Gastronomía Tradicional Galega
Albóndegas con tomate
- Categoría pai: Gastronomía Tradicional
-
Also available:
- Visitas: 1640

Ingredentes: Carne de porco e de tenreira criados en terras galegas, ovos de pitas ceibes, aceite de sementes, pan duro, leite, allo e sal.
O pan duro dos dias anteriores botase a abrandar en auga ou leite e amásase có resto de produtos anteriores, fánse bolas e frítense.
Pra facer a salsa:
- Tomate natural en conserva,
- pementos,
- zenorias ,
- cebolas da colleita,
- herbas ao gusto,
- loureiro,
- tomiño -fariñola como lle din os cataláns,
- pementa negra moída, ao gusto.
Cando está a salsa a medio facer bótanselle as albóndegas pra que rematen de cociñar.
Os cachelos das leiras das aldeas, ben cocidiñas serven de guarnición. O truco para que saiban mellor é botalas a cocer na auga cando ésta xa está fervendo. Se preferimos puré cocémolas moito, escorrémolas e botámoslle manteiga de millo ou a preferida e esmagámolas cun cuberto, logo unhas gotas de leite, sen lactosa para aqueles alérxicos, e pasámoslle algo a batidora para que quede máis fino.
As cociñas de leña, tamém chamadas económicas son un elemento necesario para miles de persoas nas aldeas, que se manteñen ao seu carón o longo dos días curtos, frios e chuviosos. Son as sustitutas das Lareiras Galegas, foron implantadas maiormente nos anos sesenta do século XX. Hoxe en día avanzaron moito. As planchas, algunhas téñenas de vitrocerámica. O importante e que aÍnda que non sexan para cociñar xa que as hai calefactoras serven igualmente para manter quentes as comidas.
Non esquecer o viño feito na aldea que podemos dicir un bó viño español e o pan artesán. que acompaña a perfección un bon xantar.