Outono

Outono

images/panoramicas/otono2.jpg

Romaría Popular do San Mateo

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

APARTE - CAMPORRIO - MONFORTE DE LEMOS

LA PARTE CAMPORRIO 1960

 

"San Mateo, o santo dos xordos", celébrase en "A Parte, Camporrío", Monforte de Lemos, en forma de romaría popular do sur de Lugo.

Ten lugar esta festividade o día 21 de setembro e é a última das festas campestres do Val do Lemos onde aínda se vai a comer. Nos arredores queda o San Vitoiro,na Pobra do Brollón, a romaría de Cadeiras en Sober e os Remedios en Sarria.

SAN MATEO 1953

Ir comer ás festas coas familias era o típico fai menos de tres décadas. En Santalla de Rei, Pacios de Veiga ou Rubián fai máis de vinte anos que deixou de ser costume. Aínda que as festas parroquiales séguense a celebrar anualmente e no caso de Rubián de xeito sobresaliente, sendo actualmente as máis multitudinarias en asistencia, tanto ás procesións do Ecce Homo como á hora de festa nocturna.

Antes de que houbese tantos medios de transporte, como hoxe en día, a xente desprazábase a pé, cabalo ou bicicleta, desprazamento que facía en grupo cos abundantes mozos daquel entón. Xuntábanse as xentes que habitaban tanto aldeas como vilas próximas, anualmente, nun momento de intimidade compartida con amigos e coñecidos, gozando dunha boa comida á beira do río, partida de cartas na sobremesa e baile con orquesta no serán.


A beleza da contorna no que se desenvolve fai que todo aquel que o visita por primeira vez, queira volver. Os campos de millo, os chopos e o río impresionan nesta época do ano.

Cada ano, xeración tras xeración uns mozos dan paso a outros no outro lado do río. É neste outro lado, onde se instalan as casetas dos distintos grupos de eternos adolescentes que veñen en penas en acampada o día anterior.

Outra das tradicións desta romaría son as misas en honor de San Mateo amenizadas por gaita e pandereta para o deleite de todos aqueles devotos que se achegan a igrexa

 

 

grupo de jóvenes Gaiteiro Tradicional Santiago, Fotógrafo Blanco y Negro  iglesia de la parroquia carro de San Mateo Comida en Familia

 

ALBUNS  DO  SAN MATEO

By Peruchela

2005  2006   2006 2007  2007 2008   2009    

2011  2012   2013  2014   2015   2016   2017  2018 

imprimir

Festas de San Miguel ARCANXO

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

29 de Setembro día de S. Miguel

" A palabra anxo significa o mesmo que enviado; pero entre os Anxos e os Arcanxos hai a diferenza de que: 

  • Os anxos son aqueles espíritos que envía Deus para as cousas comúns e ordinarias;
  • Os Arcanxos, son unha orde superior aos anxos, son enviados para os negocios extraordinarios e de maior importancia. A esta clase pertencen os anxos Gabriel, Rafael e Miguel"

Celebrado en moitas aldeas e vilas da xeografía galega. Ponteareas ou Santiago de Compostela están de festa neste día.

imprimir

Feira do Poldro e do Gando Bravo en Muras

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

Coñece Muras

"Feira do Poldro e do Gando Bravo. Na última fin de semana de setembro concello e comarca viven ao redor do gando cabalar nunha cita no Monte da Gañidoira. Paralelamente celébranse as Xornadas de Degustación de Carne de Poldro, unha escolma de tapas dos nosos hostaleiros.

Descúbrea

En Muras vivimos ao redor dos nosos cabalos todo o ano, pero ésta é unha data especial: ten 30 anos e reúne xente  veciños e gandeiros de toda a comarca baixo as altas árbores do Monte da Gañidoira, a 700 metros sobre o mar. Carreiras de cabalos, artesanía, concursos de gando…

O día dá para todo: para xantar, para negociar co gando e para organizar carreiras cuns cabalos que medran prácticamente en liberdade nas nosas serras. Boa parte deles son exemplares de Pura Raza Galega, herdanza dos celtas que habitaron estas terras e que, probablemente, introduciran un exemplar de poni de cabeza pequena e ancho lombo.Son animais tan recios coma mansos, que gozan dunha privilexiada vida. A nosa provincia, Lugo, é a que suma un maior número de gandeiros e gandeiras que se dedican a crialos.

Nos curros da Gañidoira tamén se negocia na feira a venda de vacún e de cabras autótonas. O movemento de animais e gandeiros, os postos de artesanía, os concursos de tala de troncos, de adestramento de cans, a música e o bo xantar, fan dela unha festa auténtica e moi nosa, pero que nos gusta compartir.Ademais, tamén é unha data gastronómica das que ter na axenda, porque organizamos as Xornadas de Degustación de Carne de Poldro, o momento perfecto para probar tapas e pratos cunha das carnes máis saudables do mundo, pero por descubrir para moitos. Hai onde escoller: dende carnes curadas como lombos, salchichós, chourizos e cecinas, ata receitas quentes e contundentes sobre o plato.

