Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información

Destaca tu Evento o Negocio   Enxebre Web  14 Julio Outrora 

Slide background
Slide background
Slide background
Slide background

Verán

Verán

images/layerslider/LayerSlider-5-responsive-demo-slider/04.jpg

14 de xullo Feira Tradicional Outrora

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

Feira Tradicional Outrora

 Sobre este Evento

A parroquia de Santiago de Rubián no concello de Bóveda  celebra a súa feira de mes os días 14 e 29 .

Polo mes de xullo á feira tradicional engádeselle  este evento que xunta a diversos artesáns galegos nunha demostración de oficios  con postos de venda de artesanía, actuacións da banda de Gaitas e Danzas do concello, actuacións na capela do Ecce Huomo, xogos e talleres para os máis cativos, representación etnográfica da malla dos anos setenta, isco no guizo e baile para rematar a xornada.

Conmemórase o  día 14 de xullo como día grande da Feira Tradicional de Rubián.

Evento pensado para que xente de todalas idades poda vir a disfrutar nalgún momento da festa.

Recreación histórica que forma parte da nosa cultura e identidade .

Oficios e tradicións.

 

 

Enlaces a reportaxes de edicións anteriores:

XVI Feira Tradicional Outrora 2018

14 de xullo Feira Tradicional Outrora 2017

Enlace a lista de reproducción de videos

Galería Fotográfica Outrora Rubián 2017

14 de xullo, 2016 - Feira Tradicional Outrora - Rubián - Bóveda

Outrora 2015   Outrora 2014   Outrora 2013 Outrora 2012   Outrora 2011  Outrora 2008  Malla Tradicional

imprimir

Feira dos Callos, Cantería e Artesanía en PARGA

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

Feira dos Callos, Cantería e Artesanía en PARGA terceiro domingo de xullo

Parga (Sto Estevo)  2018 XXIV Edición

 "A parroquia de San Estevo de Parga esta situada a 6 km de Guitiriz , e conta con  13 entidades poboacionais: O Carballal, Cercedo, O Buxío, A Chantada,O Covelo, Ferreira, A Vilonchada, Galiñeiro, Montemeá, A Ponte, A Pobra de Parga, Portopulgo, A Tolda.

Nesta parroquia está situada a Fonte de Valdovin, que é unha das tres fontes minero medicinais que hai no concello. Outra das paraxes naturais que posúen un encanto especial é a Area Recreativa da Carballeira situada a beira do río Parga. Ademais destas áreas recreativas destaca tamén o CIT ( centro de iniciativas turisticas) onde se pode xogar o fútbol, ó baloncesto ou simplemente descansar disfrutando da fermosura deste lugar.

Parga posúe un riquísimo patrimonio histórico- cultural, de feito podemos atoparnos con restos de monumentos pertencentes a cultura epipaleolitica como é “O xacemento de Pena Xiboi”, declarado ben de interese cultural.

Outro dos lugares máis emblemáticos de Parga é o contorno da Igrexa Parroquial de Parga, onde podemos ver restos de sarcófagos antropoides, así como os restos do Castelo de Parga , é o cruceiro que hai nos seus arredores. No interior desta igrexa tamén podemos observar unhas pinturas murales.

O lado do centro de saúde atopase a “Capela de San Xosé” , da que destaca no seu interior un retablo de estilo barroco e talla da Virxe sedente có Neno.

En Parga abundan as festas e feiras , así as feiras celébranse os domingos entre os días 9 e 15 e o último domingo de mes. Unha das máis coñecidas é a “Feira da Canteria , artesanía e callos” , onde podemos ver como os canteiros traballan na pedra, así como disfrutar dun dos pratos típicos da zona como son os callos, neste día abundan as merendas familiares na carballeira. As festas parroquiais son na Honra a San Roque, o terceiro fin de semana de Agosto."

Fonte Web do Concello

imprimir

En xullo, feira do viño do Rosal

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

FEIRA DO VIÑO DO ROSAL

Rosal é unha das subzonas da Denominación de Orixe Rías Baixas onde se elabora uns dos viños brancos con máis prestixio e recoñecemento no panorama vitivinícola.

Os viños do Rosal acumulan distincións e galardóns nas máis prestixiosas catas e testemuñan a súa presenza nas mesas de todo o mundo.

