Citas culturais anuais

14 de xullo Feira Tradicional Outrora

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

Feira Tradicional Outrora

 Sobre este Evento

A parroquia de Santiago de Rubián, no concello de Bóveda,  celebra os días 14 e 29 de cada mes a súa feira dende hai varias décadas.

Polo mes de xullo á feira tradicional engádeselle  este evento que xunta a diversos artesáns galegos nunha demostración de oficios,  con postos de venda de artesanía, actuacións da banda de Gaitas e Danzas do concello, actuacións na capela do Ecce Homo, xogos e talleres para os máis cativos, representación etnográfica da malla dos anos setenta, isco no guizo e baile para rematar a xornada.

Conmemórase cada 14 de xullo esta Feira Tradicional Outrora de Rubián, evento pensado para que xente de tódalas idades poida vir gozar nalgún momento da festa, dada a súa ampla oferta lúdica que se desenvolve nas catorce horas que vén durando.

Recreación histórica que forma parte da nosa cultura e identidade. Oficios e tradicións.

 

 

En agosto, a feira do día 14 coñécese como a Feira do Ano. A diferenza da de xullo,  non conta con ningún evento a maiores dos habituais de calquera catorce de mes, postos ambulantes de ferramentas, pans, hortalizas, roupa e á hora do xantar, o tan apreciado polbo nas instalacións tan ideais coas que conta esta localidade. É considerada a Feira do Ano porque recibe centos de visitantes que escollen este mes para pasar as súas vacacións nesta zona da Ribeira Sacra do sur lucense e achéganse ata aquí sobre todo a comer ese delicioso prato ou un churrasco de alta calidade xa que esta zona de Galicia destaca polas súas carnes. Nas salpicadas aldeas da súa xeografía hai numerosas explotacións de gando vacún de carne criado dun xeito tradicional.

Vir un catorce a Rubián, sexa cal for o mes do ano, garante un bo xantar con produtos de primeira calidade.

 

Enlaces a reportaxes de edicións anteriores:

XVI Feira Tradicional Outrora 2018

14 de xullo Feira Tradicional Outrora 2017

Enlace a lista de reprodución de vídeos

Galería Fotográfica Outrora Rubián 2017

14 de xullo, 2016 - Feira Tradicional Outrora - Rubián - Bóveda

Outrora 2015   Outrora 2014   Outrora 2013 Outrora 2012   Outrora 2011  Outrora 2008  Malla Tradicional

Tags: Feira Tradicional, Oficios antigos, Festa de Escuma, Isco No Guizo

imprimir

A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

Arbore de Nadal das aldeas galegas

     Enxebre Web

 

 

 

   

ARTIGOS RECENTES

AS CORES DO OUTONO

CASTRO DE REI DE LEMOS

SAN FACUNDO DE CEA