tiveron que saír a buscalo  de  noite.

Os veciños diríxense o Castelo, portando os fachóns acendidos que logo deixan diante da igrexa formando unha gran fogueira. As estreitas rúas que chegan ata el están compostas por casas que seguen mantendo o estilo arquitectónico tradicional ata nas novas vivendas,  asentadas sobre as penas.

O redor desa gran fogaza diante da igrexa dos Remedios, tódolos participantes e asistentes comen chourizo da terra con viño da súa  ribeira Sacra e a bica mantecada , típica desta zona que recibe a súa particular homenaxe polo mes de xullo  acompañada polo exquisito licor café que tamén se elabora aquí.

Os  fachóns de palla para os portadores individuais teñen entre un e dous metros de lonxitude, pero o protagonista é o gran fachón, cabeza do grupo que no 2001 chegou a superar os 48 metros e que máis de 20 homes se encargan de levar sobre as forquitas.

Como nas últimas décadas xa non se se sementa practicamente cereal,  non se malla,  e moito menos a man; o concello solucionou o problema comprándollelo palleiro a un particular que continuaba coa tradición. Grazas a esta festa o centeo séguese a sementar, xusto cando estaba  a piques de desaparecer esta tradición agrícola.

O pasado medieval reflíctese por todo o territorio  desta comarca con numerosas  ermitas e mosteiros como San Paio  e Santa Tegra da Abeleda, que unha vez estando aquí non se poden deixar sen visitar.

imprimir

Feira do Cocido en Lalín

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

Historia

"Corría o ano 1968 cando os rexidores dos 6 municipios que integran a comarca do Deza (Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada e Dozón) se reuniron baixo o lema “Unidos por el mismo afán” para artellar unha estratexia de difusión e comercialización dos produtos vencellados coa gastronomía típica da comarca.

Un daqueles 6 concellos -concretamente o Concello de Lalín- decidiu levar á práctica as ideas xurdidas naquel encontro mediante a creación da Feira do Cocido, un evento que se celebrou por primeira vez en 1969 para exaltar o prato máis tradicional e senlleiro da cociña galega, O COCIDO. Dende aquela, a feira non parou de medrar e medrar ata converterse en todo un referente gastronómico galego e unha cita ineludible como prólogo do Entroido. Lembremos que a Feira do Cocido de Lalín celébrase sempre o domingo anterior ao domingo de Entroido"

Fonte: Web da feira

http://feiradococido.lalin.gal/

https://gl-es.facebook.com/feiradococidodelalin

 

imprimir

Tempo de Entroido

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

O ENTROIDO OU ANTROIDO

 
O entroido en Galicia, unha tradición milenaria que se mantén grazas ao traballo de miles de persoas que se implican na súa realización.
As críticas ás políticas levadas a cabo co Planeta e os seus habitantes por parte duns poucos que acarraen máis mal que ben cos seus intigras e ambicións, son nestes días máis frecuentes que en calquera outra época do ano.
É o tempo da sátira. O momento de dicirlles todas as verdades que o pobo coñece.
 
Ligazón a crítica completa
 
Artigos relacionados:  Entroido en Galiza

 

 

imprimir

Festa do Momo en Vilanova de Arousa

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

FESTEXOS DO ENTROIDO

 Na localidade de Vilanova de Arousa  celébrase anualmente un evento que constitue o punto e final do antroido nesta localidade .

O enterro do Momo, consiste nun desfile onde participan elaboradas carrozas acompañando á do Momo, á Sardiña grande e a Raiña do Entroido.

A tradición fai que sexa de obrigrado secretismo a identidade do Momo ata o momento do inicio do desfile que terá lugar polas rúas do municipio.

Ao finalizar o acto queimase o Momo e a festa continúa.

Enlace a vídeo 

  

Más información

Tfno. Concello: 986 554 082

 

 

 

imprimir

Festa da Filloa de Lestedo en Boqueixón

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

Na parroquia de Lestedo, no municipio de Boqueixón nace en 1984 este evento dada a costume dos veciños da comarca de facer filloas no domingo de Piñata.

Milleiros de persoas veñen a esta localidade a degustar este produto preparado de moitos xeitos, acompañandoas do bon viño e augardente da comarca.

Este evento combínase con unha parranda de Entroido  onde o público asistente pode deleitarse có tradicional alto dos Xenerais da Ulla, que tamén desfilan xa pola mañán, minutos antes do inicio da degustación.

Máis información

Tfno. Concello: 981 513 061 

imprimir

Feiras de Exaltación do Grelo

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

OS GRELOS GALEGOS

As Pontes e Trazo  son dúas localidades galegas onde celebran as festas gastronómicas da exaltación do grelo

Unha tradición poderiamos decir milenaria a do tempo dos grelos en Galicia.

Unha das verduras máis famosas da dieta cantábrica, producida por pequenos agricultores, recollidas con mimo e producidas coa permisión do bó tempo un ano haberaos mellores que outro , pero unha colleita deles é  imprescindible para calquer casa do rural.

Fan moito arranxo. Coas patacas son o acompañamento idóneo para calquer parte dó porco. O seu cultivo, e comercialización depende dun agricultor máis avanzao. E senón ehí están os oligopolios dos grandes centros comerciais con ou sen marca que os venden sí ou sí. O importante  é que o cauce da legalidade transcurra na transacción.

A eliminacións de intermediarios favore a producción  mimosa e adicada que require para ser unha das verduras máis apreciadas dos galegos. E mellor aboar a terras con eles que non se agradeza a súa aportación para a garantir unha sana alimentación. E así sucede cun montón de productos cultivados de maneira tradicional  e con toda a naturalidade e respeto có entorno.

Si che regalan grelos, tes que ter en conta todo o proceso que hai detrás e se os tes que mercar, pois tamén.

 1 kg de grelos

http://www.turismoaspontes.com/gl/feira-do-grelo

 

 

imprimir

A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.

Destaca tu Evento o Negocio     Enxebre Web