Esperámosvos o vindeiro setembro."

 

Texto pertencente a Web do concello de MURAS

 

 

imprimir

En Outubro, o San Froilán en Lugo

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
Fotos xerais

O SAN FROILAN EN LUGO

Chegou as miñas mans un homenaxe a cidade de Lugo na festividade de San Froilan do ano 1919.

O contido é tan importante e rico en xeral que compartilo có maior número de xente  parece algo enriquecedor para todos.

Vou amosar o que contiña dito especial do periodico El Noroeste, da Coruña.

Os que esteades interesados sobre algo podedes pinchar encima e descargar gratis a foto de dito reportaxe de citado medio.

PROXIMAMENTE... Entrada  en OBRAS

imprimir

Outubro - Feira do Marisco no Grove

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

FESTA DO MARISCO

 

Dende 1963 celébrase ao chegar o mes de octubro a Festa do Marisco neste municipio das Rías Baixas Galegas.

O marisqueo e un dos  pilares básicos da economía desta vila costeira, xunto có turismo. Ambos conxugados fan fosible que esta festa de promoción cultural siga adiante.

Dende a década dos 80 está declarada Festa de Interese Turístico Nacional .

A degustación de marisco fresco a prezos asequibles,  acompañado dun viño branco Albariño é un dos atractivos deste evento.

É tradicional a exposición que se fai na carpa sita diante do porto destes mariscos vivos tanto para os lugareños como achegados.

 

Fontes: http://www.turismogrove.es/es/fiestas/fiesta_del_marisco/#sit

http://www.ogrovedixital.com/fiestas-o-grove-fiesta-del-marisco.html


imprimir

Octubro - Festa da Colleita en Sela - Arbo

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

FESTA DA COLLEITA EN SELA

Celébrase na parroquia de Sela, no municipio de Arbo no mes de outubro.

PROGRAMACIÓN

  • Elaboración de augardente de forma tradicional e o seu posterior degustación gratuita.
  • Magosto, castañas e chorizos 
  • Paseo da cabalo dende a praza de Sela,
  • Misa solemne en honor a Santa Isabel e San Martiño 
  • Sesión vermú. Durante a sesión haberá pulpo para degustar. 
  • Desfile de tractores
  • Concurso de Postres Caseiros
  • Actuación de grupos musicais
  • Queimada de forma gratuita
  • Chocolatada gratuita.


IMG 20171004 210004

imprimir

Feira de Outono de San Lucas en Mondoñedo

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

FEIRA DE OUTONO DE MONDOÑEDO

Sobre este Evento

Alvaro Cunqueiro fai casi 6 décadas describiu esta feira nun artigo escrito para o Progreso.

Nel contou que a Feira debeu comezar polo 1225, cando o Bispo D. Martín, calígrafo e canciller do rei Alfonso IX e amigo de seu fillo San Fernando, por mor dunha visita deles organizouna.

Nesta feira o negocio cabalar e mular convertiríase nun referente na península, de feito refírese á abadía de Santa MarÍa la Real de Meira que surtía de mulas á clase alta e ó clérigo.

A Cunqueiro parecíalle estúpido que a alguén que se lle chame burro como insulto, no citado artigo dicía que o gando asnal ten crías de mirar humilde e humano e os adultos mirada inquisitva e intelectual.

Dende terras astures, ribeiras cántabras, baixaba o cabalar bravo cós potros vivaces hacia o feiral. Dábanse cita na feira: cuchillería de Taramundi, cuchillos, fouces, sachos, cestería, latón, ouro e prata, mantos de Zamora e Palencia… onde o CoNsistorio Vello .

As novedades seguen sendo contadas por xuglares nas feiras.

Mondoñedo, cidade antiga que mostra os seus anos, sita nun fermosísimo Val, que en outono é máis rico en coor ouro e verde.. e cando a feira de San Lucas remata, vánse tratantes, feirantes, festeiros e xitanos volvendo a cidade ao seu enorme silencio …

VER FOTOS

https://www.facebook.com/Asociación-As-San-Lucas-de-Mondoñedo-286112344888169/

 

imprimir

Feira de Santos en Monterroso

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

 

É coñecida como a feira das feiras pola súa dimensión e pola diversidade de productos que ofrece.

Cada un de novembro entre as oito e media da mañá e as cinco da tarde ocupa no centro da vila un espazo de oito hectáreas. Eiquí danse cita milleiros de persoas que acuden a ollar e mercar deceas de productos autóctonos que neste día se atopan en abundancia.

