- Categoría pai: ROOT
- Visitas: 4326
Lebrón
Lebrón é unha das seis aldeas que ten por patrón ao San Vitoiro, na Pobra do Brollón
As outras son Penadexo, Pradelas, Busto, Covadelas e Teixeira.
Mais info sobre a romaría do San Vitoiro
O Ferro, tan ligado a este lugar. Por eiquí pasaba o camiño da vena. Saía dende a Veneira e chegaba a Salcedo por Recemundi e as Balsas e por riba de Lebrón.
Este lugar foi autosuficiente. Un muiño xeneraba luz e o mesmo tempo moía os cereais que nas súas ladeiras se cultivaban.
As construccións con pedras e adobes da zona, os muros de coios, pedras.. os castiñeiros e as escaleiras de lousa.
Portadas de cuadras baleiras, pechaduras oxidadas ou esquecidas.
Teitos ben cargados con boas vigas de castiñeiros dos de antes.
Hoxe, Lebrón é unha aldea na que so queda 1 habitante e as súas cabras, no fin de semana énchese algo máis xa que un matrimonio maior acude puntualmente.