Cada terceiro fin de semana do mes de xullo celébrase a feira de exaltación deste viño de sabor incomparable e único. Un evento consolidado, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, e amparada pola participación de adegas que forman parte da D.O. Rías Baixas.

Unha celebración que á súa vez se complementa con actividades lúdicas, culturais e deportivas.

Contacto:

Organización da Feira do Viño do Rosal

Concello do Rosal

Praza do Calvario nº 1 36770 O Rosal Pontevedra – ES

Teléfono: +34 986 625 000 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

http://portal.concellodorosal.es/

 

 

imprimir

29 de xullo, Santa Marta de Ribarteme. Procesión dos Ataúdes - As Neves

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active

Romeria de Santa Marta

Falar de Santa Marta de Ribarteme é falar dunha das romerías máis antigas de Galicia: Santa Marta de Ribarteme, en donde cada 29 de xullo se celebra a procesión dos cadaleitos, mezcla de ritualidade simbólica e relixión, cada vez máis visitada e coñecida. O santuario, así como o seu arredor, transpira espiritualidade e devoción típica da Galicia profunda

A procesión  presídea tódolos anos a imaxe de Santa Marta. A fama milagreira de Santa Marta relaciónaa a igrexa coa súa estreita relación con Xesucristo. Santa Marta era a irmá de Lázaro e trala morte de Xesús se viu obrigada a abandoar Palestina.

Ás 12 do mediodía, a parroquia pontevedresa de Santa Marta de Ribarteme arde en fervor dos fieis que se apostan ante as portas dunha igrexa parroquial abarrotada pola multitude. No seu interior a xente se disputa un espazo ante o altar onde se atopa unha das virxes máis venerada da Comunidade galega. Centos de devotos que como tódolos anos intentan ofrecer á Virxe un sacrifizo, unha ofrenda ben distinta para cada un dos congregados.

Esta romería cobra un carácter especial pois en nela se poderá ver algún que outro penitente introducido nun ataude solicitando a intervención milagreira da santa co fin de sanar dunha grave enfermidade ou como mostra de agradecemento por algún dos favores nos que ésta teña mediado. Durante a procesión, a imaxe de Santa Marta é acompañada por San Benito e a Virxe do Carmen." Fonte Web do Concello

Santa Marta de Ribarteme. Procesión de los ataúdes. As Neves (Pontevedra)

La procesión de Santa Marta de Ribarteme

Txt. Fonte Web do Concello

Enlace á páxina Oficial

imprimir

Romaría Vikinga de Catoira

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

FESTA DE INTERESE TURISTICO INTERNACIONAL

Primeiro domingo de agosto

No século XI na mariña lucense avistouse unha flota de navas normandas acercándose ás costas.

Seica o Bispo San Gonzalo, púxose a rezar e o fervor da súa Fe levantou unha gran tormenta que fixo naufragar a toda a flota.

Atraveso dos cauces dos ríos os invasores adentrábanse no territorio galaico. Así facian hacia a localidade pontevedresa de Catoira.

Aquí neste enclave  xúntanse as augas do Ulla coa ría de Arousa,  é a entrada mías natural para ir a Compostela.

Cada primeiro domingo de agosto dende 1960 cekébrase a Romaría Vikinga en Catoira.

A recreación do desembarco é o acontecemento central da festa declarada de interese turístico nacional.

A golpe de remos o drakrar vikingo rodea a illa do rapto e alcanza a península de Catoira.

Os invasores saltan a terra e loitan cós habitantes que só teñen aperos de labranza a modo de armas polo que algunhas doncelas son secuestradas.

O Sangue desta batalla convértese en viño tinto do Ulla que corre abundante na romaría.

O día grande é o domingo pero días antes xa se pode disfrutar das xornadas Catoira na Historia.

"Romaría Viquinga de Catoira CATOIRA Nesta data, Catoira escenifica nun singular espectáculo as invasións viquingas que sufriron hai máis de mil anos. Tras un asalto cheo de euforia e viño, ten lugar a tradicional comida campestre, nun ambiente festivo, dominado polo mercado medieval e a posterior verbena da Alameda"

imprimir

Feira do Viño Albariño en Cambados

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

"A festa do viño branco máis multitudinaria da comunidade enche durante cinco días as rúas de Cambados de casetas onde degustar o Albariño e a gastronomía das Rías Baixas, amenizado todo con espectáculos pirotécnicos e musicais que garanten a diversión"

Texto: Fuentes públicas accesibles.

imprimir

Feira do Pulpo Galego, no Carballiño

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
Enlace a Facebook Evento

56 Edición 12 Agosto 2018

>Festa do polbo do Carballiño

No Mosteiro de Oseira,  teñen depositados os legados históricos que atestiguan que esta zona e da tradición pulpeira, xa que; a aldea de Arcos, tamén parroquia do Carballiño, posuía terras con  mar e costa onde dende fai séculos os  seus habitantes se adicaban  á pesca do polbo galego.

