Citas culturais anuais

2ªdo sábado de xullo, Feira Guímara - Medieval

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

Edición 2018  Sábado 07 de xullo - Máis Info 

A Pobra do Brollón, un dos  escasos "territorios de realengo" que conservou en Galicia a Coroa. Todas as aldeas deste territorio durante  a Idade Media eran, polo tanto, de realengo que son os que teñen por  señor a “Su Majestad, Dios le guarde, sin que se reconozca otro señorío ni por esta razón se pague cosa alguna a ningún señor”. Un privilexio para a nosa terra  nesa época de tantos séculos  que abarca este periódo, xa que a maior parte do territorio de Galicia era de xurisdicción señorial ou de abadengo, sendo escasas as terras de xurisdicción real.

Alá por o ano 1494  os procuradores de A Pobra do Brollón,  Gonzalo de Losada e Xoán Franco, denunciaron ós Reixes Católicos que:

  "El Conde de Lemos y sus oficiales obligaban a los vecinos de Puebla a realizar una serie de serventías y fazenderas, con es ir a labraren en su cavas e ferrerias, e en otras cosas, e faziendo cortar madera e que los dichos las llevasen a sus casas sin les pagar por ello salario alguno". Referencia: La Nobleza gallega en la Baja Edad Media, de P. García Oro.

  Os Reies reprenderon ós Condes de Lemos por tales abusos, pero ós poucos días,  esos mesmos Condes quixeron impor un novo dereito que incluía o pago da quinta parte de pan e do viño que se recollían en dita terra do Brollón. Os veciños resistiron unha vez mais e pediron os Reies unha solicitude de amparo, e os reies tiveron que recordarlles unha vez mais aos feudais de Lemos que a terra da Póboa era de realengo e que semellantes exaccións foran prohibidas por as cortes de Toledo no ano 1480."

 

<

Video edición 2018

Enlace: Feira Guímara - 2016

Enlace a lista de Reproducción 2016

Enlace a páxina oficial do Facebook do Evento 

Tags: A Pobra do Brollón, Feira, guimaros

imprimir

A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

Arbore de Nadal das aldeas galegas

     Enxebre Web

 

 

 

   

ARTIGOS RECENTES

AS CORES DO OUTONO

CASTRO DE REI DE LEMOS

SAN FACUNDO DE CEA