Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información

Destaca tu Evento o Negocio   Enxebre Web  14 Julio Outrora 

Slide background
Slide background
Slide background
Slide background

Inverno

Inverno

images/panoramicas/inverno1.jpg

A matanza tradicional do Porco en Galicia - San Martiño

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

banner san martiño

A comida nas matanzas

A Matanza

San Martiño eiquí e aló, o patrón oficial da Matanza do Porco en Galicia.

Neste 2017, consérvase na nosa rexión esta ancestral costume de sacrificio animal para autoconsumo ainda que parte da sociedade actual nos tache de asasinos, ou de maltrato animal.

Non teño moito mais que dicir , sego a pensar igual que fai dez anos, autoafírmome nos meus pensamentos sobre a cuestión e non comparto as críticas daquela xente que xulga como unha barbarie dita tradición, de sobras é sabido por todos, os que queren ver, cales son as auténticas barbaries desta civilización humana.

O relevo está a desaparecer, a escasa natalidade do rural e a inmigración ás vilas e cidades, a emigración a países extranxeiros confirman a tendencia do paulatino abandono do rural galego e con él das súas ancestrais tradicións.

Debido pois ao dito, moitas aldeas cun só habitante están deixando de estar habitadas ao extinguirse ese derradeiro bafo que a sostiña, e nas outras onde antes tamén habia vida e risos dos centos que eran, agora soamente unhas deceas, maiores para traballar nesta ou noutra costume que requira forza, destreza e habilidade, o que eles xa perderon. O puñado de persoas con esas propiedades redúcense a media ducia no mellor dos casos, có que contar con eles para cada unha das matanzas tampouco resulta doado. A unión de outrora xa non existe, a envexa o odio e a inquina, fan que praticamente teña desaparecido esa confraternidade que tiña acontecido ata fai ben pouco. As novas tendencias fan que procuremos atender cada un ao noso e ao contar con máquinas para as escasas labores do campo que se realizan hoxe non é necesario esa relación que perseguia o fin da colaboración entre uns e outros.

Os que se foron están´lonxe e cada vez teñen menos interese nos productos da matanza da casa xa que outro tipo de viandas forman parte da súa dieta esquecendo o sabor da aldea. Os que se van cada son menos, xa que non os hai, Os que levan décadas fóra, e son vellos, no alén choran e non queren vir ver o sitio onde naceron e se criaron pola magoa de saber do seu abandono.

Podendo ser Galicia a envexa das outras rexións de Europa, por contar có clima, terras e mar máis productivos que calquera dos demais, está sendo o gran lugar esquecido, todo foi encamiñado ao seu abandono. Os cauces de producción e distribución dos alimentos agrarios sostén de vilas e cidades non existen e moitos estamos a preguntarnos de onde é que surten as multinacionais ás provincias españolas.

É sabido por todos que a vida é unha constante transformación que remata coa morte da vida consciente e o inicio dun novo proceso de reorganización da materia.

Participa neste artigo deixando as túas opinións

 

imprimir

Sábado 09 de Nadal, Festa da Pisa da Castaña, en Froxán do Courel

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

Momentos da Pisa 2017

"Festa de caracter etnográfico e costumista onde se engade unha pinga de Gastronomía, como non podía faltar na nosa terra"

XIX  edición da Festa da Pisa da castaña seca.

Simbólico “acendido do sequeiro”  para amosar aos  visitantes como e onde se secaban as castañas,   demostración da “pisa e abandoxado da castaña”.

A pisa é o xeito tradicional mediante o cal se lle quitan as cáscaras á castaña seca a base de golpealas dentro nun saco enriba dun tallo de madeira e o abandoxado é o proceso seguinte no cal con moita maña se aparta a castaña da peluxe e das cáscaras.

 
PROGRAMA

11:00. Acendido do sequeiro e mostra do funcionamento
12:30. Demostración do Pisado e Abandoxado
13:30. Pregón a cargo do actor Federico Pérez
14:00. Presentación do libro. O Paso no tempo de Urbano Arza
14:15. Degustación do Menú do pisador (Prezo 10 Euros)
16:00. Pisa e abandoxado onde poderá participar o público
Durante a xornada haberá música tradicional e baile con Carpa
Venda de artesanía e productos da zona
Servizo de pulpo e churrasco 

 

imprimir

Feira do Capón en Vilalba

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

Feira do Capón 21, diciembre, 2017

10:00 - 15:00 Lugar: Plaza de la Constitución

Los amantes de la gastronomía tienen cita anual en la “ Feira do Capón en Vilalba” , en pleno corazón de A Terra Chá (Lugo).
Vilalba y la comarca de A Terra Chá son el centro en la producción de capones a nivel mundial.
El especial cuidado en su selección y cría han provocado que se convierta en el primer plato de muchas familias en las celebraciones de navidad.
En esta feria se inicia a primera hora de la mañana la compra y venta de los capones. A ella acuden compradores que se desplazan desde los más diversos puntos de la geografía gallega.
El capón ya era muy famoso por el siglo XIII.  Hasta no hace muchos años,algunos alquileres se pagaban con capones, incluso hoy en día se usan como regalo.
Los capones son cebados durante un largo período de tiempo de forma artesanal, esto hace que el producto tenga una excelente calidad , por lo que hay ejemplares que se venden a un alto precio.
El justo renombre del capón de Villalba es debido a la estimada selección y exigentes cuidados al que lo someten los labriegos cebadores vilabeses.
En abril seleccionan los pollos amarillos que nacen de las gallinas del país y que siete meses más tarde, en noviembre, encierran en unas jaulas especiales de pequeñas dimensiones llamadas capoeiras.
 