  Información sobre edicións anteriores 2010 a 2015

 

TENDA DE RETRATOS -GALERIA 2016     VIDEOS 2016 ENLACE

 logo festa do pulpo do carballino3

imprimir

12 de Agosto, Feira da Rosca de SOBER

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

COINCIDINDO COA FEIRA MENSUAL DO DIA 12,   EN AGOSTO FEIRA DA ROSCA DE SOBER     

Cada parroquia, cada aldea galega ten a súa propia historia e case sempre algunha tradición autóctona que a diferencia das outras.     

A Olería, a Banda de Gaitas ou o Viño  en SOBER son  tan importantes como a Rosca.

Podemos  ir a comprobalo acudindo,  coma moitos outros curiosos,  ata esta localidade cada ano o día doce de agosto. 

Os cativos teñen a oportunidade de disfrutar  dunha xornada especial  facendo eles mesmos a afamada Rosca.

imprimir

Festa da Música e das Artes de PARDIÑAS

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

Pardiñas Feira e Festa da Música e das Artes, primeiro fin de semana de agosto

Lagostelle (San Xoán) PARDIÑAS 2017 XXXVIII festival

"A parroquia de San Xoán de Lagostelle comprende o núcleo municipal: Guitiriz, e as aldeas de Acevedo, Amariz, Ansede, Arxá, Barreiro, Belote, Cabanacomba, Cezar , Escádebas,Xomelio,A Landoreira,Os Liñares,Pardiñas,O Pazo, O Penedo,O Sanguiñedo,Senande, Sesulfe, A Torre.

A esta parroquia pertence a “Área Recreativa San Xoán de Lagostelle” e a “ Área Recreativa dos 7 muíños” que son unhas paraxes naturais que nos permiten entrar de cheo en contacto coa natureza e coñecer de primeira man a flora e a fauna local. De singular atractivo é o que ocorre na “Area Recreativa San Xoán de Lagostelle” ( coñecida popularmente como o pantano por estar situado o seu lado) a tardiña, cando as ras comezan a croar, crean un son moi fermoso que simula un pequeno concerto musical. Outro dos espazos naturais a destacar desta parroquia é o paseo fluvial que vai desde a Ponteveiga ata os Sete Muíños, este paseo forma parte dun tramo da Ruta da Auga. Neste percorrido camiñamos á beira do río disfrutando dos rebulires de auga, das cascadas, das árbores e as formas que estes adoptan. É un paseo moi agradable, ideal para facer en calquera época do ano, e así ver como vai cambiando a paisaxe nas diferentes estacións .

Nesta parroquia, no núcleo municipal , destacaríamos o Reloxo Analemático de Sol , situado no campo da feira. Chámase así, porque o gnomon desprazase o longo do ano segun a declinación solar. Así, é o propio observador quen situado sobre a data sinala a hora coa súa propia sombra."

Fonte: Web do Concello. Colabora : http://andu.es

 

{jcomments on}

imprimir

Carreira de Burros en Escairón

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

         Enlace a      Edición 2015

 

 Martes, 8 de agosto de 2017

 

"67ª edición da popular “Carreira de Burros” na localidade de Escairón,

pertencente ao concello do Saviñao (Lugo).

Esta tradicional carreira de burros  celébrase a mañá do derradeiro día

das festas patronais de  Escairón, na primeira  semana de Agosto.

Trátase dunha proba nas que os animais cós seus respectivos xinetes

dan voltas a redor do antigo campo de fútbol competindo por ser os

primeiros. De seguido realízase unha tamén moi tradicional  competición

de tiro de cordas entre as xentes de diferentes parroquias que

abranguen as terras do concello do Saviñao.

Ténse constancia desta celebración xa nun cartel anunciando as festas alá polo 1943."

 

 

Enlace a      Reportaxes anteriores

 

imprimir

Mel de Galicia, a mellor do mundo enteiro

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

mel

FEIRA DO MEL DE QUIROGA

Coincidindo coa feira mensual do día dez,  neste mes de agosto celébrase a feira do Mel.

