Slide background
Slide background
Slide background

Aldeas

Hospital do Incio

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
 

 NÚCLEOS RURAIS PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO

A aldea de O Hospital, que se atopa próxima aos 700 metros de altitude, sitúase por encima do Val do Cabe e posiblemente sexa unha das aldeas máis singulares do Concello de O Incio.

Un dos castros de maiores dimensións, con 55 metros de diametro castrexo romanizado atópase neste lugar ainda que non se ten feito ningún estudo concreto sobre él.

Pódense ver tamen no entorno un par de ouriceiras, que é unha singular construción que se pode atopar nos vellos soutos do Concello de O Incio, formada por un muro de pedra de forma circular que non está pechado completamente, podendo oscilar o seu  diámetro entre os 3 e os 5 metros.  Eran empregadas pola poboación do lugar para almacenar e, sobre todo, conservar as castañas que se recollían dos soutos nos que se atopaban.
Hoxe en día estas construcións atópanse en mal estado de conservación e cubertas pola maleza debido a que xa non se recolle gran parte da castaña dos soutos e existen novos electrodomésticos que facilitan a conservación dos alimentos.
Cando se recollía a castaña almacenábase, aínda cos ourizos, dentro destas construcións de pedra e tapábanse con silvas. Desta forma a castaña gardaba a humidade moito máis tempo e podíase consumir durante máis meses.

A estrutura do núcleo rural está definida polas edificacións que se sitúan ao pé da estrada LU-644, entre as que se atopan o Pazo dos Quiroga, a Casa Nobre dos Somoza e a Igrexa e Torre de Hospital, e outra parte do núcleo máis agrupada en torno a unha estreita pista con forte pendente onde se atopan as vivendas máis tradicionais. Sen dúbida o lugar destaca pola Igrexa Románica e o conxunto que forma coa Torre e o Pazo situado nun entorno de soutos e bosque autóctono, pero tamén polas construcións máis tradicionais, onde son frecuentes os saíntes aleiros, as balconadas de madeira e ata algún pasadizo aéreo.


 Está catalogada como Conxunto Etnográfico e Arquitectónico.
 

O nome da aldea procede da labor que se desenvolveu neste templo, vinculado a tratar e curar as enfermidades e danos dos veciños, camiñantes e peregrinos que por alí se achegaban.

 

 

 

Igrexa parroquial de Hospital Séculos XII - XIII.- Románico.

O templo parroquial é a mellor igrexa Románica do Concello de O Incio e das máis importantes que se poden atopar en Galicia, estando na actualidade en moi bo estado todo o entorno. Forma parte dun conxunto monumental construído pola Orde relixiosamilitar de San Juan de Xerusalén ou da Malta en torno ao último cuarto do século XII e a primeira década do XIII, confirmada pola existencia da cruz de Xerusalén realizada nun brasón do tímpano.

 


Conta a lenda que o demo a construíu nunha soa noite.
A súa construción obedeceu á necesidade de contar cun templo-fortaleza, que fora lugar sagrado e de oración, pero á súa vez puidera ser utilizado como fortaleza no caso dalgún ataque tanto xeneralizado como esporádico, xa que parece que a misión que desenvolvían neste lugar era de dar asistencia hospitalaria aos necesitados que pasaban.


Todo o conxunto está feito a base de pedra calcaria e mármore da zona, de aí que exista o dito de “que desde O Incio ata Roma outra igrexa de mármore non se atopará”, situándose nun entorno paisaxístico moi salientable combinando os pasteiros cun amplo bosque autóctono.


A nave é de planta rectangular, mide pola parte interior 18 m de longo e 7´70m de ancho. Pola estrutura que ten e a súa forma todo fai pensar que nunca chegou a estar totalmente concluída na súa forma orixinal.
A ábsida é bastante máis reducida que a nave, cun primeiro corpo recto e un segundo semihexagonal que está delimitado por tres semilenzos no que, en cada un, se abre un ventanal de amplo derrame interior.

 

 

A fronte está formada por unha gran portada protexida e decorada por dúas robustas pilastras, cun arco triunfal de medio punto dobrado composto por catro arquivoltas que se atopan separadas mediante escocias con pequenas rosetas decorativas. Está soportado por semi-columnas que rematan en motivos decorativos distintos, unha delas ten follas e outras figuras xeométricas.

 


Na parte superior existe un tímpano monolítico sobre o que se atopa o escudo coa Cruz de Malta coroada por unha coroa real pechada.
Tamén existe outro sinxelo escudo que forma parte dunha lápida funeraria da Casa dos Quiroga de Hospital que está labrado nunha peza de mármore do Incio.
 

