Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información

Citas culturais anuais

ROMARÍA Labrega en Villares

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
 

Villares Romaría Labrega segundo fin de semana de agosto

Vilares (Os) (San Vicenzo) 2017 - XXVI Romaria

"A parroquia de “Os Vilares” está situada a 7 km de Guitiriz e conta con 44 entidades poboaconais: Ación, Os Ares, O Barreiro, Berulfe, O Cancelo, A Casa Nova de Vilariño, As Casa Vellas, Cibreiro, Novás, As Costoiras, O Coto, Drada, O Fagundo, Forcamuñiz, O Gorgulfe, O Laxoso, Lea, Liñarede, Malde, Os Manchás, O Mato, O Meao, O Merendero, Nandulfe, A Tiñaz, O Pazo, A Pena, Pena Roldán, A Pena Fachada, O Pico Farelo, Os ramos, A Reboira, Rego Pequeno, As Reixa, Requeixo, A Ribeira, San Miguel , O Tarrelo, A Tolda, O Toxo Brañío, Vilarchán, Vilargabín, O Vilariño, Vilasuso.

O igual que no resto das parroquias que forman o concello de Guitiriz, Os Vilares tamén posúe un gran patrimonio histórico cultural, así destaca a súa Igrexa Parroquial situada na praza do Campo da Festa nas Reixas, e o Calvario ( conxunto de cruceiros que representan a Pasion e morte de Xesús) que esta ó lado da igrexa.A igrexa dos Vilares comezou sendo unha capela do século XII, e despois de sucesivas transformacións converteuse na igrexa que é hoxe.

Tamén conserva restos da cultura castrexa como o Castro das Reixas.

Outro dos tesouros de esta parroquia é a PENA ROLDAN situada no lugar da Pena Fachada, é unha enorme rocha situada nun contorno natural que a fai digna de ver, e sobre todo se coñecemos a súa lenda. Esta lenda conta que Roldán ( lexendario guerreiro compoñente dos doce pares de Francia, o servizo de Carlomagno) cando estaba nos seus últimos anos de vida veu a estas terras para defendelas dos seus inimigos mouros. Cando trataba de escorrentar os seus rivais aproximouse a este lugar e chamoulle a atención a enorme rocha que alzaba nel. O sentir que se achegaba o seu final decidiu deixar unha marca, por elo tomou a súa espada e partiu en tres a rocha, despois volveuna a coller e abriu un dos trozos deixando un especie de cruz latina alargada que gardaría o recordo da súa espada."

Fonte Web do concello " Colabora www.andu.es

 

{jcomments on}

imprimir

Slide background
Slide background
A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.