Citas culturais anuais

Feira do Viño de Valdeorras

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

XXI Feira do Viño de Valdeorras

14 e 15 de xullo de 2018    O Barco de Valdeorras     Páxina Oficial : D.O. Valdeorras    - Información de Festas

Sobre o viño destas terras

A tradición vitícola de Valdeorras remóntase á época romana. Na actualidade abarca as superficies vitícolas dos municipios da Rúa, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Barco, O Bolo, Petín, Rubiá e Vilamartín.

As zonas de produción ocupan gran parte das concas dos ríos Sil, Xares e Bibei.

As variedades de castes autorizadas son: Para os brancos, con preferencia, o Godello, e ademais, Doa Branca e Palomino ou Xerez. Para os tintos, preferentemente, o Mencía e Sousón, aínda que tamén Brancellao, Merenzao ou María Ardoña, Negreda, Garnacha Tintorera, Alacante, Tempranillo e Grao Negro.

Brancos

Elaborados a partir das variedades brancas (preferentes: Godello, Loureira, Treixadura, Doa Branca, Albariño, Torrontes e Lado. Autorizada: Palomino)

Elabóranse:

VALDEORRAS GODELLO: cun 100% de Godello.

CASTES NOBRES: cun mínimo de 85% de variedades preferentes.

VALDEORRAS BRANCO: elaborados coas variedades preferentes ou autorizadas brancas.

Tintos

Elaborado con uvas tintas preferentes (Mencía, Tempranillo, Brancellao, Merenzao, Sousón, Caíño Tinto, Espadeiro e Ferrón), ou autorizadas (Gran Negro, Garnacha Tintureira e Mouratón).

Elabóranse:

VALDEORRAS MENCÍA: cun 85% de Mencía.

VALDEORRAS CASTES NOBRES: cun mínimo de 85% de variedades tintas preferentes.

VALDEORRAS TINTO: coas variedades preferentes ou autorizadas tintas.

Escumoso

Un viño espumoso obtido segundo o método tradicional, elaborado cun mínimo do 85% de uva da variedade godello.

Tostado

Viño naturalmente doce elaborado a partir das variedades tintas ou de Godello.

Produción Controlada

Os distintos viños tintos acabados de mencionar, e o Valdeorras Godello que se elaboren con uva procedente de parcelas con limitación de produción.

Crianza

Todos os tipos de viños brancos e tintos de Valdeorras sometidos ao envellecemento en barricas de carballo poderán ser, segundo a lexislación vixente, Barrica, Crianza e Gran Reserva.

PROGRAMA 2018

 PROGRAMA

XOVES, 12 DE XULLO
No Barco celebrarase a III Ruta dos Pinchos da Feira do Viño de  Valdeorras.
VENRES, 13 DE XULLO
XIX Cata dos Viños da Feira do Viño de Valdeorras. Cata profesional que se celebrará na sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, en Vilamartín.
Continuará a III Ruta dos Pinchos.
SÁBADO, 14 DE XULLO
12:30 h – Inauguración da XXI edición da Feira do Viño de Valdeorras.
13:00 h – Actuación da Real Banda de Gaitas da Deputación  Provincial de Ourense.
14:30 h – Peche do recinto feiral.
19:30 h – Reapertura do recinto
19:30 h – A charanga Fuego amenizará a sesión vespertina co seu espectáculo musical.
22:30 h – Concerto do grupo
Caravan Band.
DOMINGO, 15 DE XULLO
12:30 h – Apertura do recinto feiral, onde poderedes seguir  degustando os excelentes viños de Valdeorras.
12:30 h – Actuación da charanga Terras do Bibei.
14:30 h – Peche do Recinto Feiral.
19:30 h – Reapertura do Recinto.
19:30 h - Os Bertolini, co seu  espectáculo de “Cantos de
taberna”, serán os encargados de pechar as actuacións musicais do  evento.
20:30 h- Entrega dos premios da XIX Cata de Viños da Feira do Viño.
23:00 h – Peche do recinto
feiral.
TREN TURÍSTICO DA FEIRA
“Valdeorras expreso”
Durante os días 14 e 15 de xullo haberá un tren turístico gratuíto para o traslado de visitantes á feira.
Percorrido:
Polideportivo municipal de Calabagueiros - Hospital Comarcal de Valdeorras - Praza do Concello do Barco - Praza de Viloira.
Funcionamento:
O tren funcionará en percorridos de ida e volta durante o horario de apertura da feira.
PARQUE DE ACTIVIDADES INFANTÍS
Lugar:
Xardíns da Casa Grande de Viloira - O Barco
Inchables, animación infantil e obradoiros de globoflexia e pintacaras.
Días e horarios:
sábado 14 e domingo 15 de xullo
Mañá:
de 12:30 a 14:30 horas
Tarde:
a partir das 19:30 horas

FUENTE WEB OFICIAL DO CONSELLO REGULADOR D.O. VALDEORRAS

 

 

Tags: viño , valdeorras, barco

imprimir

A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

Arbore de Nadal das aldeas galegas

     Enxebre Web

 

 

 

   

ARTIGOS RECENTES

AS CORES DO OUTONO

CASTRO DE REI DE LEMOS

SAN FACUNDO DE CEA