 

TORRE DE HOSPITAL: O conxunto complétase con esta torre, que se atopa entre a Igrexa e a estrada, tendo unha función defensiva para os cabaleiros sanxoanistas. foi construída en época gótica segundo os restos que aínda se manteñen da construción orixinal. A Torre conta con porta de acceso de arco apuntado, unha ventá no lateral sur tamén de arco apuntado e outra no norte cunha pedra de armas nos arcos.
No interior da Igrexa de Hospital podemos atopar outros elementos de interese:

Sepulcro de Frei Alonso de Quiroga: sitúase no muro lateral norte da nave e conta cun marcado estilo gótico. A súa construción foi en mármore da comarca e nel encóntranse tres escudos, situándose a Cruz de Malta no central. Sobre os escudos existe unha inscrición en letra gótica e sobre a faixa da inscrición atópase o leito en que aparece representada a figura do Comendador, que descansa sobre almofadóns decorados con borlas. As dúas mans xúntanse para suxeitar o pomo da espada que se estende sobre a parte central da escultura. Á altura do peito, sobre a garrancha atópase esculpida a Cruz de Malta, e os pes descansan encima do lombo dun can lebreiro. Conta a lenda que se un día se levanta esta sepultura a Igrexa caerá encima de quen a mova.


Talla medieval da Virxe María co Neno: esta fermosa talla pertence a finais do século XIII, representando a Virxe co neno sentado sobre o xeonllo esquerdo. Todo o grupo escultórico é de madeira e mide uns 65 cm. A Virxe está en actitude de dar o peito ao neno, ten un amplo manto que cobre dende os ombros ata os xeonllos, e debaixo unha ampla túnica que chega ata os pés.

Unha lauda sepulcral que ata a restauración da igrexa estivo enterrada no adrocamposanto. Pola súa forma deixa entrever a figura dunha tapa a catro augas; e sobre elas, mediante dúas anchas franxas, debúxase unha cruz Latina. Trátase en todo caso dun resto prerrománico, cuxa cronoloxía resulta bastante incerta.


Talla de Cristo Crucificado protogótica, morto e cravado por catro cravos en vez de tres, o saial cóbrelle ata os xeonllos. Mide 1´70 m e posiblemente foi feita a finais do século XIII ou 1º terzo do XIV.
Representación da crucifixión de Cristo en relevo: está realizado en pedra e mide o bloque uns 61 cm de longo por 55 cm de ancho e 8 de grosor. É una interesantísima mostra do arte paleocristián, do que non existen demasiados antecedentes en Galicia. foi amplamente estudada polo sacerdote e arqueólogo D. Jaime Delgado Gómez, que a data, con certas reservas, en torno ao século VI.


Preto da igrexa atopáronse restos de fortificacións e enterramentos abertos en lousa que se catalogaron como romanos, segundo Amor Meilán.
No ano 1968 realizouse unha prospección na que se atoparon restos duns sarcófagos antropoides de mármore e no ano 1988 obsérvase un sarcófago de dobre estola de granito (roca inexistente na zona), descuberta a raíz das obras de restauración da igrexa.
Tamén se atopa fóra do recinto pechado do conxunto un magnífico exemplar de castiñeiro que está a carón da entrada á igrexa, merecendo a pena pararse a ver as súas dimensións. 

 Máis DATOS

Maiormente estas terras e os seus vasalos estiveron baixo o dominio da xurisdicción de Samos quen logo de moitos anos perdeunas para pasar a ser propiedade  dos cabaleiros de san Xoan de Malta quenes administraron as encomendas de Quiroga e esta do Incio. Entre os cabaleiros destaca D. Rodrigo de Quiroga célebre por participares na batalla de Rodas hacioa o 1480 onde gañaran as tropas cristinanas contra o exercito musulmán acaudillado por Mahomet II. Outro dos persoaxes foi Fray Alonso de Quiroga quen foi ademais de comendador no Incio,  Tenedor da Encomenda de Portomarín, previa solicitude aos Reies Católicos, ademais de administrador noutra encomenda en Bande..

 

 

 

 

A carón da igrexa  atópase o panteón familiar dos Quiroga (siglo XV) onde podemos apreciar unha cadea chamade de asilo de perdón. Traída no año 1884 desde Lugo, din que esta cadea estivera na casa de Lugo, e noutro  tempo, perdoaba o delito do delincuente, si conseguía asirse a ela evitando os guardias.

 

 

 

http://aldeasgallegas.com/Noincio/index.htm

 

 

imprimir Correo electrónico

Slide background
Slide background