Slide background
Slide background
Slide background

Aldeas

Outara

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
 

http://aldeasgallegas.com/outara/outara.htm

 

"Óutara, Santa María"

Lugares: A Aira Vella, Biduedo, Bruñeira, O Couto, Óutara, Porvenza, O Pumar, A Rúa do Pozo. O topónimo de Ouctar aparece nun documento da catedral de Lugo do século XIII. Nos límites desta parroquia atopouse unha estatuilla romana. "

Situada  nos límites do  concello da Pobra do Brollón de camiño ao Incio, vindo por a carretera nacional que vai  a Lugo  e pasando por Piño, Pacios de Veiga e Canedo chégase a esta fermosa aldea chea de encanto e historia. 
 

A fertilidade das terras de Outara son recoñecidas entre  as xentes das parroquias colindantes.  Os seus precursores habitantes  castrexos  foron  veciños de ideas e   costumes durante décadas dos contemporáneos  poboadores dos castros de Freituxe, Canedo e Piño.

As huellas  romanas  non  se percatan en Outara pero unha ruta a pe diríxese  a Viduedo   onde si hai certezas da súa pasada presencia,  relacionada coa ruta do ferro. 

A  igrexa, capela de  san Francisco, do século XVII conta cun retablo renacentista. As paisaxes que a rodean  son dignas de admiración.

Os restos das antigas construccións no núcleo do pobo dan testemuña dun explendor e  dunha historia pasada importante.

Como noutros lugares da Galicia Rural, algúns emigrados voltaron e arranxaron a antiga casa familiar ou mercaron unha en semi- ruinas   para restaurar e pasar os derradeiros anos de vida na tranquilidade, liberdade e bó ambente deste tipo de  núcleo poboacional.

As festas celébranse na honra a virxe do Carme, antes o 16 de xullo e na actualidade o primeiro domingo de agosto.

 

imprimir Correo electrónico

Slide background
Slide background