ROSCAS ORIXINAIS DA AVOA GALEGA
Por Dña. Herminia López Pérez
Ingredentes:
-Ovos, azúcre, sal, fariña, levadura, esencia de anís, augardente e aceite de oliva.
Pra 16 ovos:
Poñemos as claras a punto de neve, engadimos o azúcre e o aceite de oliva suave, unha culler por ovo, as iemas, 1 chorro de augardente e 2 unidades de esencia de anís, no seu defecto un licor anisado. Deseguido a fariña precisa para formar un bolo e catro sobres de levadura, 1 por cada catro ovos. Podemos enxaguar o bol das iemas cunha pouca auga e engadirlla tamén.
Deixamos reposar 1 hora e media, nunca menos.
Fánse as roscas mollando os dedos en aceite e fritíndoas ao mesmo tempo en abundante aceite de xirasol.
Noutra pota poñemos o azúcre cun pouco de auga para facer o almíbar que unha vez no seu punto valerá para bañalas roscas.
Salpicar as rocas có almibar no seu punto é unha das tarefas máis complicadas desta receita e require dunha gran expereciencia.