Ingredentes: Carne de porco e de tenreira criados en terras galegas, ovos de pitas ceibes, aceite de sementes, pan duro, leite,  allo e sal.

O pan duro dos dias anteriores botase a abrandar en auga ou leite e  amásase có resto de produtos anteriores,  fánse bolas e frítense.

Pra facer a salsa:

  • Tomate natural en conserva,
  • pementos,
  • zenorias ,
  • cebolas da colleita,
  • herbas ao gusto,
  • loureiro,
  • tomiño  -fariñola como lle din os cataláns,
  • pementa negra moída, ao gusto.  

Cando está a salsa a medio facer bótanselle as albóndegas pra que rematen de  cociñar.

Os cachelos das leiras das aldeas, ben cocidiñas serven de guarnición. O truco para que saiban mellor é botalas a cocer na auga cando ésta xa está fervendo. Se preferimos puré cocémolas moito, escorrémolas e botámoslle manteiga de millo ou a preferida e esmagámolas cun cuberto,  logo unhas gotas de leite, sen lactosa para aqueles alérxicos, e pasámoslle algo a batidora para que quede máis fino.

As cociñas de leña, tamém chamadas económicas son un elemento necesario para miles de persoas nas aldeas, que se manteñen ao seu carón o longo dos días curtos, frios e chuviosos. Son as sustitutas das Lareiras Galegas, foron implantadas maiormente nos anos sesenta do século XX. Hoxe en día avanzaron moito. As planchas, algunhas téñenas de vitrocerámica. O importante e que aÍnda que non sexan para cociñar xa que as hai calefactoras serven igualmente para manter quentes as comidas.

Non esquecer o viño feito na aldea que podemos dicir un bó viño español e o pan artesán. que acompaña a perfección un bon xantar.

 

 

 

 

Outono en Galiza

libros
A CORDA DA SANTA COMPAÑA
INSTITUTO GALEGO DE ESTADISTICA

Libros Peruchela Edicións

Hasta que llegué al silencio2021| Poesía| Mayte Rguez

Elpis na Lareira 2021| Poesía| Parada Jato

How to be a Big Influencer2021| Ensaio| Gerardo Pochintesta

De Vida Morte Amor e Indiferenza2020 | Poesía| Lin San Mar

A Vida nas Botas2020 | Poesía| Antón Valcarce

Estamos de Conto2020 | Contos| Pili Sánchez

Náiades2020 | Poesía| Suso Parada Jato