Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Más información
Slide background
Slide background
Slide background
Slide background
Slide background
Slide background
  • Inicio
  • Mostra do Aceite de Quiroga no muiño de Bendilló

Citas culturais anuais

Mostra do Aceite de Quiroga no muiño de Bendilló

Valoración: 5 / 5

Star activeStar activeStar activeStar activeStar active
 

XVIII MOSTRA DO ACEITE DE BENDILLÓ 2018

 

    

FEIRA DO ACEITE   BENDILLÓ 

 

Dende que comezou este novo século vénse celebrando, nunha contorna secularmente vinculado coa produción artesanal do aceite, Bendilló, en Quiroga, unha mostra anual na que se dá a coñecer aos visitantes o antigo modo de extracción do aceite.

Na galería de imaxes pódese apreciar, o molino e as partes que o conforman para dar como resultado logo o produto. A pila de moer, o mazo de prensar, a decantadora e tamén a besta, representadora das súas precursoras.

 



Esta demostración está acompañada da presenza de productores da zona que venden: licores de aguardentes, mel, pans, castañas secas e o aceite, aos compradores que adquiren neste día comestibles naturais ao 100 %.  O grupo de danzas e gaitas rexional ameniza con varios actos a xornada e os postos de pulpo e churrascos están asentados para os máis animados en prolongar a súa estancia ata o atardecer.

A poucos metros de aquí comeza a Ruta do Mel e do Aceite que pasa polas aldeas de ParadaSeca, Parada Piñol, Rugando, Villarmel e Cereixido. Desde a N-120 pódese acceder a ela.

 


A TRADICIÓN DO ACEITE EN GALICIA


A presenza de olivares en terras sur orientais de Galicia que gozan dun clima oceánico mediterráneo remóntase a éra castrexa. "Estes antigos pobladores, alimentábanse ademais con aceitunas, pero descoñecían os métodos de extracción do aceite, xa que na súa dieta só empregaban graxa animal".

Coa conquista dos romanos, os coñecementos destas técnicas foron transmitidas e Galicia converteuse entón nun dos territorios conquistados do que máis aceite se transportaba en ánforas para a capital, ROMA do 130 ao 250 DC.

Logo dos árabes, na conquista de América polos españois, a produción deste prezado líquido curativo, medicinal e alimentario, incrementouse en zonas como Baiona ou Pontevedra pola necesidade de exportación ao Novo Continente descuberto, pero os Reis Católicos, nunha política de favoritismo a outras zonas do reino, fixo arrincar unha gran cantidade de olivares nesta terra, o que supuxo o declive final no século XIX..

 



LUGARES

Quiroga, Ribas de Sil, Valdeoras, Larouco, Verín, Tomiño, Ou Rosal ou A Garda, son na actualidade "comarcas" nas que se seguen cultivando olivares e elaborando un produto autóctono de propiedades inigualables.

 

 

 

 

 

imprimir

Slide background
Slide background
A CORDA DA SANTA COMPAÑA                  

.