SUXERENCIA DE PREPARACIÓN
Pra 24 cañas, 1/2 kg de masa follada, dous paneis que deixamos desconxelar dúas horas e espolvoreamos e estiramos cun rodete maneira que saian doce tiras de uns 2 Cm., de cada panel. As formas de cono de inox han de estar ben untadas con margarina e empezando pola punta envolvémolas tiras de masa previamente untadas con xema de ovo, que lle repetiremos enriba unha vez enroscadas. Póñense deseguido nunha bandexa con papel vexetal a cocer no forno pre-quentado a unha temperatura de 170º.
Pra sacalas do molde sen romper tense que facer en quente axudándonos dunha servilleta. Déixanse arrefriar
O recheo pode ser moi variado. Nata, Chocolate, ou o que se che ocorra. Neste caso a crema pasteleira empregada faise da seguinte maneira.
Pra 24 cañas, 1/2 l. de leite, do cal apartamos 1/4 que poñemos ao lume con unha barriña de canela e manteiga. Ó outro cuarto de litro mesturámoslle dous ovos, 2 culleres sopeiras de Maizena e 4 de azucre que ben remexido lle votaremos enriba do outro cuarto litro ao ferver.
Unha vez frío, dez minutos antes de comer as cañas, énchense.
E moi importante encher só as que se van comer senón abrandan e non valen.
Pra rematar a presentación moémos azúcre có batedor pra convertelo en glass e espolvoreásmosllelo por riba.