Gastronomía Tradicional Galega
Repolo corazón de Boi
- Categoría pai: Gastronomía Tradicional
- Visitas: 2833
REPOLOS DAS HORTAS GALEGAS
Tradición de Repolo
Nas nosas hortas cultivamos moitos tipos de repolos, case sempre se fala do de Asa de Cántaro, pero o de Corazón de Boi, ten unha boa fama, ben merecida
Dende principios de xuño e ata finais de outubro está nas nosas hortas e fai un excelente acompañamento dos cocidos
Á galega, cocido con patacas e un refrito de allo e panceta, con ou sen pementón.
No caldo galego, pois tamén en Galicia facemos caldo de repolo, inda que non sexa o habitual.