Feira do viño tinto O Salnés - Barantes Ribadumia
Páxina Oficial do Viño do Salnés
-
FESTA DO VIÑO TINTO DO SALNÉS
Carballeira de Barrantes (xuño)
A Festa do Viño Tinto do Salnés, cuxa primeira edición se remonta ao 1967, reúne a un experto comité de catadores que fai entrega dos premios nun multitudinario almorzo a base de polbo, empanada e carne regado co afamado viño tinto de Barrantes, un caldo froito da fermentación da variedade de uva espadeira e exaltado por numerosos escritores. A programación tamén inclúe unha variada oferta de concertos e actividades culturais, así como a Mostra de Exaltación da Nosa Conserva
Ribadumia atópase nunha situación privilexiada, en pleno corazón do Salnés, limitando cos municipios de Vilanova de Arousa, Cambados, Meaño e Meis.
As comunicacións con Ribadumia véronse favorecidas coa construción da vía rápida do Salnés e da autoestrada A-9, que permiten que a vila estea conectada cos núcleos urbáns máis próximos: Santiago, a 61 quilómetros, Vigo, a 47 quilómetros, Pontevedra, a 22 quilómetros.
OUTROS EVENTOS DA COMARCA - Festa do Pan do Salnés
- Romaría de Santa Baia
- Romaría de Santa Marta de Ribadumia
- Festa do Polo
- Feira Medieval de Pontearnelas
- Festa do Viño Tinto do Salnés
FONTE: Web do Concello