Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información

Citas culturais anuais

XXXVIII Feira do Viño de Amandi

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

Tenda de Retratos do  Evento

 

XXXVIII Feira do Viño de Amandi 2018 o sábado e domingo de Ramos, 24 e 25 de marzo.

Inauguración da Feira

A muller foi a protagonista de esta edición na que participaron  23 adegas. A inauguración oficial correu a cargo da adega Guímaro en lembranza da súa matriarca Concepción Pérez, falecida recentemente aos 99 anos de idade.

No programa de actos da XXXVIII Feira do Viño de Amandi destacaron un ano máis as bombas de palenque que dan incio ao evento, unha por cada adega participante e a choiva non asustou a ninguén.

Estivo adicada ao Concello veciño de A Pobra do Brollón, terra de viño, de poetísas e de tradición.

O sábado á tarde baixa houbo  Concerto de Cristina Pato no auditorio do Centro Sociocultural de Sober. Logo, na praza do concello actuación  dos Parentes e  de seguido de  Gin Toni’s .

 

Audio do Pregón por Cristina Pato  

 

Video Resumo actuación de Cristina Pato o sábado na casa da cultura

 

 

Traballando xuntos  como trío con Miguel Cabana e Roberto Comesaña  presentou  a gaiteira o concerto  como unha pequena viaxe por tódalas músicas que os foran empapando nos últimos anos. Música dende a máis  de raíz a jazz ou experimental. Comezou soando ó tema África por ser a que coloca  a gaita no mapa, explicou a orixe pastoril deste instrumento e de como forma parte de moitas  culturas.

Entre o publico asistente estivo Francisco Conde, conselleiro de Economia e Industria na Xunta de Galicia, Xosé  Manuel  Rodríguez Rguez presidente do Consello Regulador da Denominación de orixe Ribeira Sacra,  José Manuel Arias López  alcade de Bóveda  e  outras autoridades que estiveron desfrutando da actuación xunto  ao alcade de Sober Luis Fdez Guitián .

 



Domingo 25 de Marzo

 

Na Oficina Municipal de Turismo celebrouse a cata oficial da que sairon  as tres adegas premiadas e, por vez primeira, un premio a un viño branco. A cata dirixida por  Bruno Lovelle contou cun convidado de honra, Martín  Barreiro.

Foto Fonte Concello de SOBER Facebook


 

Resumo de momentos do Domingo a mediodía.


12:45 horas. Actuación da Banda de Música de Sober.
13:00 horas. Pregón a cargo de Cristina Pato.
13:30 horas. Entrega de Premios.

E os viños premiados foron :

O Branco   Guímaro

Os Tintos    Cividade ,  Viña PeónDon Bernardino.


17:00 horas. Actuación da Charanga NBA.
19:30 horas. Baile coa orquestra Suavecito.


 

 

Máis Info, outras edicións.

 Feira do Viño de AMANDI 2017

 Feira do Viño de AMANDI 2016

 Feira do Viño de AMANDI 2015     2015 - CATA    2015 SELFIES   

 Feira do Viño de AMANDI 2014    

 AMANDI Información 

 

 

imprimir

Slide background
Slide background
A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.