Unha das cousas polas que Galiza ten fama a nivel mundial é pola calidade da súa mel

Coñecer máis sobre Quiroga : http://www.concellodequiroga.com

Enlace relacionado de aldeas galegas Bendilló - Feira do Aceite

Enlace relacionado de aldeas galegas Feira do Viño de Quiroga

Pódese mercar nesta feira para constatalo  ou  en calquera das seguintes

REFERENCIA: http://www.feriasdegalicia.com

 FEIRA MONOGRÁFICA DO MEL
 
dirección: A Barqueira, 15530
organiza:Ayuntamiento de Cerdido
oferta:Miel y productos del campo
fecha habitual: Octubre
tlf. 981411013
 FEIRA DO MEL
 
15330 - Ortigueira
organiza:Delegación de Ortegal de la Asoc. Galega de Apicultores
oferta:Productos relacionados con la apicultura
fecha habitual: Noviembre ( Día de San Martiño)
tlf. 981400106
 
 
 FEIRA DO MEL
 
Ferreira. O Valadouro
 
oferta:Mostra y degustación de miel de la comarca e apicultura en general.
fecha habitual: segundo fin de semana de octubre
tlf. 982574000
 
 
 FEIRA DO MEL DE MOECHE
 
15563 - Moeche
organiza:Ayto. de Moeche
oferta:Todo tipo de productos apícolas
fecha habitual: Febrero
tlf. 981404006
 
 
 FEIRA DO MEL DE MONDOÑEDO
 
- Mondoñedo
organiza:Asoc. Galega de Apicultores
oferta:Productos relacionados con la apicultura
fecha habitual: Octubre (San Lucas)
tlf. 982507034

imprimir

ROMARÍA Labrega en Villares

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive

Villares Romaría Labrega segundo fin de semana de agosto

Vilares (Os) (San Vicenzo) 2017 - XXVI Romaria

"A parroquia de “Os Vilares” está situada a 7 km de Guitiriz e conta con 44 entidades poboaconais: Ación, Os Ares, O Barreiro, Berulfe, O Cancelo, A Casa Nova de Vilariño, As Casa Vellas, Cibreiro, Novás, As Costoiras, O Coto, Drada, O Fagundo, Forcamuñiz, O Gorgulfe, O Laxoso, Lea, Liñarede, Malde, Os Manchás, O Mato, O Meao, O Merendero, Nandulfe, A Tiñaz, O Pazo, A Pena, Pena Roldán, A Pena Fachada, O Pico Farelo, Os ramos, A Reboira, Rego Pequeno, As Reixa, Requeixo, A Ribeira, San Miguel , O Tarrelo, A Tolda, O Toxo Brañío, Vilarchán, Vilargabín, O Vilariño, Vilasuso.

O igual que no resto das parroquias que forman o concello de Guitiriz, Os Vilares tamén posúe un gran patrimonio histórico cultural, así destaca a súa Igrexa Parroquial situada na praza do Campo da Festa nas Reixas, e o Calvario ( conxunto de cruceiros que representan a Pasion e morte de Xesús) que esta ó lado da igrexa.A igrexa dos Vilares comezou sendo unha capela do século XII, e despois de sucesivas transformacións converteuse na igrexa que é hoxe.

Tamén conserva restos da cultura castrexa como o Castro das Reixas.

Outro dos tesouros de esta parroquia é a PENA ROLDAN situada no lugar da Pena Fachada, é unha enorme rocha situada nun contorno natural que a fai digna de ver, e sobre todo se coñecemos a súa lenda. Esta lenda conta que Roldán ( lexendario guerreiro compoñente dos doce pares de Francia, o servizo de Carlomagno) cando estaba nos seus últimos anos de vida veu a estas terras para defendelas dos seus inimigos mouros. Cando trataba de escorrentar os seus rivais aproximouse a este lugar e chamoulle a atención a enorme rocha que alzaba nel. O sentir que se achegaba o seu final decidiu deixar unha marca, por elo tomou a súa espada e partiu en tres a rocha, despois volveuna a coller e abriu un dos trozos deixando un especie de cruz latina alargada que gardaría o recordo da súa espada."

Fonte Web do concello " Colabora www.andu.es

 

{jcomments on}

imprimir

Slide background
Slide background
A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.