Datos Curiosos
NADAL 2020-2021
O calendario festivo do nadal estaba cheo de ofertas culturais antes desta pandemia que trocou o mundo. Teatros, exposicións, concursos de beléns, concertos e como non, cines e restaurantes..
Non sabemos como vai ser este 2021 que se nos ven enriba pero dende logo este nadal non vai ser un máis, seguramente non será doado de esquecer porque todo aquilo co que disfrutábamos outros anos négasenos por ser de risco a propagación do virus mortal.
Cando comezou todo isto do nadal?
- Todo apunta a que foi no século IV cando se proclamou o 25 de nadal como data do nacemento de Xesús.
- Cando os cantos litúrxicos dos mosteiros da Idade Media se popularizaron deron orixe aos villancicos.
- Non foi ata o século XIII cando comezou a tradición do pesebre, e foi con Francisco de Asis.
- Ata o século XV non se introduciu a primeira árbore decorada con estrelas e candeas.
- Sinterklaas é un persoaxe surxido do lenxendario Nicolás de Bari cuxa figura da nome ao mito de Santa klaus.
- A tradición de Sinterklaas foi levada a Nueva Ámsterdam, nome da actual ciudade de Nueva York e antiga colonia holandesa onde co paso do tempo foi adaptándose e mudando ata o que hoxe coñecemos como Papá Noel.
- Os Reies Magos son todo un mito. Xa se fala deles no evanxelio de San Mateo, no primero século da nosa Era.
- En España instaurouse a primeira Cabalgata de Reies na localidade alicantina de Alcoy, no ano 1866 conventendo a noite anterior á Epifanía nunha imitación do que se facía noutros países en homenaxe a San Nicolás. A partires deiquí extendeuse ao resto do país e alén dos mares, a outros paises de cultura hispana.
Concertos de Nadal
Tradicionalmente dende fai case oitenta anos celébrase en Viena o concerto de Ano Novo. Sen dúbida é o máis destacado de todos os que se celebran nestas datas.
En cada vila, en cada cidade pequenos e grandes concertos enchen de son e fan ambiente navideño.
O seguinte é un pequeno resumo de momentos do Nadal 2016 - 2017 celebrado o día 21 venres, no Conservatorio Municipal Mestre Ibañez de Monforte de Lemos. A artigos anteriores podes acceder a eles dende aquí 2015 .
En Resumo
As datas de Nadal son festas para estar en familia e cando a vida fai que te atopes solo por calquera motivo unha profunda tristura inundache o corazón.
Moita xente empeza a aburrir tamén tanta propaganda de consumismo nestas datas, xa que dalgún xeito contribuen a desvirtualizar o verdadeiro espirito navideño.
O Natal tamen son datas de lembrarse dos máis necesitados e de ser boas e solidarias persoas.
WebGrafía
http://www.holandalatina.com/sinterklaas.htm
http://www.expansion.com/fueradeserie/cultura/2017/12
Citar a Google como motor de Pesquisas e a Wiki como proveedor de información