Festa da Pisa da Castaña en Froxán
A PISA DA CASTAÑA
Froxán do Caurel
Simbólico “acendido do sequeiro” para amosar aos visitantes como e onde se secaban as castañas, demostración da “pisa e abandoxado da castaña”.
A pisa é o xeito tradicional mediante o cal se lle quitan as cáscaras á castaña seca a base de golpealas dentro nun saco enriba dun tallo de madeira e o abandoxado é o proceso seguinte no cal con moita maña se aparta a castaña da peluxe e das cáscaras.
PROGRAMA
11:00. Acendido do sequeiro e mostra do funcionamento
12:00. Demostración do Pisado e Abandoxado
13:30. Pregón a cargo de Xosé Barato
14:00. Presentación
14:15. Xantar
16:00. Demostración do aserrado da madeira con serra de aire
16:30. Sorteo de Agasallos
Durante a xornada haberá música tradicional e logo do xantar foliada.
Durante a xornada haberá música tradicional e logo do xantar foliada.
Artesanías da zona.