Slide background
Slide background
Slide background
Slide background

  

Fia na Roca . Ou sube a terra ou baixa o ceo

Gastronomía Omnívora

Receitas da aldea

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
 

Os alimentos, tan necesarios para vivir. Unha sección nesta Plataforma Dixital das nosas costumes e tradicións á hora de comer.


Comer é unha necesidade e comer ben é unha obriga xa que temos maneira de producir alimentos de gran calidade. Dar grazas polos alimentos ao comer é un bo costume que recoñece os sacrificios e traballos feitos pra que eses manxares cheguen a nosa mesa có único fin de nos alimentar.

Xa vai unha ducia de anos me xurdiu a idea de recoller as nosas tradicións e espallalas pola rede pra ter unha posible oportunidade de perpetuidade, xa que na realidade corre grave risco de desaparición. Por iso faise necesario recopiar datos para testemuñar o presente e o tempo máis próximo ao noso paso por eiqui, esta vida.


Os alimentos producidos en terras por persoas amantes do bo comer e traballadoras non se está a distribuír na actualidade entre os comercios. As multinacionais enchen o carro da compra en cidades e vilas algo grandes. As verduras producidas con agarimo en aldeas galegas forman parte aínda hoxe nos menús da xente do rural pero nas feiras non se venden excedentes desas producións dende fai varias décadas.


Moitas veces dise, "nas cidades non saben nin o que comen".

Faise necesario unha respectabilidade á diversidade. Non teñen porque ter o mesmo calibre e a mesma aparencia os froitos como está a acontecer. A naturalidade dos vexetais e animais debe pórse garantir no tempo sen que se extinga en prol de hortalizas melloradas xeneticamente pero sen sabor, ou de animais criados nas novas ganderías industriais onde a súa vida como ser tradúcese nunha vida como produto.


O home non soamente debe comer senón que tamén ten que ser capaz de estar a altura do que se lle espera e saber comer de todo.


Nas grandes cidades as novas xeracións xa non son emigrados das vilas e aldeas senón que xa se criaron nelas, iso fai que descoñezan o trato humano-animal e baseándose en modas e informacións en contra do consumo de carnes e pescados intentan prescindir deles pensando que con iso axudan ás demais especies de animais.


Non perder a sa costume de interrelacionarse có medio que habita sendo respectable con el.


Hai que loitar e traballar para conseguir que se manteñan:

- Os sabores dos alimentos e a biodiversidade natural deles.

- As razas e especies naturais autóctonas do Planeta.

- A convivencia e permanencia dos produtos naturais, cós xenéticos, pese a estar en contra destes últimos. - ---

- A alimentación con produtos de tempada, que garante un paladar máis enriquecido xa que é, nese momento idóneo de recolección natural o que conserva un sabor máis auténtico neles.


Esta páxina recolle receitas tradicionais das aldeas, noutras épocas tan frecuentes.


A materia prima dos pratos é xerada practicamente na súa totalidade no medio rural. Tanto as hortalizas como froitas, ovos, carnes e pescados son en tódolos casos producidos por pequenos gandeiros, no caso de vacún, caprino, meriño. No porcino a ceba destes animais continúase na actualidade, así como polos e coellos. No caso dos pescados veñen de piscifactorías dos ríos do redor ou de pesca tradicional das rías galegas.

Tags: recetas, comida

imprimir Correo electrónico