Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información

Destaca tu Evento o Negocio   Enxebre Web  14 Julio Outrora 

Slide background
Slide background
Slide background
Slide background

Citas culturais anuais

19 de xaneiro OS FACHOS, San Sebastián

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

  

Cada 19 de xaneiro véspera do San Sebastián, ás sete da tarde  os veciños das 16 Parroquias coas  86 aldeas que conforman o territorio de Castro Caldelas acollen a festa dos "FACHOS"

Esta celebración pérdese no tempo e a súa orixe  pódese remontar á costume herdada dos seus mais remotos antepasados castrexos. 

Outros vinculan  a orixe á lenda de cando San Sebastián ser perdeu no territorio e tiveron que saír a buscalo  de  noite.

Os veciños diríxense o Castelo, portando os fachóns acendidos que logo deixan diante da igrexa formando unha gran fogueira. As estreitas rúas que chegan ata el están compostas por casas que seguen mantendo o estilo arquitectónico tradicional ata nas novas vivendas,  asentadas sobre as penas.

O redor desa gran fogaza diante da igrexa dos Remedios, tódolos participantes e asistentes comen chourizo da terra con viño da súa  ribeira Sacra e a bica mantecada , típica desta zona que recibe a súa particular homenaxe polo mes de xullo  acompañada polo exquisito licor café que tamén se elabora aquí.

Os  fachóns de palla para os portadores individuais teñen entre un e dous metros de lonxitude, pero o protagonista é o gran fachón, cabeza do grupo que no 2001 chegou a superar os 48 metros e que máis de 20 homes se encargan de levar sobre as forquitas.

Como nas últimas décadas xa non se se sementa practicamente cereal,  non se malla,  e moito menos a man; o concello solucionou o problema comprándollelo palleiro a un particular que continuaba coa tradición. Grazas a esta festa o centeo séguese a sementar, xusto cando estaba  a piques de desaparecer esta tradición agrícola.

O pasado medieval reflíctese por todo o territorio  desta comarca con numerosas  ermitas e mosteiros como San Paio  e Santa Tegra da Abeleda, que unha vez estando aquí non se poden deixar sen visitar.

imprimir

Slide background
Slide background
A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.