Slide background
Slide background
Slide background

Aldeas

Lebrón

Valoración: 0 / 5

Star inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactiveStar inactive
 

Lebrón é unha das seis aldeas que ten por patrón ao San Vitoiro, na Pobra do Brollón

As outras son Penadexo, Pradelas, Busto, Covadelas e Teixeira.

Mais info sobre a romaría do San Vitoiro

O Ferro, tan ligado a este lugar. Por eiquí pasaba o camiño da vena. Saía dende a Veneira e chegaba a Salcedo por Recemundi e as Balsas e por riba de Lebrón.

Este lugar foi autosuficiente. Un muiño xeneraba luz e o mesmo tempo moía os cereais que nas súas ladeiras se cultivaban.

 

As construccións con pedras e adobes da zona, os muros de coios, pedras.. os castiñeiros e as escaleiras de lousa.

Portadas de cuadras baleiras, pechaduras oxidadas ou esquecidas.

Teitos ben cargados con boas vigas de castiñeiros dos de antes.

 

 Hoxe, Lebrón é unha aldea na que so queda 1 habitante e as súas cabras, no fin de semana  énchese algo máis xa que un matrimonio maior acude puntualmente.

 

imprimir Correo electrónico

Slide background
Slide background