17 de maio dia das letras galegas

Receitas da aldea

 AS ARBORES FRUTAIS DAS ALDEAS GALEGAS

AS CIRDEIRAS E AS CEREIXAS

 

 

DO 30 DE MAIO AO 20 DE XULLO  FROITA DE TEMPADA

REPOLOS DAS HORTAS GALEGAS

Tradición de Repolo

Nas nosas hortas cultivamos moitos tipos de repolos, case sempre se fala do de Asa de Cántaro, pero o de Corazón de Boi, ten unha boa fama, ben merecida

Dende principios de xuño e ata finais de outubro está nas nosas hortas e fai un excelente acompañamento dos cocidos

Á galega, cocido con patacas e un refrito de allo e panceta, con ou sen pementón.

No caldo galego, pois tamén en Galicia facemos caldo de repolo, inda que non sexa o habitual.

 

Os Famosos Tirabeques

Unha das hortalizas máis finas que hai na dieta galega

A maiores é das primeiras en aparecer nos menús primaverais das aldeas e vilas galegas

Así dende finais de abril, e todo maio e xuño pódense desfrutar

Fai unha incalculable cantidade de anos que os tirabeques forman parte da alimentación dos galegos.

Como mellor saben é coas patacas novas que veñen vindo nas hortas canda eles.

Un bó refrito de panceta e allo en aceite de oliva, con ou sen pementón e tés o xantar solucionado

 

[gallery title="" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="3"] [gallery_item title="Tirabeques" src="/images/tradicios/hortalizas/tirabeques.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item][gallery]

AS FABAS LOBAS DAS ALDEAS

O da tradición das fabas lobas en Galicia remóntase a tempos inmemoriables.

Seméntase en outubro e son unha das primeiras hortalizas que se poden disfrutar ao chegar a primavera.

Noutras épocas tiña unha gran aceptación ainda que hoxe por hoxe o seu cultivo e consumo descendeu.

Se nunca as probaches é un bon momento para facelo.

Maneiras de cociñalas hai moitas pero normalmente cocidas con patacas e un bon refrito.  panceta, chourizo, pimentón, tomate, allo, cebola, zenoria.

 [gallery title="" width="IMAGE_THUMB_WIDTH" height="IMAGE_THUMB_HEIGHT" columns="2"] [gallery_item title="prato de fabas lobas" src="/images/receitas/IMG_20170512_144104589-4.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [gallery_item title="fabaslobas" src="/images/receitas/webfaloba.jpg" video_addr="VIDEO_ADDRESS"]IMAGE_DESCRIPTION[/gallery_item] [/gallery]

 

AS PRANTAS DA COCIÑA

Podemos falar do emprego común das seguintes herbas en Galicia

Laurel, Ourego,  Tomillo, Albahaca, Menta, herba Luisa, Tila, Fiollo, Romeo, Salvia, Melisa,  por citar algunhas.

Albahaca condimenta a pasta, o tomate, e verduras en xeral e  os peixes .

Laurel da bo sabor aos arroces e algunhas carnes

Ourego combina coas verduras e as carnes. Na nosa terra é moi usado xa que se emprega na elaboración do preparado dos chourizos.

Romeo para caza e carnes de todo tipo. Tamén para facer enxagues para a gorxa.

Salvia Branca, cocida xunto ao romeo e viño moi boa para infecións de boca.

A Orixe está na Aldea

Os alimentos, tan necesarios para vivir. Unha sección nesta Plataforma Dixital das nosas costumes e tradicións á hora de comer.

Comer é unha necesidade e comer ben é unha obriga xa que temos maneira de producir alimentos de gran calidade.

Dar grazas polos alimentos ao comer é un bo costume que recoñece os sacrificios e traballos feitos pra que eses manxares cheguen a nosa mesa co único fin de nos alimentar.

Xa vai unha ducia de anos me xurdiu a idea de recoller as nosas tradicións e espallalas pola rede pra ter unha posible oportunidade de perpetuidade, xa que na realidade corre grave risco de desaparición. Por iso faise necesario recopiar datos para testemuñar o presente e o tempo máis próximo ao noso paso por eiqui, esta vida.

Os alimentos producidos en terras por persoas amantes do bo comer e traballadoras non se está a distribuír na actualidade entre os comercios.

As multinacionais enchen o carro da compra en cidades e vilas algo grandes. As verduras producidas con agarimo en aldeas galegas forman parte aínda hoxe nos menús da xente do rural pero nas feiras non se venden excedentes desas producións dende fai varias décadas.

Moitas veces dise, "nas cidades non saben nin o que comen".

Faise necesario unha respectabilidade á diversidade. Non teñen porque ter o mesmo calibre e a mesma aparencia os froitos como está a acontecer.

A naturalidade dos vexetais e animais debe pórse garantir no tempo sen que se extinga en prol de hortalizas melloradas xeneticamente pero sen sabor, ou de animais criados nas novas ganderías industriais onde a súa vida como ser tradúcese nunha vida como produto.

O home non soamente debe comer senón que tamén ten que ser capaz de estar a altura do que se lle espera e saber comer de todo.

Nas grandes cidades as novas xeracións xa non son emigrados das vilas e aldeas senón que xa se criaron nelas, iso fai que descoñezan o trato humano-animal e baseándose en modas e informacións en contra do consumo de carnes e pescados intentan prescindir deles pensando que con iso axudan ás demais especies de animais.

Non perder a sa costume de interrelacionarse có medio que habita sendo respectable con el.

Hai que loitar e traballar para conseguir que se manteñan:

- Os sabores dos alimentos e a biodiversidade natural deles.

- As razas e especies naturais autóctonas do Planeta.

- A convivencia e permanencia dos produtos naturais, cós xenéticos, pese a estar en contra destes últimos.

- A alimentación con produtos de tempada, que garante un paladar máis enriquecido xa que é, nese momento idóneo de recolección natural o que conserva un sabor máis auténtico neles.

Esta páxina recolle receitas tradicionais das aldeas, noutras épocas tan frecuentes.

A materia prima dos pratos é xerada practicamente na súa totalidade no medio rural. Tanto as hortalizas como froitas, ovos, carnes e pescados son en tódolos casos producidos por pequenos gandeiros, no caso de vacún, caprino, meriño. No porcino a ceba destes animais continúase na actualidade, así como polos e coellos. No caso dos pescados veñen de piscifactorías dos ríos do redor ou de pesca tradicional das rías galegas.

 

A COMIDA DA MATANZA


Menú dos catro días

Se queres coñecer cal é a comida tradicional na época das matanzas domiciliarias e como foi avanzando segue a ligazón.

RECEITAS TRADICIONAIS


Gastronomía

Coñece algúns dos pratos máis tradicionais das aldeas galegaS.

Descubre cales son.

A CORDA DA SANTA COMPAÑA
INSTITUTO GALEGO DE ESTADISTICA