Gastronomía Tradicional Galega
Doce de Marmelo
- Categoría pai: Gastronomía Tradicional
- Visitas: 2021
Durante moitos séculos o doce de marmelo forma parte da alimentación nas aldeas, constituíndo un dos postres caseiros máis asequibles a calquer economía.
Din que 1.5 Kilos de azúcre por kilo de membrillo pero outrora ao mellor habia un kilo para cada tres de membrillo.
O proceder é o seguinte xa que hai moita xente que non lle cuaxa e quédalle coma marmelada.
Logo de recolle-los membrillos ben maduriños limpámolos cun trapiño seco, e picámolos en cachiños botandoos nunha pota seca.
De seguido engandímoslle o azúcre removémolo e deixámolo tapado ata a mañá seguinte.
Ao nos erguer poñemola pota o lume e deixamos que se coza o máximo posible sen que se nos peque;
cando está case desfeito e comprobamos que logo de batido non se nos cae do pao é que xa vale.
Enchemos uns cacharros pequeneiros e deixámolo enfriar.
Hoxe hai a moda da olla express, e atopamos en Internet receitas para diabéticos con edulcorantes, pero non son aconsellables.
O ideal do membrillo é que coza lentamente e se é diabético botarlle menos azúcre.