Mostras de cestería de frondosas, mimbres e xuncos da comarca, mel, noces, castañas, productos da horta, ovos de corral, xamón, centeo do país, queixos e ...  sí o xamón de Monterroso é de gran prestixio non menos ten o queixo artesanal que nesta comarca se fai. Dende o ano 1993 conta ca " Feira do Queixo da comarca do Ulloa" feito en Antas de Ulla, Palas de Rei e Monterroso.

A historia desta feira remóntase a inicios do xeculo XVI e o maior explendor dela a  primeira metade do século XX cando era  o primeiro mercado de gando cabalar de toda Galicia. De eiquí partían os animais de tiro que traballaban as terras en Castela antes da chegada da maquinaria.

Na actualidade a esta feira hai que ir e vela. De interese nacional conserva elementos propios; o mercado gandeiro atópase a dous Km do centro da vila e os regateos seguen presentes nas transaccións,  e  elementos comúns  a  calquera outra feira como son os postos  para xantar o pulpo,  ademáis en Monterroso en concreto pódese acompañar de pan de Melide, viño de Chantada  e logo do postre un traguiño de augardente de Portomarín ou Rodeiro.

As aldeas e parroquias que salpican as terras desta comarca  teñen fermosos templos románicos, cruceiros,  pazos e castros dando conta da historia a todos os peregrinos que van por o camiño francés, que por estas terras pasa, a Santiago.

Enlace antiga versión

http://www.monterroso.es/gl/feira-de-santos-3

 
  
  
  
 
 
 

imprimir

A matanza tradicional do Porco en Galicia - San Martiño

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

banner san martiño

San Martiño eiquí e aló, o patrón oficial da Matanza do Porco en Galicia.

A comida nas matanzas            A Matanza

Neste 2018, consérvase na nosa rexión esta ancestral costume de sacrificio animal para autoconsumo ainda que parte da sociedade actual nos tache de asasinos, ou de maltrato animal.

Non comparto as críticas daquela xente que xulga como unha barbarie dita tradición, de sobras é sabido por todos, os que queren ver, cales son as auténticas barbaries desta civilización humana. En realidade podo entender porque surxe  cada día máis xente vexetariana, ou extremista como os veganos. Non é por culpa nosa. En canto as grandes empresas son as encargadas de producir non teñen miramentos cos animais  e trátanos como meras mercancías. Ata os máis amantes dos chourizos nos dan ganas de deixar a carne. Oxalá puideramos volver a vivir cos animais como outrora, criandos con mimo e dedicación. 

O relevo está a desaparecer, a escasa natalidade do rural e a inmigración ás vilas e cidades, a emigración a países extranxeiros confirman a tendencia do paulatino abandono do rural galego e con él das súas ancestrais tradicións.

Debido pois ao dito, moitas aldeas cun só habitante están deixando de estar habitadas ao extinguirse ese derradeiro bafo que a sostiña, e nas outras onde antes tamén habia vida e risos dos centos que eran, agora soamente unhas deceas, maiores para traballar nesta ou noutra costume que requira forza, destreza e habilidade, o que eles xa perderon. O puñado de persoas con esas propiedades redúcense a media ducia no mellor dos casos, có que contar con eles para cada unha das matanzas tampouco resulta doado. A unión de outrora xa non existe, a envexa o odio e a inquina, fan que praticamente teña desaparecido esa confraternidade que tiña acontecido ata fai ben pouco. As novas tendencias fan que procuremos atender cada un ao noso e ao contar con máquinas para as escasas labores do campo que se realizan hoxe non é necesario esa relación que perseguia o fin da colaboración entre uns e outros.

Os que se foron están´lonxe e cada vez teñen menos interese nos productos da matanza da casa xa que outro tipo de viandas forman parte da súa dieta esquecendo o sabor da aldea. Os que se van cada son menos, xa que non os hai.  Os que levan décadas fóra, e son vellos, no alén choran e non queren vir ver o sitio onde naceron e se criaron pola magoa de saber do seu abandono.

Podendo ser Galicia a envexa das outras rexións de Europa, por contar có clima, terras e mar máis productivos que calquera dos demais, está sendo o gran lugar esquecido, todo foi encamiñado ao seu abandono. Os cauces de producción e distribución dos alimentos agrarios sostén de vilas e cidades non existen e moitos estamos a preguntarnos de onde é que surten as multinacionais ás provincias españolas.

É sabido por todos que a vida é unha constante transformación que remata coa morte da vida consciente e o inicio dun novo proceso de reorganización da materia.

 

imprimir

A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.

Destaca tu Evento o Negocio     Enxebre Web