Citas culturais anuais

No marzal: Festa da Arribada - Gran Mercado Medieval- Baiona

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

https://www.facebook.com/Arribada-Baiona-52753993843/

No ano 1974 declarouse festa local oficial o  1 de marzo en Baiona pero non é ata 1996 cando se comezou a celebrar a Festa da Arribada festexada dende entón a semana seguinte á do 1 de marzo. Doce disparos feitos dende a fortaleza de Monterrei anuncian o comezo da celebración.

O importante acontecemento que eiqui aconteceu foi o da chegada as costas de Baiona da carabela Pinta comandada por Martín Alonso Pinzón e pilotada por Diego Sarmiento o día 1 de marzo de 1493 chea de ouro, millo e lluca traendo a súa vez a nova da existenza das indias occidentais, converténdose deste xeito no primeiro lugar de Europa no que se tivo coñecemento do novo descubrimento.

O programa que para conmemorar a data e de sobrado amplo. É cotidián a representación cun teatro da chegada de Pinzón a praia da Ribeira. Hai exhibicións de aves de presa no atrio de Santa Liberata, torneo a cabalo pola desputa dunha fermosa doncela na praia da Arribada e ata competición de tiro con arco. 

O Mercado sito no casco antigo da vila fórmase con máis de catrocentos postos, na maioría de alimentos, sendo un dos reclamos turísticos da festa xunto cós  "ñoclos de Pinzón"  recuperados por Rosa Cristaleiro que rememoran a lenda que di que Pinzón logo de ser agasallado con eles a súa chegada,  e abraiado das súas propiedades menciñaes levou para Palos onde se atoparía con Colón varias cestas del tras consideralo eximio para o corpo e excelso para a ialma. Reza a lenda que foran feitos por Xeila unha fermosa doncela que amansaba con eles a ira do correxidor de Baiona por aquel entón Paio Veloso.

Aventuras de mariñeiros, xograres, contacontos, trobadores e cortesáns tocando zanfonas inundan as rúas da cidade.

imprimir

A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

Arbore de Nadal das aldeas galegas

     Enxebre Web

 

 

 

   

ARTIGOS RECENTES

AS CORES DO OUTONO

CASTRO DE REI DE LEMOS

SAN FACUNDO DE CEA