 

imprimir

19 de xaneiro OS FACHOS, San Sebastián

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

  

Cada 19 de xaneiro véspera do San Sebastián, ás sete da tarde  os veciños das 16 Parroquias coas  86 aldeas que conforman o territorio de Castro Caldelas acollen a festa dos "FACHOS"

Esta celebración pérdese no tempo e a súa orixe  pódese remontar á costume herdada dos seus mais remotos antepasados castrexos. 

Outros vinculan  a orixe á lenda de cando San Sebastián ser perdeu no territorio e tiveron que saír a buscalo  de  noite.

Os veciños diríxense o Castelo, portando os fachóns acendidos que logo deixan diante da igrexa formando unha gran fogueira. As estreitas rúas que chegan ata el están compostas por casas que seguen mantendo o estilo arquitectónico tradicional ata nas novas vivendas,  asentadas sobre as penas.

O redor desa gran fogaza diante da igrexa dos Remedios, tódolos participantes e asistentes comen chourizo da terra con viño da súa  ribeira Sacra e a bica mantecada , típica desta zona que recibe a súa particular homenaxe polo mes de xullo  acompañada polo exquisito licor café que tamén se elabora aquí.

Os  fachóns de palla para os portadores individuais teñen entre un e dous metros de lonxitude, pero o protagonista é o gran fachón, cabeza do grupo que no 2001 chegou a superar os 48 metros e que máis de 20 homes se encargan de levar sobre as forquitas.

Como nas últimas décadas xa non se se sementa practicamente cereal,  non se malla,  e moito menos a man; o concello solucionou o problema comprándollelo palleiro a un particular que continuaba coa tradición. Grazas a esta festa o centeo séguese a sementar, xusto cando estaba  a piques de desaparecer esta tradición agrícola.

O pasado medieval reflíctese por todo o territorio  desta comarca con numerosas  ermitas e mosteiros como San Paio  e Santa Tegra da Abeleda, que unha vez estando aquí non se poden deixar sen visitar.

imprimir

Feira do Cocido en Lalín

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

http://feiradococido.lalin.gal/

https://gl-es.facebook.com/feiradococidodelalin

 Historia

"Corría o ano 1968 cando os rexidores dos 6 municipios que integran a comarca do Deza (Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada e Dozón) se reuniron baixo o lema “Unidos por el mismo afán” para artellar unha estratexia de difusión e comercialización dos produtos vencellados coa gastronomía típica da comarca.

Un daqueles 6 concellos -concretamente o Concello de Lalín- decidiu levar á práctica as ideas xurdidas naquel encontro mediante a creación da Feira do Cocido, un evento que se celebrou por primeira vez en 1969 para exaltar o prato máis tradicional e senlleiro da cociña galega, O COCIDO. Dende aquela, a feira non parou de medrar e medrar ata converterse en todo un referente gastronómico galego e unha cita ineludible como prólogo do Entroido. Lembremos que a Feira do Cocido de Lalín celébrase sempre o domingo anterior ao domingo de Entroido"

 Fonte: Web da feira

 

imprimir

Tempo de Entroido

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

El carnaval en Galicia, una tradición milenaria que se mantiene gracias al trabajo de miles de personas que se implican en su realización.

Las críticas a las políticas llevadas a cabo con el Planeta y sus habitantes por parte de unos pocos que acarraen más mal que bien con sus intigras y ambiciones, son en estos días más frecuentes que en cualquier otra época del año. Es el tiempo de la sátira. El momento de decirles todas las verdades que el pueblo conoce.

Enlace a crítica completa 

Artículos relacionados:

Entroido en Galiza

 

 

imprimir

Festa do Momo en Vilanova de Arousa

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

 Na localidade de Vilanova de Arousa  celébrase anualmente un evento que constitue o punto e final do antroido nesta localidade . No ano 2018 celebraráse o domingo 18 de Febreiro

O enterro do Momo, consiste nun desfile onde participan elaboradas carrozas acompañando á do Momo, á Sardiña grande e a Raiña do Entroido.

A tradición fai que sexa de obrigrado secretismo a identidade do Momo ata o momento do inicio do desfile que terá lugar polas rúas do municipio.

Ao finalizar o acto queimase o Momo e a festa continúa.

Enlace a vídeo 

  

Más información

Tfno. Concello: 986 554 082

 

 

 

imprimir

Festa da Filloa de Lestedo en Boqueixón

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

Na parroquia de Lestedo, no municipio de Boqueixón nace en 1984 este evento dada a costume dos veciños da comarca de facer filloas no domingo de Piñata.

Milleiros de persoas veñen a esta localidade a degustar este produto preparado de moitos xeitos, acompañandoas do bon viño e augardente da comarca.

Este evento combínase con unha parranda de Entroido  onde o público asistente pode deleitarse có tradicional alto dos Xenerais da Ulla, que tamén desfilan xa pola mañán, minutos antes do inicio da degustación.

Máis información

Tfno. Concello: 981 513 061 

imprimir

Slide background
Slide background
A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.